Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria Páxina oficial da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

Queremos espertar en tódolos profesionais de Atención Primaria de Saúde un interese polo desenvolvemento da nosa profesión, avanzar na nosa autonomía profesional, promover e mellorar os nosos coñecementos científicos, ser interlocutores coa Administración Sanitaria naqueles temas que teñan relación coa saúde e máis concretamente cos coidados de enfermaría, proxectar a sociedade unha imaxe máis aco

rde coa nosa valía profesional e conseguir o desenvolvemento da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Hoxe, 12 de maio, celebramos o Día Mundial da Enfermaría. Celebramos unha maneira de entender o coidado, o compromiso co...
12/05/2026

Hoxe, 12 de maio, celebramos o Día Mundial da Enfermaría. Celebramos unha maneira de entender o coidado, o compromiso colectivo coa vida e coa dignidade das persoas.

Mais esta data non pode ser allea á realidade actual da sanidade. Vivimos tempos de incerteza, de sobrecarga asistencial e de reinvidcacións que nos apelan tanto como profesionais como cidadáns usuarios/as do propio sistema sanitario. Non debemos esquecernos de que este presente ten por obxectivo lograr un futuro mellor para todos e todas; cunha planificación, investimento e condicións laborais axeitadas e adaptadas á realidade, a enfermaría poderá centrarse, desenvolver e mellorar aquelo para o que foi formada: o coidado do individuo, da familia e da comunidade, en todos os niveis asistenciais.

Porque coidar é un acto asistencial, pero tamén social e político. Unidos e unidas, seguimos defendendo unha sanidade pública, humana e con visión de futuro, onde o valor da enfermaría sexa recoñecido como pilar esencial da saúde colectiva 💪🏻 💙

Dende a AGEFEC informámosvos de que vimos de asinar un acordo de colaboración con Unive Abogados co obxectivo de ofrecer...
11/05/2026

Dende a AGEFEC informámosvos de que vimos de asinar un acordo de colaboración con Unive Abogados co obxectivo de ofrecer asesoramento xurídico aos nosos socios e socias.

Ao contar con delegación en Galicia, Unive Abogados dispón dun equipo coñecedor e con formación específica na lexislación propia da nosa Comunidade Autónoma, favorecendo así unha atención máis próxima e adaptada ás nosas necesidades.

Grazas a este acordo, os socios e socias poderedes beneficiaros de:
- Consultas e orientación xurídica gratuíta en calquera ámbito do Dereito.
- Acceso ao servizo a través da plataforma web de Unive Abogados, mediante a seguinte ligazón.
- Desconto do 10 % nos honorarios profesionais en caso de contratación de servizos xurídicos (laboral, civil, administrativo, fiscal, protección de datos, etc.), extensible tamén aos familiares directos.

As consultas iniciais serán gratuítas, e calquera actuación profesional posterior realizarase sempre baixo orzamento previo e aceptación expresa por parte da persoa interesada.

Así mesmo, con carácter periódico, recibiredes información e novidades en materia xurídica relacionadas coa nosa especialidade e coa enfermaría de Atención Primaria.

Seguimos traballando por e para vós. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💪🏻💙

O vindeiro martes 21 de abril abrirase o prazo para a solicitude electrónica das prazas de Formación Sanitaria Especiali...
16/04/2026

O vindeiro martes 21 de abril abrirase o prazo para a solicitude electrónica das prazas de Formación Sanitaria Especializada (FSE).

No referente á Enfermaría Familiar e Comunitaria, este ano ofértanse 45 prazas máis a nivel estatal, pasando de 919 a 964.
Nesta convocatoria, en Galicia ofértanse un total de 53 prazas para a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, as mesmas ca na convocatoria anterior.

Dende a AGEFEC queremos darlle a benvida aos/ás futuros/as residentes, convidándovos a unirse á nosa Asociación, gozando de vantaxes na cota anual por ser EIR, así como de desconto na cota de inscrición do noso inminente IX Congreso (podedes seguir todas as novidades do mesmo na conta de Instagram ).

