Loitamos por visibilizar a ELA e as necesidades tanto das persoas que a padecen como das súas familias, para mellorar e manter a súa calidade de vida 💚
31/03/2026
Hai xestos que chegan ao corazón e este é un deles 💚
Dende AGAELA queremos expresar o noso máis profundo agradecemento ao de Bueu por adquirir as camisetas da nosa asociación para todo o seu equipo.
Un pequeno gran xesto que suma na visibilización da ELA e que nos axuda a seguir loitando, acompañando e dando voz a todas as persoas que conviven coa ELA.
Grazas por vestir compromiso, solidaridade e empatía 🍀
29/03/2026
Cando o deporte e a solidariedade se xuntan 💚
Grazas ao e a todas as persoas que vos achegastes, conseguimos recadar un total de 301,80 € destinados a seguir mellorando a calidade de vida das persoas que conviven cada día coa ELA.
Cada entrada, cada aplauso e cada xesto sumaron moito máis ca unha cifra: sumaron esperanza, visibilidade e compromiso. E cada un de vós xa forma parte desta loita.
Queremos facer unha mención moi especial a por acompañarnos e a .tianabp e á súa familia por regalarnos o seu eterno sorriso, que ilumina e da sentido e forza a todo o que facemos en AGAELA.
Grazas de corazón a todas as persoas que fixestes posible este evento. Grazas Chantada 🏀💚
¡Xuntas e xuntos somos máis fortes! 💪🏽
25/03/2026
25/03/2026
O noso merchan por todo Galicia 🍀
Xa podedes atopar os produtos de AGAELA en dous establecementos colaboradores:
💻 en Monforte de Lemos
📚 Libraría en Bueu
Grazas de corazón a estes comercios por apoiar a nosa causa ¡cada produto que sae é unha axuda que chega directa a apoiar a nosa labor diaria! 💚
Animamos a todos os comercios e establecementos que queiran colaborar con nós, esta é unha excelente maneira de facelo: cada pequeno xesto conta e xuntos facemos moito máis 💪🏽
AGAELA (Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica) é unha entidade sen ánimo de lucro declarada no 2023 pola Xunta de Galicia de util...
23/03/2026
Mostra solidaria en Nigran 💚
O pasado sábado desprazámonos ata Nigrán para asistir á Gala de entrega de premios na que fomos galardoados co Premio Social do Concello De Nigrán un recoñecemento que nos enche de orgullo e nos impulsa a seguir traballando cada día polas persoas con ELA e as súas familias e persoas coidadoras.
Ademais, aproveitamos a ocasión para visitar a exposición de Nancys solidaria, unha iniciativa marabillosa que conseguiu recadar 448,51€ en doazóns.
Grazas de corazón a Margochiña Fernandez, por pensar en nós, e a todas as persoas que o fixeron posible.
Seguimos sumando, seguimos loitando 💪🏽🍀
23/03/2026
17 de marzo | Día Mundial do Traballo Social 💚
A pasada semana conmemorouse o Día do Traballo Social e non queríamos deixar pasar a oportunidade de poñer en valor algo tan esencial como o papel que desempeñan estes profesionais no ámbito da ELA.
O traballo social constitúe unha peza clave na atención integral ás persoas con ELA e ás súas familias, facilitando o acceso a recursos, orientando nos procesos administrativos e acompañando ao longo de todas as etapas da enfermidade.
A súa intervención resulta esencial para garantir dereitos, mellorar a calidade de vida e ofrecer apoio nun contexto especialmente complexo.
Recoñecemos e agradecemos o compromiso, a profesionalidade e a dedicación de Araceli e Almudena, as nosas traballadoras sociais, que cada día acompañan de maneira próxima e humana, ofrecendo orientación, apoio e resposta ás necesidades de persoas e familias.
Se queres saber máis sobre os trámites sociais ou recursos dispoñibles para persoas con ELA ou se precisas apoio, non dubides en contactar con nós.
📍 Edificio CEGADI
☎️ 981 798 094
📍 Espazo Amizar
☎️ 660 532 298
22/03/2026
Onte foi un día profundamente emotivo para todas as persoas que formamos parte de AGAELA 💚
Fomos galardoados co Premio Social do Concello De Nigrán , un recoñecemento que nos emociona profundamente e que queremos compartir con todas as persoas que forman parte desta loita.
Este premio non é só para a nosa asociación, senón para todas as persoas que conviven coa ELA, as súas familias, as persoas coidadoras e quen, día a día, contribúe a facer este camiño máis humano e digno.
A nosa labor segue tendo un obxectivo claro: mellorar a calidade de vida das persoas con ELA, pero sobre todo, estar ao seu carón. Porque sabemos que o máis importante é que ninguén se sinta só neste camiño.
Este recoñecemento chega nun momento especialmente emotivo para nós, e queremos dedicarllo á memoria da nosa querida vicepresidenta, Susi Seoane. A súa forza, compromiso e humanidade seguirán guiando cada paso que damos.
Grazas ao Concello de Nigrán e grazas a todas as persoas que nos acompañades cada día nesta loita 🍀
19/03/2026
Solidariedade que suma 💚
Onte, mércores 18 de marzo, vivimos un momento moi especial en Espazo Amizar. A e a fixeron entrega a AGAELA do cheque solidario coa recadación da campaña de sudadeiras benéficas.
Grazas a esta iniciativa, impulsada polo alumnado da EBF co apoio da Fundación Naru, lograron transformar o esforzo, a creatividade e o compromiso en apoio real para as persoas con ELA e as súas familias 🙌🏽
Dende o pasado Nadal, a venda de tres modelos exclusivos de sudadeiras 100% solidarias permitiu recadar 1.210,66€ que se destinan íntegramente a continuar coa nosa labor de acompañamento e apoio.
Esta campaña é un exemplo de como a colaboración e a implicación social poden marcar a diferenza.
Grazas a todas as persoas que o fixeron posible 🍀
12/03/2026
Xestos solidarios 💚
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a por este xeneroso donativo.
Este apoio axúdanos a seguir traballando cada día para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola ELA e das súas familias e persoas coidadoras.
Cada xesto suma e colaboracións coma esta permítenos destinar máis presupuposto ó noso servizo de copago de rehabilitación, co que sufragamos unha parte do custo dunha sesión semanal de fisioterapia dos nosos socios.
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agaela Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.
ASOCIACIÓN GALEGA DE ESCLEROSE LATERAL AMIOTRÓFICA - AGAELA
A asociación galega de afectados de esclerose lateral amiotrófica, AGAELA, é unha entidade sen ánimo de lucro que opera en todo o territorio galego.
Os nosos obxectivos son:
Ofrecer un servizo sociosanitario dende un enfoque multidisciplinar e integral, que garantice a proximidade, calidade, eficacia á hora de satisfacer as necesidades que teñen unha persoa con ELA e a súa familia.
Sensibilizar aos diferentes sectores implicados no proceso da enfermidade, a opinión pública e a administración dos problemas de prevención e tratamento destas enfermidades, así como promover os cambios de actitude social que permitan unha mellora na calidade de vida dos enfermos crónicos.
Estimular e promover a investigación científica, para mellorar as posibilidades terapéuticas e rehabilitadoras.
Dar a coñecer os seus dereitos e beneficios a todos os niveis, tanto a enfermos como a familiares, potenciando a utilización de todos os canais de información e sistemas de axuda, para proporcionar a plena integración.
Promover actuacións que favorezcan a superación e o alivio das barreiras físicas e/ou psicolóxicas que conleva a enfermidade.
Cubrir as necesidades de información, asesoramento e orientación sobre todo o relacionado coa ELA, así como atender directamente aos diversos problemas físicos, psicolóxicos, rehabilitadores, sociais, laborais, xurídicos, de formación, ocio, etc… que conleva esta enfermidade.