18/12/2024
Despois de moito, moito tempo de traballo, dedicación e sacrificio por fin podemos decir que xa estamos aquí, cun proxecto que levábamos anos querendo levar a cabo e que a día de hoxe é unha realidade.
O noso centro de masaxe abre as súas portas este xoves 19 de decembro para ofrecer ós clientes un espazo de relaxación e recuperación, onde trataremos as suas doenzas musculares, articulares ou emocionais mediante a aplicación de diferentes tipos de masaxe, buscando sempre un servizo personalizado, cercano á xente pero sobre todo de calidade e cunhas instalacións totalmente renovadas e perfectamente adaptadas para a práctica da quiromasaxe.
Todo este proxecto, un soño meses atrás, foi posible grazas á axuda incondicional da nosa familia, sempre crendo e apoiando no que fixese falta e claro está que sin eles nada disto sería posible, o cal estaremos eternamente agradecidos, mil grazas.
Só esperamos estar a altura das vosas necesidades e que desfrutedes dun servizo óptimo.
Esperamosvos na rúa muiño do vento 30, onde sinon …… en Camariñas!!!