Para máis información podedes consultar a nosa páxina web, na cal tamén tedes dispoñible un formulario de contacto para achegarnos as vosas dúbidas e/ou aportacións: https://www.agefec.org/web/

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 🩵💪🏻

Hoxe, 12 de abril, celebramos o Día Internacional da Atención Primaria, e dende AGEFEC quixemos voltar á base e centro d...
12/04/2026

Hoxe, 12 de abril, celebramos o Día Internacional da Atención Primaria, e dende AGEFEC quixemos voltar á base e centro da nosa profesión: o metaparadigma enfermeiro. Definido por Jacqueline Fawcett, establece os conceptos centrais e universais que guían a nosa práctica: persoa, saúde, entorno e coidados.

Estes catro piares son especialmente relevantes na Atención Primaria, onde a enfermaría familiar e comunitaria desenvolve unha mirada integral, próxima e continuada. A persoa é entendida no seu contexto vital, o entorno como parte activa da saúde, os coidados como ferramenta esencial, e a saúde como dereito e obxectivo compartido.

Neste día, reivindicamos unha Atención Primaria forte, accesible e centrada nas persoas, onde a enfermaría familiar e comunitaria, e os/as súas profesionais, teñan o espazo e recoñecemento que merecen. Porque coidar desde a proximidade é transformar a saúde desde a raíz, e coidar a quen coida tamén é invertir en saúde 💙💪🏻

Hoxe, 31 de marzo, conmemórase o Día Mundial contra o Cancro de Colon, o tumor máis frecuente en Galicia e o segundo en ...
31/03/2026

Hoxe, 31 de marzo, conmemórase o Día Mundial contra o Cancro de Colon, o tumor máis frecuente en Galicia e o segundo en mortalidade, cunha taxa de incidencia de 90,4 casos por 100.000 homes e 74,2 por 100.000 mulleres en 2022, e máis de 1.100 mortes anuais (datos da Consellería de Sanidade a xaneiro de 2025).

En Galicia iníciase no ano 2013 a implantación do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, comezando en Ferrol e extendéndose a tódalas Áreas Sanitarias no ano 2019. Actualmente, é un dos 3 programas de cribado de cancro activos na nosa Comunidade, xunto co de mama e o de colo uterino.

A invitación á poboación diana (homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia e con tarxeta sanitaria do SERGAS) faise a través dunha carta, acompañada dun folleto xunto co contenedor para a recollida da mostra de f***s, que pode depositar no centro de saúde da súa área, dende onde se remite ao laboratorio de referencia.

Dende a AGEFEC, con mor deste día, traémosvos unha infografía resumo ca información básica do cribado, útil tanto para pacientes coma para profesionais. Agardamos que sexa do voso interese, podedes achegarnos as vosas impresións.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💙💪🏻

Como moitos e moitas xa saberedes, na recente Mesa Sectorial presentouse un novo borrador de Acordo sobre a Proposta de ...
24/03/2026

Como moitos e moitas xa saberedes, na recente Mesa Sectorial presentouse un novo borrador de Acordo sobre a Proposta de Acordo da mesa sectorial sobre a incentivación e o exercicio das opcións de prestación da xornada complementaria voluntaria nos Puntos de Atención Continuada (PACs).

Desde a AGEFEC, xa na presentación do primeiro borrador en decembro de 2025, presentáranse alegacións ás entidades sindicais, defendendo entre outros que se recoñecera que a enfermaría de AP tamén é unha categoría deficitaria, así coma unha igualdade en incentivos para toda a enfermaría, con descansos garantidos e reforzo na atención ordinaria.

Agora, coa nova proposta, consideramos que se exclúe totalmente a consideración da nosa categoría profesional.

Hoxe compartimos con vós uns documentos elaborados polos nosos asociados/as, que conxugan a visión que AGEFEC ten na nova proposta presentada por Consellería en febreiro de 2026. Animámosvos a consultados e, se o considerades oportuno, a presentar alegacións a título persoal.
Dispodes dos documentos, así como de máis información, no voso correo de socios/as.

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💪🏻💙

De cara ao inminente exame da OPE EFEC do SERGAS, achegámosvos os puntos claves da convocatoria, os cales podedes consul...
11/03/2026

De cara ao inminente exame da OPE EFEC do SERGAS, achegámosvos os puntos claves da convocatoria, os cales podedes consultar con maior detalle na Resolución da mesma, para aquelas/es asociadas/os que vos sexa de interese.

Desde a AGEFEC, compartimos os sentimentos que vos poida xerar este proceso, que incluso en moitos casos supón unha pausa na vida e actividade persoal, e da que moitas/os compartimos, no presente ou no pasado, dita situación
En relación a isto, e ao esforzo que esta preparación conleva, queremos por de manifesto o seguinte: toda OPE e adxudicación de prazas é benvida e celebrada pola AGEFEC, sen embargo, atopámonos cunha oferta insuficiente.

