Clínica Pasiños

Clínica Pasiños Clínica Pasiños pertenece al sector sanitario y desarrolla su actividad en las especialidades de podología y psicología.

- Podología
- Psicología
- Fisioterapia
- Nutrición

No embarazo o teu corpo cambia… e os teus pés tamén! 🤰👣Durante o embarazo é moi habitual notar os pés máis inchados, can...
12/05/2026

No embarazo o teu corpo cambia… e os teus pés tamén! 🤰👣

Durante o embarazo é moi habitual notar os pés máis inchados, cansos ou sensibles. O aumento de peso, os cambios hormonais e a retención de líquidos poden provocar molestias, dor ao camiñar e incluso cambios no tamaño do pé.

💡 Coidalos nesta etapa é fundamental para o teu benestar diario.

Por iso, aquí che deixamos algúns consellos para manter os teus pés sans durante o embarazo:

✔️ Descansa cos pés en alto sempre que poidas.

✔️ Emprega calzado cómodo e con boa suxeición e, para ir caminar, con boa amortiguación.

✔️ Mantén unha boa hidratación da pel.

✔️ Evita pasar moitas horas de pé ou sentada.

✔️ Realiza exercicio suave para mellorar a circulación.

E, como sempre, consulta cun profesional ante calquera dúbida 😊💙

🌡️ Súanche os pés en exceso? Pode ser máis que calor…Suar é algo natural, pero cando é excesivo pode converterse nun pro...
07/05/2026

🌡️ Súanche os pés en exceso? Pode ser máis que calor…

Suar é algo natural, pero cando é excesivo pode converterse nun problema coñecido como hiperhidrose plantar. Esta situación non só resulta incómoda, senón que tamén pode provocar ampolas, infeccións por fungos ou mal cheiro persistente. Como evitalo?

1️⃣ Utiliza calzado de material transpirable e intenta non usar o mesmo cada día, permitindo que sequen.

2️⃣ Cambia os calcetíns todos os días e, de ser necesario, incluso dúas veces. En canto aos materiais, deben ser mixtos, algodón e sintético, para que ademais de absorber a suor, o pé poida transpirar.

3️⃣ Lava os pés a diario e, sobre todo, seca moi bien a zona entre os dedos para evitar que esa humidade provoque a aparición de fungos.

4️⃣ Non utilices desodorizantes ou antitranspirantes, o más útil serán os produtos adstrinxentes.

5️⃣ Segue unha dieta equilibrada e bebe moita auga.

👉 Se notas que a humidade nos teus pés é constante ou che causa molestias, é importante consultar cun especialista para atopar a mellor opción para ti.

❓PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE A CONSULTA DE PSICOLOXÍAEn xeral, sábese moi pouco sobre como funcionan as consultas de psic...
05/05/2026

❓PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE A CONSULTA DE PSICOLOXÍA

En xeral, sábese moi pouco sobre como funcionan as consultas de psicoloxía. Para resolver as dúbidas máis comúns, continua lendo! 👇

👉 Cal é a duración das sesións? Cada sesión dura aproximadamente una hora.

👉 Cada canto tempo teño que acudir a consulta? Sobre a frecuencia, a resposta non é sinxela. Adaptámonos sempre ao ritmo que necesita e/ou pode cada paciente.

👉 Cal é a diferenza entre psicólogo e psiquiatra? Un psiquiatra é un médico que cursou a rama de psiquiatría, polo que aborda os problemas de saúde mental dende unha perspectiva fundamentalmente fisiológica (por ejemplo, recetando fármacos). O psicólogo é un licenciado/graduado en psicoloxía, capacitado para previr e intervir sobre os problemas relacionados coa saúde psicolóxica.

👉 O que se fala en consulta, é confidencial? Rotundamente, si. En Clínica Pasiños, a intimidade e a privacidade dos pacientes é unha prioridade. Por iso seguimos con rigorosidade a Lei Orgánica de Protección de Datos.

Si tes algunha dúbida sobre cómo funcionan as nosas consultas de psicoloxía, por favor, non dubides en contactar connosco! 💙😊

FELIZ DÍA A TODAS AS NAIS 💙
03/05/2026

FELIZ DÍA A TODAS AS NAIS 💙

🔥 Traballas duro… pero, coidas os teus pés igual?Hoxe, primeiro de maio, non esquezas algo fundamental: coidar os teus p...
01/05/2026

🔥 Traballas duro… pero, coidas os teus pés igual?

Hoxe, primeiro de maio, non esquezas algo fundamental: coidar os teus pés é importante para coidar o rendemento e a seguridade no traballo. Así que aquí che deixamos uns consellos para escoller o teu calzado laboral:

✔️ Debe adaptarse ás esixencias do teu posto

✔️ Punta redondeada e ampla, para non oprimir os dedos

✔️ Sola flexible e con boa amortiguación

✔️ Lixeiro e cómodo

✔️ Con sistema de suxeición (cordóns, velcros…)

✔️ A ser posible, transpirable

👉 Informámosvos de que hoxe permanecemos pechados por festivo. Volvemos o luns no noso horario habitual!

🔎 Sabías que…? 💃Na danza, os pés están sometidos a posicións extremas e impactos constantes que poden provocar molestias...
29/04/2026

🔎 Sabías que…? 💃

Na danza, os pés están sometidos a posicións extremas e impactos constantes que poden provocar molestias como sobrecargas, escordaduras, durezas ou tendinites se non se coidan correctamente.

Aproveitamos que hoxe, 29 de abril, se celebra o para compartir convosco uns consellos para previr lesións:

✔️ Realiza bos quecementos e estiramentos

✔️ Emprega o calzado axeitado para cada disciplina

✔️ Evita forzar posturas ou cargas excesivas

✔️ Revisa os teus pés regularmente cun especialista

E a seguir bailando! 🕺

Sintes FOMO? 😣📲O FOMO (Fear Of Missing Out) é esa sensación de ansiedade que aparece cando pensamos que outras persoas e...
27/04/2026

Sintes FOMO? 😣📲

O FOMO (Fear Of Missing Out) é esa sensación de ansiedade que aparece cando pensamos que outras persoas están vivindo experiencias mellores ca nós.

👉A miúdo maniféstase como a necesidade constante de mirar o móbil, revisar redes sociais ou compararnos co que vemos en internet. Pode facernos sentir estrés, inseguridade, frustración e incluso afectar ao noso descanso e autoestima.

❗Pero hai algo clave que non sempre lembramos: nas redes sociais vemos momentos seleccionados, non a realidade completa.

💭 Se sentes que necesitas estar sempre conectado/a para non “perder nada”, quizais sexa momento de parar e preguntarte:

🤔 Como me fai sentir isto? Estou atendendo ás miñas propias necesidades?

👉 Coidar a saúde mental tamén implica aprender a desconectar e vivir máis no presente.

MENS SANA IN CORPORE SANO 🧘‍♀️✨Sabías que practicar actividades físico-deportivas mellora a túa saúde mental? Neste caso...
24/04/2026

MENS SANA IN CORPORE SANO 🧘‍♀️✨

Sabías que practicar actividades físico-deportivas mellora a túa saúde mental? Neste caso non se trata de rendemento, senón de benestar. Un paseo, unha sesión de ioga ou calquera actividade que disfrutes pode marcar a diferenza.

👉 Reduce o estrés e a ansiedade

👉 Mellora o estado de ánimo

👉 Aumenta a autoestima

👉 Favorece o descanso

👉 Axuda a liberar tensión emocional

Aproveita o bo tempo e sae a moverte! 😊💙

🦵 Oíches falar algunha vez do SÍNDROME DAS PERNAS INQUIETAS?Trátase dunha afección que provoca unha necesidade intensa d...
22/04/2026

🦵 Oíches falar algunha vez do SÍNDROME DAS PERNAS INQUIETAS?

Trátase dunha afección que provoca unha necesidade intensa de mover as pernas, normalmente acompañada de sensacións incómodas como formigueo, tiróns ou picor, sobre todo cando estás en repouso ou pola noite.

🔎 ¿Por que ocorre? Non sempre hai unha causa clara, pero pode estar relacionado con déficit de ferro, cambios hormonais (embarazo, por exemplo, alteracións neurolóxicas ou factores hereditarios.

👣 ¿Que podes facer ti? Aquí che deixamos algúns pequenos cambios que poden axudar moito:

✔️ Manter horarios regulares de sono.

✔️ Facer exercicio moderado.

✔️ Masaxes ou baños mornos nas pernas.

✔️ Evitar exceso de cafeína pola noite.

👉 Se os síntomas persisten, consulta cun profesional. Dende a podoloxía tamén podemos axudarche a avaliar o estado dos teus pés e detectar factores que agraven estas molestias.

📚✨ ÚLTIMO TRIMESTRE, ÚLTIMO EMPURRÓN ✨📚O fin do curso pode traer presión e cansazo, pero tamén é unha oportunidade para ...
20/04/2026

📚✨ ÚLTIMO TRIMESTRE, ÚLTIMO EMPURRÓN ✨📚

O fin do curso pode traer presión e cansazo, pero tamén é unha oportunidade para pechar esta etapa con boas sensacións 💪 Aquí vos compartimos algúns consellos clave para afrontar este último empurrón con éxito:

🧠 Organiza o teu tempo: Planifica con antelación e divide o estudo en pequenas tarefas, marcando obxectivos realistas.

⏸️ Respecta os descansos: Fai pausas curtas e evita estudar durante horas seguidas sen desconectar.

💬 Coida o teu diálogo interno: Evita pensamentos como “non podo” ou “non vou chegar”.

😴 Non sacrifiques o sono: Durmir ben é fundamental para memorizar e rendir mellor.

🤝 Pide axuda se a precisas: Falar con profesorado, familia ou profesionais pode marcar a diferenza.

🌱 Celebra os pequenos logros: Recoñecer o esforzo axuda a manter a motivación.

Lembra: non se trata de facelo perfecto, senón de facelo o mellor posible coas ferramentas que tes 💙

⚫ UÑA NEGRA, MÁIS ALÁ DO ESTÉTICOUnha uña negra adoita ser consecuencia de pequenos golpes repetidos ou o uso de calzado...
16/04/2026

⚫ UÑA NEGRA, MÁIS ALÁ DO ESTÉTICO

Unha uña negra adoita ser consecuencia de pequenos golpes repetidos ou o uso de calzado inadecuado, que provocan a acumulación de sangue baixo a uña. Pero non sempre é algo sen importancia: tamén pode estar relacionada con infeccións por fungos, problemas circulatorios ou incluso afeccións máis serias.

👉 Como en calquera patoloxía, é importante saber como actuar. Nalgúns casos está indicada unha intervención podolóxica precoz en centros especializados.

💡 Se o traumatismo é recente ou o hematoma aínda está líquido, pódese realizar unha fenestración: o especialista fai un pequeno orificio na uña para drenar o sangue acumulado.

✔️ Este procedemento facilita a recuperación.

✔️ Reduce o risco de infección.

✔️ Evita que a uña se desprenda do leito ungueal.

Nestes casos, non xogues co teu benestar, acude a un podólogo/a! 💙

Dirección

Avda De Barraña 65/Baixo
Boiro
15930

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 13:30
16:00 - 20:00
Martes 09:30 - 13:30
16:00 - 20:00
Miércoles 09:30 - 13:30
16:00 - 20:00
Jueves 09:30 - 13:30
16:00 - 20:00
Viernes 09:30 - 13:30

Teléfono

+34881863522

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Clínica Pasiños publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Clínica Pasiños:

Compartir