Asociación Española Contra o Cancro A Coruña

Asociación Española Contra o Cancro A Coruña Páxina oficial da Xunta Provincial na Coruña da Asociación Española Contra o Cancro www.asociacioncontraelcancer.es

Página oficial de Facebook de la Junta Provincial de A Coruña, de la Asociación Española Contra el Cáncer.

Onte celebramos o encontro anual coas nosas Xuntas Locais, unha xornada de traballo e convivencia na que compartimos exp...
24/04/2026

Onte celebramos o encontro anual coas nosas Xuntas Locais, unha xornada de traballo e convivencia na que compartimos experiencias e liñas de actuación para seguir axudando ás persoas con cancro e ás súas familias 💚

Neste evento, celebrado no Espazo Avenida Abanca, contamos coa presenza de varios compañeiros de servicios centrais da Asociación Española Contra el Cáncer: Nuria Masana, directora corporativa de Asuntos Públicos, Comunicación e Marketing; Santiago Velázquez, director de Comunicación; e Pablo Campins, técnico de Asuntos Públicos e RRII.

👉 Ao longo do acto, desenvolvéronse varias dinámicas que preparou Rocío García de la Barga, responsable de Coordinación Territorial na Xunta Provincial. Estas dinámicas enfocáronse nos obxectivos estratéxicos e no papel das Xuntas Locais na estratexia de Asuntos Públicos.

Ademais, o presidente da Asociación, Javier Álvarez Barbeito, quixo recoñecer o compromiso incansable de todas as voluntarias e voluntarios das Xuntas Locais, poñendo en valor a súa entrega e dedicación diaria. Tamén sinalou a importancia de seguir unindo esforzos para chegar cada vez a máis persoas, levando apoio, esperanza e oportunidades alí onde máis se necesitan 🫶

Durante a xornada tamén recoñecemos a traxectoria de varias Xuntas Locais:

✨ 50 anos en Santiago

✨ 30 anos en Aranga, Cabana de Bergantiños e Coristanco

Moitas grazas aos voluntarios e voluntarias das 45 Xuntas Locais da provincia. A súa labor é fundamental para que podamos seguir apoiando a investigación e que cada ano máis persoas podan acceder aos nosos servizos gratuitos: apoio psicolóxico, atención social, logopedia, fisioterapia e nutrición.

📢 O vindeiro 24 de maio celebramos o VI Xantar Solidario en Cee.🗓 Domingo, 24 de maio⏰ 14:00 h📍 Pavillón deportivo munic...
24/04/2026

📢 O vindeiro 24 de maio celebramos o VI Xantar Solidario en Cee.

🗓 Domingo, 24 de maio

⏰ 14:00 h

📍 Pavillón deportivo municipal de Cee

🎟 Prezo: 40€

Un encontro que contará coa comida de Casa Taboada e que servirá para g***r en boa compañía e contribuír á investigación e ao apoio ás persoas con cancro.

🎁 Haberá sorteo solidario!

👉 Venda de entradas:
* Centro Social de Cee
* Mercado Municipal (Panadería Tahona das Travesas)
* Xunta Local de Cee

Grazas ao Concello de Cee, á Xunta Local e a todas as persoas que axudaron para facer posible esta iniciativa.

Súmaste? 💚

24/04/2026

🎥 Presentación de Rede de Concellos Contra o Cancro.

📢 Tecendo redes contra o cancro en toda a provincia. Hoxe presentamos a Rede de Concellos Contra o Cancro, unha iniciati...
23/04/2026

📢 Tecendo redes contra o cancro en toda a provincia.

Hoxe presentamos a Rede de Concellos Contra o Cancro, unha iniciativa coa que queremos reforzar a acción fronte á enfermidade desde o ámbito local, da man dos concellos e co apoio da Deputación da Coruña 🤝

Con este proxecto, buscamos achegar a prevención, o apoio ás persoas con cancro e a promoción de hábitos saudables a toda a cidadanía, independentemente de onde viva.

Esta maña presentámolo a 33 concellos da nosa provincia, sumando esforzos co noso voluntariado das Xuntas Locais para chegar máis lonxe e a máis persoas. Grazas por vir alcaldes e alcaldesas e representantes de distintos concellos: A Coruña, A Laracha, Abegondo, Ames, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boiro, Cabana de Bergantiños, Carballo, Carral, Cedeira, Cee, Coristanco, Culleredo, Curtis, Ferrol, Fisterra, Irixoa, Mañón, Mugardos, Muxía, Oleiros, Paderne, Ponteceso, Pontedeume, Rianxo, Ribeira, Val do Dubra, Valdoviño, Vilasantar e Vimianzo 💚

O acto de presentación, celebrado no Espazo Avenida Abanca, contou coa presenza do presidente provincial da Asociación na Coruña, Javier Álvarez Barbeito, e do presidente da Deputación, Valentín Formoso.

Seguimos avanzando cara a unha resposta máis próxima, coordinada e humana fronte ao cancro.

Moitas grazas a todas as persoas que colaboran e fan posible estas iniciativas 💚

Aranga volveu demostrar que cando unha comunidade se une, todo suma 💚O pasado sábado vivimos unha noite moi especial na ...
22/04/2026

Aranga volveu demostrar que cando unha comunidade se une, todo suma 💚

O pasado sábado vivimos unha noite moi especial na nosa cea solidaria: unha mesa compartida, conversas, reencontros… e, sobre todo, compromiso cos pacientes e coas súas familias.

Grazas ao Concello de Aranga e a todas as persoas asistentes por facer posible esta noite ✨️ Grazas á Xunta Local de Aranga polo seu esforzo e implicación 🤝

Carballo encheuse de solidariedade 💚O pasado sábado tivo lugar a nosa comida solidaria en Carballo, na que se reuniron m...
22/04/2026

Carballo encheuse de solidariedade 💚

O pasado sábado tivo lugar a nosa comida solidaria en Carballo, na que se reuniron máis de 300 persoas para compartir mesa e compromiso 👏

Un encontro cheo de bo ambiente, no que tamén contamos coa presenza do alcalde de Carballo, Daniel Pérez, apoiando esta iniciativa.

Grazas ao Concello de Carballo e a todas as persoas asistentes por facer posible este día.

Xuntas e xuntos seguimos sumando esforzos para avanzar na investigación e no apoio ás persoas con cancro.

Vantaxes do deporte no proceso oncolóxico 🏃‍♀️🏃‍♂️Dende a nosa Cátedra AECC – UDC  Exercicio Contra o Cancro, organizamo...
22/04/2026

Vantaxes do deporte no proceso oncolóxico 🏃‍♀️🏃‍♂️

Dende a nosa Cátedra AECC – UDC Exercicio Contra o Cancro, organizamos en Miño unha charla e un taller gratuítos para coñecer os beneficios da actividade física nas persoas con cancro.

🗓 Charla: mércores, 13 de maio ás 16:30 h

🗓 Taller: mércores, 20 de maio ás 16:00 h

📍 Auditorio Municipal de Miño

Un espazo para aprender, resolver dúbidas e descubrir como o exercicio pode mellorar a calidade de vida dos pacientes 💪

📩 Inscricións: 981 14 27 40 / acoruna@contraelcancer.es

🤝 Grazas á Universidade da Coruña e ás entidades colaboradoras: Xunta de Galicia, Deporte Galego, Servizo Galego de Saúde (SERGAS), Servizo de Oncoloxía de A Coruña, Servizo de Medicina Física e Rehabilitación de A Coruña, ACIS Axencia de Coñecemento en Saúde, Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar, PHG (Performance & Health Group) e Concello de Miño

Ningunha persoa debería ver limitada a súa autonomía ou calidade de vida por falta de recursos 🤝🦽 Co “Proxecto de adquis...
22/04/2026

Ningunha persoa debería ver limitada a súa autonomía ou calidade de vida por falta de recursos 🤝

🦽 Co “Proxecto de adquisición e distribución de material ortoprotésico para a atención integral de persoas con cancro”, facilitamos o acceso equitativo a material ortoprotésico especializado en Galicia, con especial atención ás zonas rurais e de difícil acceso. Ademais, formamos ás persoas con cancro e ás súas familias para un uso adecuado do material, promovendo unha maior autonomía e benestar.

📞 Chámanos ao teléfono gratuíto 900 100 036 | 24h, 365 días.

Programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades para o ano 2025.

✨ Unha noite para lembrar, compartir e seguir avanzando.A nosa gala solidaria en Ribeira reuniu arredor de 500 persoas 👏...
21/04/2026

✨ Unha noite para lembrar, compartir e seguir avanzando.

A nosa gala solidaria en Ribeira reuniu arredor de 500 persoas 👏

A actriz ribeirense Kica Fernández abriu a velada con esta mensaxe: «Un fío pode parecer fráxil e insignificante, pero cando se entrelaza con outros, vai construíndo unha tea resistente».

Foi tamén un momento para recoñecer a persoas que, co seu compromiso diario, marcan a diferenza:

🏅 Juan Luis Martínez, polas súas tres décadas de traballo no Club Natural Sport, lembrándonos que “salvar vidas é o máis grande”.

🏅 María Xesús Blanco, presidenta de Asociación Cultural Barbantia, polo seu apoio constante á cultura e á lingua galega, e por crear espazos que unen e acollen.

🏅 Luis Ángel León, oncólogo e investigador, recoñecido pola súa profesionalidade e, sobre todo, pola súa empatía.

Durante a gala tamén contamos coa presenza de Javier Álvarez, presidente provincial da Asociación Española Contra o Cancro; Antonio Gómez Caamaño, conselleiro da Consellería de Sanidade; e María Sampedro, alcaldesa do Concello de Ribeira.

A noite pechouse cunha cea moi especial, acompañada pola música do grupo Amores de Barra 🎶

Moitas grazas á Xunta Local de Ribeira e a todas as persoas que fixestes isto posible. Seguimos tecendo rede, sumando esforzos e avanzando xuntas e xuntos 💚

O pasado domingo celebramos en Mugardos unha comida solidaria 🍽💚Un encontro no que compartimos mesa, solidariedade e com...
21/04/2026

O pasado domingo celebramos en Mugardos unha comida solidaria 🍽💚

Un encontro no que compartimos mesa, solidariedade e compromiso cunha causa que nos une a todas e todos.

🫶 Grazas á xente de Mugardos polo seu apoio e por facer posible esta iniciativa solidaria. Cada entrada axúdanos a continuar apoiando a investigación oncolóxica e os servizos gratuítos que ofrecemos a pacientes e familias.

🤝 Moitas grazas á Xunta Local da Asociación en Mugardos, ao Casino Mugardés e ao Concello de Mugardos pola súa colaboración.


Dirección

Real 1, 1º
A Coruña
15003

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:30
Martes 09:00 - 17:30
Miércoles 09:00 - 17:30
Jueves 09:00 - 17:30
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Española Contra o Cancro A Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Asociación Española Contra o Cancro A Coruña:

Compartir

Nosotros

Página oficial de Facebook de la Asociación Española Contra el Cáncer (aecc) de la provincia de A Coruña. Somos una organización sin ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntarios, colaboradores y profesionales. Desarrollamos nuestra actividad en toda la provincia de A Coruña. www.aecc.es