09/09/2025
Os dereitos da infancia hai que defendelos desde todos os estamentos públicos.
🔴 Esquerda Unida reitera a sua denuncia ante a actitude insolidaria da Xunta e o bloqueo do PP ante a necesaria acollida solidaria de menores migrantes.
👉🏼No día de onte, Lino Costas, coordinador nacional de Esquerda Unida, xunto a Chus Rodríquez, responsable de Política Institucional, mantiveron unha xuntanza coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG). Na mesma, as representantes de EU e da Plataforma abordaron cuestións como a sobreocupación e o colapso do sistema de protección, feito xa recoñecido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen asumiu que na actualidade “non hai prazas de acollida”.
⚠️ EU esixe diálogo real co Ministerio e investimentos en centros de acollida, familias acolledoras, profesionais especializados e recursos educativos, sanitarios e laborais.
🗣 Lino Costas: “A dereita galega asume sen pudor este discurso, sen presentar alternativa algunha, e bloqueando calquera avance. Mentres tanto, Canarias, Ceuta e Melilla seguen soportando unha presión insostible”.