Conforme aos datos que manexamos, actualizados o pasado agosto, 362 EFEC (o 80.63%) inscritas/os en quenda libre atópanse en situación de eventualidade/temporalidade, ben con nomeamentos EFEC como con nomeamentos de enfermaría de coidados xerais. No caso da Promoción Interna, ditas cifras sitúanse no 25.21% (62 persoas), destacando tamén que o 29.27% (72 persoas) teñen praza fixa en Atención Primaria como enfermeiras/os de coidados xerais, e o 45.12% (111 persoas) do total teñen praza fixa en Atención Hospitalaria, a destacar de cara ao vindeiro concurso específico.

Na AGEFEC continuamos a traballar por todas e todos as/os EFEC de Galicia, e en breves traerémosvos novidades tales como a nova páxina web ou a apertura de inscricións para o IX Congreso da Asociación.

Moito ánimo e sorte de cara ao proceso selectivo. Máis que nunca, a AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💪 💙 .

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Dende a AGEFEC consideramos que é unha boa data para lembrar ...
08/03/2026

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Dende a AGEFEC consideramos que é unha boa data para lembrar que os coidados —eses que sosteñen a saúde das persoas e das comunidades— teñen nome maioritariamente de muller.

A nivel global, máis do 80 % dos/as profesionais de enfermaría son mulleres, e ao longo da historia foron elas quenes mantiveron vivos os sistemas de coidados, tanto dentro como fóra das institucións sanitarias, sendo esenciais para garantir a equidade, saúde e dignidade.

Porén, esta indispensable labor non sempre se viu recoñecida. A pesar de seren maioría, as enfermeiras (e gran parte das mulleres en xeral) continúan atopándose con barreiras no seu día a día laboral tales como a infravaloración profesional, a falta de visibilidade, a dobre carga de coidados ou a brecha salarial.

A historia da enfermaría, igual ca historia do feminismo, é a historia dunha loita constante, unha loita por ocupar espazos de decisión, por avanzar en autonomía profesional e persoal e por poñer en valor uns coidados que sostiveron e sosteñen a comunidade e a quenes forman parte dela.

Nesta data, máis ca nunca, reivindicamos o papel de todas as mulleres en global, e das mulleres enfermeiras en particular. Celebramos o camiño andado, recoñecemos o esforzo de quen nos precedeu e comprometémonos a seguir abrindo o camiño para as que veñen detrás nosa. Porque o futuro dos coidados e da sociedade debe ser feminista, comunitario e transformador.

Seguimos adiante 💜💙

Para calquera dúbida sobre este ou outros temas relacionados ca especialidade, dispodes do formulario de contacto da nos...
26/02/2026

Para calquera dúbida sobre este ou outros temas relacionados ca especialidade, dispodes do formulario de contacto da nosa páxina web: https://www.agefec.org/web/contacto/ .

A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias 💪 💙

📩 Dispodes de máis información no voso correo de socios/as.Así mesmo tamén vos queremos trasladar que só se están a cons...
23/02/2026

📩 Dispodes de máis información no voso correo de socios/as.

Así mesmo tamén vos queremos trasladar que só se están a considerar as persoas que a día de hoxe teñen a titulación da Especialidade recollida no expediente electrónico (FIDES), co cal no momento en que se publique a convocatoria, aquelas que non o teñan non terán oportunidade de participar.

Revisade o voso expediente electrónico, e compartide a información coas compañeiras que estean interesadas no mesmo.

De todas depende que o proceso se realice en condicións e que ninguén poida quedar excluído.

Manterémosvos informados/as das novidades ao respecto. Seguimos 💙 .

Dende a AGEFEC queremos informarvos da convocatoria dunha nova Asemblea Xeral de Socios en sesión Ordinaria, que terá lu...
20/02/2026

Dende a AGEFEC queremos informarvos da convocatoria dunha nova Asemblea Xeral de Socios en sesión Ordinaria, que terá lugar o vindeiro luns 9 de marzo de 2026.

Tedes toda a información no voso correo de socios/as. Agardámosvos!

Dirección

Avenida Linares Rivas, 16-17, 2°
A Coruña
15005

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria:

Compartir

Categoría