APROSACE

APROSACE APROSACE é a Asociación de Profesionais da Saúde de Cerceda

APROSACE é unha Asociación sen ánimo de Lucro que pretende englobar a todos os profesionais da Saúde do Concello de Cerceda, entendendo como tales todos aqueles titulados e estudiantes de profesións Sanitarias e Sociosanitarias.

23/03/2020
O SERGAS pon a disposición de toda a cidadanía en relación ó coronavirus, un test con preguntas sinxelas para orientarno...
16/03/2020

O SERGAS pon a disposición de toda a cidadanía en relación ó coronavirus, un test con preguntas sinxelas para orientarnos sobre a nosa sintomatoloxía, o noso confinamento e os pasos a seguir. Por suposto, o teléfono 900400116 segue estando dispoñible.

As técnicas de lavado de mans que xa temos compartido noutras ocasións con vós, seguen sendo válidas para esta. LAVAR as...
15/03/2020

As técnicas de lavado de mans que xa temos compartido noutras ocasións con vós, seguen sendo válidas para esta. LAVAR as MANS é fundamental para evitar esparexer xermes tanto en superficies como polo noso propio corpo. Non é necesario o uso de xel antiséptico se se realiza un bo lavado de mans.

Que se pode facer para previr o contaxio e a difusión? Estas son as recomendacións ó respecto da Consellería de Sanidade.

• Vacínese. A gripe, e principalmente as súas complicacións, o risco de hospitalización e morte, redúcense mediante a vacinación.

• Lave as mans con frecuencia. Esta é a principal medida de hixiene. As gotiñas que se emiten ao tusir, esbirrar ou falar poden quedar nas mans, onde o virus pode sobrevivir uns minutos (menos de 5 minutos): por iso é importante o lavado de mans.

• Ensine aos seus fillos e fillas a lavar as mans con frecuencia con auga e xabón, como mínimo durante 40 segundos e ata aproximadamente 1 minuto. Lembre que se vostede o fai será un bo exemplo.

• Estas gotiñas tamén poden depositarse en superficies (de mobles, tiradores de portas, obxectos etc.), onde o virus pode permanecer de horas a días: por iso é importante limpar máis frecuentemente (a diario) estas superficies cos produtos de limpeza habituais.

• Tape a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar.

• Recorde evitar tocar os ollos, o nariz e a boca xa que son posibles vías de contaxio.

• Utilice panos desbotables. Se non os ten a man, pode tusir ou esbirrar contra a parte interna do cóbado.

• Mentres estea enfermo, evite o contacto estreito con outras persoas especialmente se presentan algún factor de risco.

• Se está con gripe: quede na casa ata pasar 24 horas sen febre e sen tomar medicamentos que a baixen, a non ser que o seu médico lle faga outra recomendación.

• Pense que no caso de que o enfermo precise saír da casa, se usase unha máscara cirúrxica podería evitar contaxiar aos demais.

Xa podes acudir a vacinarte da gripe no teu centro de saúde, está especialmente recomendado para persoas de máis de 60 a...
23/10/2018

Xa podes acudir a vacinarte da gripe no teu centro de saúde, está especialmente recomendado para persoas de máis de 60 anos, persoas con enfermidades crónicas, embarazadas, persoal de servicios públicos...

Que é a gripe? Como pode previrse? Como se contaxia? Que debo facer se penso que teño gripe? En que período se pode...

O   convoca Concurso Oposición para as categorías de Enfermaría, Mediciña e Documentación Sanitaria.
15/03/2018

O convoca Concurso Oposición para as categorías de Enfermaría, Mediciña e Documentación Sanitaria.

El plazo de presentación de solicitudes es de un mes contado a partir del día siguiente a su publicación y va del 13-03-18 al 14-04-18.

ATENCIÓN: APERTURA DE LISTAS PARA EMPREGO TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA.Dende o 1 de Marzo ata o vindeiro  15 de Xullo pe...
02/03/2018

ATENCIÓN: APERTURA DE LISTAS PARA EMPREGO TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA.

Dende o 1 de Marzo ata o vindeiro 15 de Xullo permanecerá aberto o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal da Xunta de Galicia.

Entre as múltiples categorías que se recollen nestas listas, compartimos con vós as que teñen que ver co ámbito sanitario, para quen poida ser de interese:

-Escala de Veterinarios.
-Titulado/a superior médico/a. Médico/a xeriatra. Médico/a CEI. Médico/a adxunto/a. Médico/a
-ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE.
-Fisioterapeuta.
-Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquiátrico/a. Auxiliar de enfermaría. Coidador/a xeriátrico. Coidador/a.
-Auxiliar de autopsia.

A Xunta abre mañá o prazo de inscripción nas listas de emprego temporal da Administración galega

22/02/2018
  Sigamos loitando.
15/02/2018



Sigamos loitando.

Día Internacional contra o Cancro Infantil

04/02/2018

30/01/2018

⚠ AVISO ⚠
Está previsto que o SERGAS publique MAÑÁ día 31 de Xaneiro no DOG a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, así como os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listaxes de selección temporal nas categorías de:
-Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía.
-Técnico/a Superior en Dietética e Nutrición.
-Técnico/a Superior en Documentación Sanitaria.
-Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental.
-Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico.
-Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico.
-Técnico/a Superior en Radioterapia.
-Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría.
-Técnico/a en Farmacia.

Como sempre, tamén poderán consultarse na páxina do SERGAS, no apartado "Profesionais".

28/01/2018

É tan necesario atallar as enfermidades mentais como calquera outra. Desestigmatizar. Romper cos medos e poñer medios. A lacra das sociedades modernas. Falemos da .

Address


15185

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when APROSACE posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Practice

Send a message to APROSACE:

  • Want your practice to be the top-listed Clinic?

Share

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram