31/12/2025
🐾Comezaba escribindo dándome conta que esta conta cada ano vai máis na tendencia a cero de publicacións...
🤯Continuaba a miña mente cavilando se eso repercute ou non no eido profesional, pero en verdade é que me da un pouco igual🤫
📌Sabedes que considero as redes un medio que, en moitísmas ocasións, é perigoso.
🟢Hai post maravillosos e que poden axudar.
🔴Hai post terribles e que so imprimen obrigas e culpas.
🫨Saber escollelos a veces é complexo porque de según que contas valoramos que quizá teñen que ter razón.
🖋️A min gústame escribir, teño moitas ideas, especialmente nas horas de desvelo nocturnas🥹,...e ahí hai unha peque que me precisa a carón para un mellor descanso asique non é o momento.
❓Teño opcións despois? 🙊Seguramente si, pois algún ratiño libre podo sacar, pero ocorre que son profesional, nai, ama de casa e muller.
🧘🏼♀️Decido libremente que eses mini ratos desta etapa os emprego para sentarme no sofá, para ler, para ver un pouquiño de serie coa miña parella ou para ir a camiñar...
❓Pode que algúns dos post que podería subir fosen reparadores para alguén? 🐌Posiblemente...
❓Para min é esa distancia das redes e esa consonancia comigo e os meus valores?
🐌Moito😊
🩶Encántame a miña profesión, coido que son comprometida coas persoas dentro e fora das sesións durante todo o proceso, e decido que esa presencia real é a que quero ofrecer ahí, na Tania que se senta con vos, que vos responde ás mensaxes e tamén na Tania que xoga horas nunha alfombra coa súa bebé ou sinxelamente para un rato e respira desfrutando das vistas dende o salón.
🩶Porque a vida é eso, vivir o cotiá, o sinxelo, o momento e as etapas que tocan...sen tanta presión, sen tantas obrigas, sen tantas culpas, sen tantas presas...
💭Oxalá a reflexión a podades entender sen ningún tipo de ofensa.
✅Quen se sinta ben de publicar a diario, benvido!
✅Quen se sinta ben de consumir redes a diario, adiante!
➡️Sempre dende o plano consciente da decisión e sen caer no atrapante das imposicións desta vida a golpe de click🙏🏻😊
📍Eu aposto por iso:
💫Consciencia máis que presencia (da virtual)
💫Presencia (da real) como .