Asociación Paseniño

Asociación Paseniño Asociacion de familias de nenos con necesidades especiais Paseniño

🌟 IV Foro Empresarial SEA: Muller e EmpresaO vindeiro xoves 12 de marzo ás 16:30 h, o Auditorio da Casa da Cultura de Ce...
10/03/2026

🌟 IV Foro Empresarial SEA: Muller e Empresa

O vindeiro xoves 12 de marzo ás 16:30 h, o Auditorio da Casa da Cultura de Cee acollerá o IV Foro Empresarial SEA, unha xornada centrada nos modelos de negocio con mirada feminista, a tecnoloxía, a innovación e a sustentabilidade.

O encontro contará coa participación de destacadas profesionais do ámbito empresarial, institucional e académico, entre elas:

🔹 Beatriz Sestayo Doce – xerente de Suelo Empresarial do Atlántico
🔹 María Loureiro García – catedrática da USC e directora científica de ECOBAS
🔹 Alberto Cago Fernández – director xeral da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial
🔹 Lourdes Muñoz Santamaría – directora de Barcelona Open Data e fundadora de SheLeader
🔹 Laura Seara Sobrado – directora de Red Talento
🔹 Carlota Ojea – promotora cultural en Que Arte Producciones
🔹 Eva López Barrio – coordinadora do proxecto Woman Emprende da USC
🔹 Loli Castañeira Alén – alcaldesa de Salceda de Caselas

👉 Un espazo aberto para reflexionar, compartir experiencias e impulsar a innovación e o emprendemento.

📍 Auditorio da Casa da Cultura de Cee
🗓 Xoves 12 de marzo
🕓 16:30 h

📩 Confirmación de asistencia: alcaldia@cee.gal

Un encontro dirixido ao tecido empresarial, persoas emprendedoras, estudantes e á cidadanía en xeral. Animámoste a participar!

💜💜💜
09/03/2026

💜💜💜

👏🏻👏🏻👏🏻
19/02/2026

👏🏻👏🏻👏🏻

A Consellería de Educación chega a incongruencias tan graves como as que sofre a comunidade escolar do IES Agra Raíces. Os técnicos avalan a dotaci

🚨 ANPAS GALEGAS CONVOCA ÁS FAMILIAS A MOBILIZARSE 🚨A inclusión non pode seguir sendo só unha palabra nos discursos mentr...
14/02/2026

🚨 ANPAS GALEGAS CONVOCA ÁS FAMILIAS A MOBILIZARSE 🚨
A inclusión non pode seguir sendo só unha palabra nos discursos mentres nos centros faltan recursos, profesionais e apoios. O alumnado máis vulnerable non pode esperar máis.
Cada día sen solucións é un dereito vulnerado. Cada recorte é unha barreira máis para as nosas crianzas.
Por iso, ANPAS GALEGAS, dende a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, convoca ás familias, e á cidadanía de todo o país, a encher a Alameda e esixir o que é xusto: recursos suficientes, persoal estable e unha aposta clara polo ensino público; porque unha sociedade inclusiva é para todas e todos.
📍 Alameda de Santiago de Compostela
🗓 28 de febreiro
🕛 12:00 horas
✊ É o momento de estar, de sumar, de facer ruído.
💚 POR UNHA INCLUSIÓN REAL NO ENSINO PÚBLICO GALEGO
As nosas crianzas non son números. Son dereitos.
Vémonos o 28.

Siempre en lucha
12/02/2026

Siempre en lucha

La asociación Paseniño de Cee pide garantizar los servicios mínimos

La huelga de autobuses en Galicia está dejando a muchas familias en una situación muy complicada, especialmente a aquell...
11/02/2026

La huelga de autobuses en Galicia está dejando a muchas familias en una situación muy complicada, especialmente a aquellas con hijos e hijas con autismo que dependen del transporte escolar para poder ir a sus centros educativos.

Para algunos de estos niños y niñas, acudir al colegio supone recorrer decenas de kilómetros hasta Santiago de Compostela para recibir la atención y los apoyos que necesitan. Cuando los servicios mínimos no se cumplen, no solo pierden rutinas esenciales para su bienestar, sino que sus familias ven seriamente afectada su conciliación y su día a día.

La educación y los apoyos especializados no son un privilegio, son un derecho. Pedimos a las administraciones y a las partes implicadas que garanticen de forma efectiva los servicios mínimos, especialmente cuando hablamos de alumnado en situación de especial vulnerabilidad.

Porque ningún niño o niña debería quedarse atrás.

📣 A ANPA do IES Agra de Raíces conta cas Familias Paseniño e apoian o peche reivindicativo do día 3 de febreiro! 🖤O mart...
03/02/2026

📣 A ANPA do IES Agra de Raíces conta cas Familias Paseniño e apoian o peche reivindicativo do día 3 de febreiro! 🖤

O martes 3 de febreiro, ás 18:00 horas, no IES Agra de Raíces, o profesorado e toda a comunidade educativa participará nun peche reivindicativo aberto para visibilizar as carencias do noso sistema educativo e reclamar xuntas e xuntos as melloras que precisamos para o ensino público galego.

Esta acción forma parte dunha mobilización máis ampla organizada polos sindicatos CIG-Ensino e STEG – Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza, coa finalidade de facer máis visibles as demandas do profesorado, das familias e do alumnado: máis persoal para atender á diversidade, ratios máis baixas, mellores recursos e condicións dignas para todas e todos.

👉 Animamos ás familias do Agra de Raíces e da Costa da Morte a acudir a este acto, acompañar ao profesorado e mostrar a nosa solidariedade pola educación pública que queremos para os nosos fillos e fillas. Esta é unha oportunidade para expresarmos xuntos a nosa voz e loitar por un ensino público de calidade.

4 de Abril de 2025A Asociación de Familias de Nenos con Necesidades Especiais Pasenino recibe unha subvención da Deputac...
02/02/2026

4 de Abril de 2025

A Asociación de Familias de Nenos con Necesidades Especiais Pasenino recibe unha subvención da Deputación da Coruña:
Beneficiario: ASOCIACIÓN DE FAMILIAS DE NENOS CON NECESIDADES ESPECIAIS PASENIÑO
NIF: G02727931
Cod. Exp.: 2024000049761
Proxecto: Respiro familiar. Coordinación do servizo de respiro familiar.
Convocatoria FOAXE-P/2025:
Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2025.
Obxecto: ED-4 Programas de respiro familiar:
Coordinación do servizo de respiro familiar.
Porcentaxe do financiamento: 80% por parte da Deputación.

4 de Abril de 2025 A Asociación de Familias de Nenos con Necesidades Espexiais Pasenino recibe unha subvención da Deputa...
02/02/2026

4 de Abril de 2025

A Asociación de Familias de Nenos con Necesidades Espexiais Pasenino recibe unha subvención da Deputación da Coruña:
Beneficiario: ASOCIACIÓN DE FAMILIAS DE NENOS CON NECESIDADES ESPECIAIS PASENIÑO
NIF: G02727931
Cod. Exp.: 2024000049761
Proxecto: Respiro familiar. Coordinación do servizo de respiro familiar.
Convocatoria FOAXE-P/2025:
Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2025.
Obxecto: ED-4 Programas de respiro familiar:
Coordinación do servizo de respiro familiar.
Porcentaxe do financiamento: 80% por parte da Deputación.

📢 Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria – PaseniñoConvócase ás socias e socios á Asemblea Xeral Ordinaria o📅 2 de febrei...
28/01/2026

📢 Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria – Paseniño

Convócase ás socias e socios á Asemblea Xeral Ordinaria o
📅 2 de febreiro de 2026
🕦 Primeira convocatoria: 11:30 h
🕛 Segunda convocatoria: 12:00 h
📍 Rúa do Piñeiro nº 2, Cee

Orde do día:
✔ Aprobación de contas e informe anual
✔ Planificación do novo ano
✔ Elección ou renovación da Xunta Directiva
✔ Modificación de estatutos
✔ Rogos e preguntas

Agardamos contar coa túa asistencia. 💙

Dirección

Cee

Horario de Apertura

10:30 - 12:00

Página web

https://pasenino.com/services/

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Paseniño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Asociación Paseniño:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram