Latexo Logopedia

Latexo Logopedia Clínica de logopedia para poboación infantil e adulta.

Tratamento de patoloxías de voz, linguaxe, fala, audición, comunicación e funcións orofaciais (respiración, succión, deglutición, masticación)

13/05/2026

🎲💙 Algúns dos xogos que nos acompañan en sesión

Detrás de cada un hai moito máis que diversión: atención, linguaxe, memoria, asociación, comprensión… 🧠✨

Así traballamos en Latexo, con recursos adaptados e moito sentido en cada proposta.

08/05/2026

🧦✨ Material feito por nós, pensado para eles

Con este xogo da lavadora traballamos vocabulario da roupa, asociación de iguais e identificación de diferenzas dun xeito visual e motivador 🧠

Porque cando o material se adapta ao que cada persoa precisa, o traballo en sesión tamén gaña sentido 💙

💙 Coñecedes a Pepe?Pepe é a nosa mascota e tamén un gran compañeiro nas sesións 🦝✨Axúdanos a crear vínculo, favorecer a ...
05/05/2026

💙 Coñecedes a Pepe?

Pepe é a nosa mascota e tamén un gran compañeiro nas sesións 🦝✨
Axúdanos a crear vínculo, favorecer a interacción e facer que as nenas e nenos se sintan máis cómodos dende o primeiro momento.

Porque ás veces, un pequeno apoio tamén marca unha gran diferenza 💚

💙 Ola! Son CristinaA logopedista de Latexo e a persoa detrás deste proxecto que comezou en 2020.Case 20 anos de experien...
30/04/2026

💙 Ola! Son Cristina

A logopedista de Latexo e a persoa detrás deste proxecto que comezou en 2020.

Case 20 anos de experiencia traballando con ilusión en atención temperá, motricidade orofacial, disfaxia e neurorrehabilitación.

O que máis me gusta? Acompañar a cada persoa no seu proceso, aprender cada día e facer da logopedia un espazo cercano e humano 💚

Grazas por confiar en Latexo!

27/04/2026

💧 Integración sensorial

Non é só xogo. Traballan atención, motricidade, linguaxe e moito máis ✨

Así é a terapia en Latexo 💙

22/04/2026

🎮 A realidade de Latexo

Xogar = Aprender = Medrar 💙✨

🗣️ Como funciona a túa voz?4 procesos traballando xuntos:🫁 Respiración → Enerxía🗣️ Fonación → Vibración das cordas vocai...
13/04/2026

🗣️ Como funciona a túa voz?

4 procesos traballando xuntos:

🫁 Respiración → Enerxía
🗣️ Fonación → Vibración das cordas vocais
📢 Resonancia → Amplificación do son
👄 Articulación → Son convertido en palabras

Complexo e fascinante! 🧠✨

Garda este post para aprender máis sobre a túa voz.

🧩 Xogos de lóxica e atenciónDetrás de cada partida hai moito traballo cognitivo: razoamento lóxico, concentración, resol...
10/04/2026

🧩 Xogos de lóxica e atención

Detrás de cada partida hai moito traballo cognitivo: razoamento lóxico, concentración, resolución de problemas e motricidade fina 🧠

Xogando mentres traballamos! Así é en Latexo ✨

💙 Peculiaridades da linguaxe no TEAComprender como se comunican as persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista) é o p...
06/04/2026

💙 Peculiaridades da linguaxe no TEA

Comprender como se comunican as persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista) é o primeiro paso para ofrecer un apoio axeitado 🗣️

Cada persoa con TEA ten a súa forma única de comunicarse. O noso traballo é acompañar e favorecer esa comunicación de forma respectuosa e profesional ✨

Coñecer para comprender mellor 💚

🧠 Atención cognitiva en acciónDetrás deste xogo de cores hai moito traballo: concentración, coordinación, motricidade fi...
28/03/2026

🧠 Atención cognitiva en acción
Detrás deste xogo de cores hai moito traballo: concentración, coordinación, motricidade fina, recoñecemento de patróns... 💙

Así traballamos mentres nos divertimos! ✨

💙 Así comezou o noso proxectoDende 2020, traballando con ilusión para ser un espazo de confianza, cercano e profesional ...
25/03/2026

💙 Así comezou o noso proxecto

Dende 2020, traballando con ilusión para ser un espazo de confianza, cercano e profesional para todas as persoas da nosa comarca 🗣️

Os nosos valores:
✨ Atención personalizada
💬 Comunicación en galego
❤️ Trato humano e próximo
📚 Divulgación e prevención

Grazas por confiar en nós e formar parte desta historia! 💚

Dirección

Rúa Rosalía De Castro, 3
A Coruña
15800MELIDE

Horario de Apertura

Martes 10:00 - 13:30
15:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 13:30
15:30 - 20:30
Jueves 10:00 - 13:30
15:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 13:30
15:30 - 20:30

Teléfono

+34642007210

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Latexo Logopedia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría