22/04/2026
🧙A homeopatía é unha pseudociencia que emprega preparados extremadamente diluídos, tanto que é fisicamente imposible que quede nin un átomo da substancia orixinal. O seu mecanismo proposto (“memoria da auga”) non ten ningunha base científica.
🕵Recén publicado o seu informe, a Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (AEMPS) falou claro: a homeopatía non funciona. Traémosvos as súas conclusións, sen ruído e con evidencia 👈