29/11/2025
Hoxe vivimos unha xornada intensa e preciosa: reflexións sobre a soidade non desexada, entrega de premios, unha charla maxistral sobre a base xenética das demencias e un acto de clausura que nos chegou ao corazón.
Grazas a todas as persoas que formastes parte deste día: poñentes, asistentes, familias, profesorado, estudantado, profesionais e institucións que confiaron neste congreso tan especial.
Foi un luxo compartir estes momentos con vós e seguir construíndo xuntas e xuntos un futuro máis consciente, informado e humano.
Grazas por acompañarnos no 30 aniversario de AFACO.
Seguimos avanzando, con ilusión e compromiso, para mellorar a vida das persoas e das familias que nos necesitan.