Psicología Blanco

Psicología Blanco El gabinete de psicología Blanco es un centro sanitario inscrito en el “Rexistro de Centros Servi

A vergoña corporal é algo máis alá de non gustarte. 🫣É sentir que teu corpo debería ser outro, que debe ser ocultado.Com...
16/04/2026

A vergoña corporal é algo máis alá de non gustarte. 🫣
É sentir que teu corpo debería ser outro, que debe ser ocultado.
Comezas a evitar plans, xa non queres expoñerte, pensas que os demáis xuzgan continuamente o teu corpo.... E pouco a pouco, o teu mundo faise máis pequeno. Afecta á relación coa comida, a autoestima e en como te falas.

A vergoña non axuda, alimenta a autocrítica.

Se te recoñeces nisto, non é necesario que o xestiones só/soa pide axuda.

Cando aparece un trastorno alimentario, a familia xoga un papel fundamental na recuperación. Necesitamos unha coherencia...
09/04/2026

Cando aparece un trastorno alimentario, a familia xoga un papel fundamental na recuperación. Necesitamos unha coherencia, apoio constante e empatía creando un entorno seguro, reforzando a motivación e acompañar á persoa afectada nos seus avances e tamén nos seus retrocesos. A actitude da familia pode marcar a diferenza entre perpetuar síntomas ou favorecer o cambio.

Dende o Hospital Maudsley en Londres, o equipo de Janet Treasure, desenvolveron o Modelo de Maudsley. Este identifica diferentes modelos de afrontamento familiar e ofrece pautas para que a familia poida apoiar de forma eficar sen reforzar o TCA.

Que mellor día que hoxe para facervos unha invitación sobre un concepto clave nos tempos que estamos: a pausa Que opinad...
02/04/2026

Que mellor día que hoxe para facervos unha invitación sobre un concepto clave nos tempos que estamos: a pausa

Que opinades?


Hoxe reflexionamos sobre o querer "ser forte todo o tempo"De onde vén esta idea?Que custo emocional ten este tipo de pen...
12/03/2026

Hoxe reflexionamos sobre o querer "ser forte todo o tempo"
De onde vén esta idea?
Que custo emocional ten este tipo de pensamento?
Cal é a verdadeira fortaleza?

Comprendendo un pouquiño máis este mundo tan apasionante como é o das emocións 🥰As emocións son respostas psicobiolóxica...
05/03/2026

Comprendendo un pouquiño máis este mundo tan apasionante como é o das emocións 🥰

As emocións son respostas psicobiolóxicas que xurden ante a avaliación de estímulos internos ou externos.

Podemos presentar emocións máis agradables ou desagradables pero non son malas. 🧠

A clave reside na regulación emocional 🧘

Oíchedes falar do Síndrome de Burnout ❓Trátase dunha forma inadecuada de afrontar o estrés crónico xerando un esgotament...
26/02/2026

Oíchedes falar do Síndrome de Burnout ❓

Trátase dunha forma inadecuada de afrontar o estrés crónico xerando un esgotamento emocional, físico e mental. 🤯

Non se trata de un signo de debilidade senón de unha sinal de que algo no equilibrio entre traballo e vida persoal precisa da nosa atención ⚖️

A tensión mantida no tempo, o cansazo acumulado, o estrés prolongado e as emocións que non se expresan nin se escoitan a...
12/02/2026

A tensión mantida no tempo, o cansazo acumulado, o estrés prolongado e as emocións que non se expresan nin se escoitan acaban reflectíndose no corpo.
Nun primeiro momento, os sinais adoitan ser sutís, pero cando se ignoran, o corpo intensifica a mensaxe a través de síntomas físicos máis claros. A neurociencia amosa que emocións como a ansiedade ou o estrés crónico teñen un impacto directo en sistemas como o dixestivo, cardiovascular ou inmunolóxico, entre outros.
Como lembra Natalia Seijo, o corpo informa do que a mente, ás veces, evita.
Por iso, insistimos na importancia dunha mellor xestión emocional como parte fundamental do benestar integral.

🗓️ Xaneiro mes de moitos propósitosE vós?Como os levades? Recordade! 🤗Os propósitos deben ser pequenos e adaptados ás ci...
29/01/2026

🗓️ Xaneiro mes de moitos propósitos

E vós?

Como os levades?

Recordade! 🤗

Os propósitos deben ser pequenos e adaptados ás circunstancias de cada un co fin de potenciar o éxito e evitar a frustración
📉📈

Traballar a satisfacción laboral non é un luxo, é unha estratexia preventiva en saúde mental. O benestar e a produtivida...
15/01/2026

Traballar a satisfacción laboral non é un luxo, é unha estratexia preventiva en saúde mental.
O benestar e a produtividade non sempre teñen que ser opostos, senón aliados.

Rematamos as festas e agora toca poñerse en marcha coa rutina 💪Hoxe toca falar dun tema moi relacionado coa rutina e as ...
08/01/2026

Rematamos as festas e agora toca poñerse en marcha coa rutina 💪

Hoxe toca falar dun tema moi relacionado coa rutina e as tarefas: a procrastinación

Coñecías este concepto?

Lémosvos 🤗

22/12/2025

Dirección

Calle Calzada, Nº9, Bajo Derecha. Noia
A Coruña
15200

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 21:00
Martes 08:00 - 21:00
Miércoles 08:00 - 21:00
Jueves 08:00 - 21:00
Viernes 08:00 - 21:00
Sábado 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Psicología Blanco publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría