Alcer Coruña

Alcer Coruña Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril da provincia da Coruña

- A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, nace no 1976 co propósito de mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal. Nas súas orixes loitaba para que este colectivo tivese acceso a un tratamento de diálise, fundamental para a súa supervivencia. Anos despois, Alcer Coruña, traballando conxuntamente co resto dos alceres provinciais, convértese no princ

ipal precursor da actual Lei de transplantes. Hoxe en día, e unha vez superados aspectos de actuación sanitaria vital, Alcer Coruña é unha das entidades que máis claramente apostan por traballar optimizando os recursos sanitarios, baixo o convencemento de que a atención ás persoas con enfermidades crónicas non pode centrarse nos factores da enfermidade, senón que é necesario o desenvolvemento de redes de apoio psicosocial con áreas de actuación integrais no campo da asistencia sanitaria, a protección e o benestar social. Baseándose nestes principios, Alcer Coruña persegue asegurar a maior calidade de vida, participación e independencia posible nas persoas con ERC, transplantadas de órganos e familias en particular, e a todas as persoas cunha enfermidade crónica en xeral, a través da concreción das seguintes actuacións marcadas nolos seus estatutos:

*Actuacións:

- A asistencia e información ás persoas con enfermidade renal e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitario e social, especialmente no concernente á asistencia por facultativos e persoal sociosanitario especializados.
- A realización de todo tipo de accións de sensibilización e fomento da doazón de órganos e tecidos.
- A atención en procesos de rehabilitación psicosocial e inclusión laboral e social, das persoas con discapacidade xerada por doenzas crónicas susceptibles de transplante
- A promoción de servizos de atención á dependencia
- A execución de todas as actividades culturais, de lecer e deportivas que faciliten a participación e atención sociosanitaria do colectivo.
- O fomento da investigación dos problemas que suscitan as enfermidades de ril nos seus aspectos médico, asistencial e socioeconómico, así como da prevención das mesmas.
- A divulgación popular das necesidades deste colectivo, as súas posíbeis solucións, así como os seus múltiples aspectos sociais e xurídicos.
- A realización de actuacións encamiñadas ao fomento e participación de voluntariado.
- O establecemento de servizos propios de asesoramento laboral, educativo, social e psicolóxico, máis os que se crean necesarios para unha atención integral.
- A colaboración con todas aquelas persoas e entidades, públicas ou privadas, onde se realicen actividades que poidan conducir á consecución dos fins da asociación.

🥅 𝗦𝗘𝗡𝗦𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗡𝗢 𝗘𝗜𝗗𝗢 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗩𝗢! | O domingo foi un deses días do ano que nos gustan a Alcer Coruña! Achegámonos ata ...
22/04/2026

🥅 𝗦𝗘𝗡𝗦𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗡𝗢 𝗘𝗜𝗗𝗢 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗜𝗩𝗢! | O domingo foi un deses días do ano que nos gustan a Alcer Coruña! Achegámonos ata o estadio Verónica Boquete de Santiago de Compostela para facilitar información a todas as persoas que asistiron ao encontro entre a SD Compostela e o Atl. Coruña Montañeros

ℹ Durante a xornada, a entidade repartiu nas dúas portas de acceso ao estadio un total de 578 dípticos informativos entre as persoas asistentes, achegando información e resolvendo dúbidas arredor da doazón; tentando crear así un espazo de encontro coa afección e derribar medos e crenzas erróneas a redor desta temática.

👥 A actividade contou coa participación de persoas directamente vinculadas á realidade da enfermidade renal, dándolle significado á mesma. Mario López e Rubén Soñora acudiron en calidade de vogais da Xunta Directiva de Alcer Coruña. Mario atópase actualmente en tratamento de hemodiálise á espera do seu cuarto transplante de ril; mentres Rubén é unha persoa transplantada. As súas historias representaron a importancia da decisión de ser persoas doadoras. Tamén participaron Carmen Rey e Daniel Pereiro, persoas voluntarias transplantadas de ril, que co seu exemplo deron a coñecer que cada transplante significa unha nova oportunidade de vida 🥰

🤝 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗦𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗘𝗡𝗜𝗔𝗗𝗔 | Ser persoa socia de Alcer Coruña ten vantaxas e neste caso nas Termas de Cuntis!📍 Ubicada na Rúa ...
21/04/2026

🤝 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗦𝗔 𝗖𝗢𝗡𝗩𝗘𝗡𝗜𝗔𝗗𝗔 | Ser persoa socia de Alcer Coruña ten vantaxas e neste caso nas Termas de Cuntis!

📍 Ubicada na Rúa do Balneario (en Cuntis, Pontevedra)
📲 Solicita a túa reserva identificándote como persoa social 📩 enviando un mail a balneario@termasdecuntis.com

😉 Non esquezas que ser persoa socia de Alcer Coruña só ten un custo de 30€/ano e que coa túa aportación contribuirás na mellora da calidade de vida das persoas con enfermiade renal crónica e as súas familias!

📅 Agardámosvos mañá no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol!
21/04/2026

📅 Agardámosvos mañá no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol!

🎈Unha xornada dos pacientes e para os pacientes, no 50 aniversario do Hospital Arquitecto Marcide do . Non faltes!

🗣️ Vota esta iniciativa de Asociación Alcer Ourense!! 💚🧡💚
21/04/2026

🗣️ Vota esta iniciativa de Asociación Alcer Ourense!! 💚🧡💚

Precisamos o teu apoio! 📲🫂

🍴📇 'NutriALCER', programa de para persoas con enfermidade renal crónica ( ), representa o traballo desenvolto dende nesta edición de premios de CINFA ao traballo asociativo nacional 🧩

A votación estará aberta ata o 6 de maio. Únicamente é preciso o teu número telefónico, axúdasnos?

VOTA E COMPARTE a través da ligazón na nosa biografía! 👉🏽⭐💚
---
¡Necesitamos tu apoyo! 📲🫂

🍴📇 “NutriALCER”, programa de nutrición para personas con enfermedad renal crónica (ERC), representa el trabajo desarrollado desde ALCER Ourense en esta edición de los de al trabajo asociativo nacional 🧩

La votación estará abierta hasta el 6 de mayo. Solo necesitas tu número de teléfono, ¿nos ayudas?

¡VOTA Y COMPARTE a través del enlace en nuestra biografía! 👉🏽⭐💚

🗣️ 𝗔𝗖𝗛𝗘𝗚𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗔 𝗜𝗠𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗗𝗘 𝗦𝗘𝗥 𝗣𝗘𝗥𝗦𝗢𝗔𝗦 𝗗𝗢𝗔𝗗𝗢𝗥𝗔𝗦 | Unha das cousas que máis nos gusta facer en Alcer Coruña é a de pod...
20/04/2026

🗣️ 𝗔𝗖𝗛𝗘𝗚𝗔𝗡𝗗𝗢 𝗔 𝗜𝗠𝗣𝗢𝗥𝗧𝗔𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗗𝗘 𝗦𝗘𝗥 𝗣𝗘𝗥𝗦𝗢𝗔𝗦 𝗗𝗢𝗔𝗗𝗢𝗥𝗔𝗦 | Unha das cousas que máis nos gusta facer en Alcer Coruña é a de poder chegar a diferentes contextos de ensino, deportivos ou sociais para poder plantar a nosa semente sobre a importancia de ser persoas doadoras de órganos.

📅 Deixamos por aquí o resumo gráfico dunha actividade desenvolta os días 24 e 27 de febreiro no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, grazas á cal puidemos achegar esta temática a un total de 120 estudantes de 2º da ESO.

🧡GRAZAS a Jorge García e Marcelo Silva, voluntarios de Alcer Coruña que viviron en primeira man o tratamento da hemodiálise hospitalaria e que na actualidade están transplantados de ril. Que o noso equipo técnico vaia acompañado de testemuñas que relaten a súa vivencia en primeira persoa axúdanos a que a mensaxe teña un verdadeiro significado.

