06/12/2024
PRÁCTICA & HÁBITO
A miúdo precisamos que as preparacións do noso día a día sexan sinxelas e rápidas.
Pero en moitas ocasións, estas características tan ansiadas dependen máis de nós mesmas que da preparación en si.
E aquí é onde cobran importancia a planificación e a práctica. Cando algo é para nós unha novidade, o tempo invertido sempre é maior: temos que pensar máis, imos máis amodo, esquecemos cousas…
Pero esa mesma preparación, con práctica e agarimo, pode convertirse en pouco tempo nun recurso rápido, rico e imprescindible na nosa cociña diaria.
Non necesariamente unha ensalada ou algo á prancha ten que ocuparnos menos tempo se aprendemos a economizar os nosos recursos e o levamos á práctica cada día.
Hábitos como ter vexetais picados no conxelador, ou peixe que un día puideches mercar; planificar o teu tempo dispoñible durante a semana, as túas comidas e compra no supermercado; sistematizar os almorzos; aproveitar tempo de días libres para cociñar ou mercar…
E non, non nos imos enganar tampouco, iniciar unha nova sistemática non é sinxelo, nin rápido, pero o que si está claro é que poder disfrutar de maior variedade de preparacións no noso día a día, aforrar tempo e comer rico, sempre vai valer a pena.
Comidas “rápidas” desta semana:
☑️ Guiso/caldeirada de merluza (cebola, zanahoria, pemento, brécol, allo en polvo e sal). O pemento e a merluza estaban no conxelador.
☑️ Garbanzos con mexillóns e espinacas (cebola, pemento, zanahoria, bolsa de espinacas lista para o consumo, bote de garbanzos). Os mexillóns son frescos e están listos en menos de 5 minutos, aproveitas a auga para un caldo express. Comida pra dous días.
☑️ Crema de calabaza, ovos á prancha, laranxa. Foi a cea de un par de días. A crema foi feita na fin de semana en gran cantidade.
☑️ Lentellas con arroz e verduras + laranxa. As lentellas quedan a remollo dende o día anterior, deste xeito están listas en menos de 20 min, ademáis que unha vez que as deixas a cocer, xa non dependen da túa presencia. Comida para dous días.
☑️ Pasta de lentella con taquiños de polo e pisto de verduras (cebola, pemento, champiñóns, calabacín, tomate natural triturado). Comida para mediodía e cea.