20/04/2026

OS NOSOS 🩵🤍
🆚️ Atl. Coruña Montañeros

💚 Hoxe sumámonos á campaña "Alcer 7 vidas", de Alcer Coruña, proxecto que fomenta a doazón de órganos e os hábitos de vida saudables

📸 Nacho Castaño

17/04/2026

Estamos impacientes para la presentación del libro de nuestra Vicepresidenta Monse, os esperamos!!!

16/04/2026

O pasado martes, 14 de Abril, a dietista-nutricionista de Federación Alcer Galicia, realizou no Centro Cívico de Monelos (A Coruña) un obradoiro de nutrición e cociña adaptado á ERC, no marco do proxecto Come Con Alcer.
Moitas grazas a todos os asistentes por vir a aprender, compartir experiencias e a pasar un bo rato. 💚

🏀 𝗦𝗘𝗡𝗦𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 | O domingo 5 de abril instalamos unha mesa informativa no Multiusos Fontes do Sar do   para achegar á...
14/04/2026

🏀 𝗦𝗘𝗡𝗦𝗜𝗕𝗜𝗟𝗜𝗭𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 | O domingo 5 de abril instalamos unha mesa informativa no Multiusos Fontes do Sar do para achegar ás persoas asistentes ao partido entre o Obradoiro CAB e o Palencia a importancia dos hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal.

ℹ Antes do encontro, persoas voluntarias da entidade repartiron nas 5 portas de acceso ao recinto 1.800 dípticos informativos con recomendacións xerais para sensibilizar sobre a importancia do coidado da saúde renal.

🧡Todas elas puideron desfrutar despois do partido, dentro da grada solidaria do club compostelán.

👌🏻 Con esta actividade, Alcer Coruña continúa a súa labor de promoción da saúde e prevención da enfermidade renal, achegando información accesible á cidadanía en espazos de gran afluencia como os deportivos.

💰🗣️ Queremos compartir unha boa nova! 📣 O Servizo de Información e Orientación Social de Alcer Coruña segue adiante graz...
14/04/2026

💰🗣️ Queremos compartir unha boa nova! 📣 O Servizo de Información e Orientación Social de Alcer Coruña segue adiante grazas á financiación da Deputación da Coruña!

ℹ️ Unha axuda que se traduce no traballo para unha ✅ mellor atención para persoas con enfermidade renal e familares.

🙌 Grazas á Deputación da Coruña por confiar un ano máis no noso compromiso coa saúde renal!

13/04/2026

ℹ️+ 𝗜𝗡𝗙𝗢 | Aprobado o Documento de Consenso para a abordaxe da Enfermidade Renal Crónica polo Ministerio de Sanidade.

📎 Dispoñible no seguinte enlace! 👉https://www.sanidad.gob.es/areas/calidadAsistencial/estrategias/abordajeCronicidad/docs/EAC_2026_EnfermedadRenalCronica.pdf

📺 𝗙𝗢𝗠𝗢𝗦 𝗔𝗧𝗔 𝗔 𝗧𝗩𝗚! O pasado luns estivemos no programa "Quen anda aí?" da Televisión de Galicia 👌🏻O xerente de Alcer Cor...
13/04/2026

📺 𝗙𝗢𝗠𝗢𝗦 𝗔𝗧𝗔 𝗔 𝗧𝗩𝗚! O pasado luns estivemos no programa "Quen anda aí?" da Televisión de Galicia

👌🏻O xerente de Alcer Coruña, Alfredo SAborido, acompañou a 19 persoas usuarias da entidade (con enfermidade renal, familiares e amizades) a pasar unha tarde diferente diante das cámaras!

?

Dirección

Hotel De Pacientes/As Xubias, Nº 84, 4º Andar
A Coruña
15006

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:30
Martes 10:00 - 13:30
Miércoles 10:00 - 13:30
Jueves 10:00 - 13:30
Viernes 10:00 - 13:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Alcer Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Alcer Coruña:

Compartir