Chantada quere sanidade

Chantada quere sanidade Porque no rural seremos menos, mais timos os mesmos direitos.

Balance 2025 da ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA1.- Mantense a política de abandono, deterioración e...
31/12/2025

Balance 2025 da ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

1.- Mantense a política de abandono, deterioración e desmantelamento do Sistema Asistencial: medraron as barreiras de acceso da poboación á atención sanitaria pública, facilitando a penetración das multinacionais e a contratación de seguros sanitarios privados (xa superan 20% da poboación).

- Atención Primaria: peche de cetros de saúde rurais; peche de consultas de medicina familiar e pediatría (Catoira, Vigo, Condado-Paradanta...) e PACs (Moaña); tempos de espera de máis dunha semana; falta de persoal médico, enfermaría, saúde mental, fisioterapia, etc. O modelo de Centros de Saúde continúa instalado na obsolescencia e a ineficiencia (abandono do Modelo de Saúde Comunitario).

- Atención Hospitalaria: avanza a privatización e a derivación de pacientes a Centros Hospitalarios Concertados e Non Concertados (Quirón Saúde, POVISA - Ribera Salud, HM (Hospitais de Madrid), Grupo Recolectos,... que viven do orzamento público incluídos os non Concertados, cun negocio que provén de fondos públicos. Os Hospitais Públicos só funcionan media xornada (ao contrario dos privados) en mans de xestores designados pola súa vinculación política ao PP, ou se promove e facilita a dobre dedicación do persoal médico ao sistema público e privado (co abandono da exclusividade). Mención especial para o Concerto Singular con Povisa, que supón un incremento de 16% a pesar de atender 8.000 persoas menos en detrimento do Hospital Cunqueiro. Galicia é a segunda Comunidade na privatización hospitalaria, xa que deriva a centros privados o 46% das estancias ou o 51% dás cirurxías maiores.

2.- As listaxes de agarda hospitalarias seguen sendo falsificadas e maquilladas (non inclúen 30% dos enfermos pendentes de intervención cirúrxica) e, a pesar diso, seguen medrando e serven de cortada ao SERGAS para derivar a milleiros de pacientes a centros privados.

3.- Continua o desmantelamento do Programa da Saúde da Muller: continuan as dificultades para acceder á Interrupción Voluntaria do Embarazo en centros públicos; desmantélanse e precarizan os recursos para a asistencia ao parto (como no Hospital de Ourense).

4.- Mantense un orzamento sanitario insuficiente e mal distribuído (especialmente o de Atención Primaria, Saúde Mental, Saúde Pública, Investigación e Formación do persoal). Non existe a incentivación para postos de difícil cobertura.

5.- Continua a marxinación da Asistencia Sociosanitaria e de Atención á Dependencia: os tempos de espera son uns dos maiores do Estado; continua a privatización das Residencia de Maiores a pesar de que ofertan peores condicións e unha maior taxa de mortalidade que as públicas; non existe coordinación co Sistema Asistencial.

6.- Son absolutamente insuficientes as ofertas de prazas de formación postgraduada do persoal (a chamada vía MIR) para o persoal médico de Atención Primaria, Enfermaría, Farmacia, Fisioterapia, Psicoloxía Clínica, etc. Continúa sendo insuficiente para cubrir as necesidades do sistema e nin sequera se cubren as prazas ofertadas.

7.- Crece o malestar profesional, especialmente en Atención Primaria, dada a continuidade da política de persoal da Consellaría de Sanidade, que culminou coa convocatoria de Folga Xeral por todos os sindicatos.

8.- O SERGAS búrlase das organizacións profesionais que negocian desde fai máis de seis anos un Novo Modelo de Atención Primaria no Consello Técnico da AP de Galicia.

9.- Milleiros de persoas mostraron o seu rexeitamento á política sanitaria da Xunta de Galicia lideradas por SOS Sanidade Pública: as protestas estendéronse pola maioría das Áreas Sanitarias con grandes mobilizacións en cidades e vilas como Santiago, Vigo, Barco de Valdeorras, Viveiro e a Mariña Lucense, mentres que numerosos Concellos manteñen mobilizacións semanais, como en Moaña, Catoira, Cangas, Condado-Paradanta.

Desde Chantada quere sanidade subliñamos as mobilizaciós que se produciron e producirán en Chantada, así como o desmantelamento do centro de saúde, onde non se cubren baixas, permisos e vacaciós do persoal sanitario. Do mesmo xeito, a xestión e situación do hospital comarcal de Monforte tamén é crítica e faltan numerosas especialidades compromentendo a calidade asistencia e o direito á sanidade dos habitantes do sur da provincia de Lugo, que, no caso de Chantada e Courel, carecen tamén aínda do servizo HADO.

Hoxe volvemos saír á rúa a concentrarnos pola sanidade pública, polo noso centro de saúde e polo hospital comarcal. Chan...
19/12/2025

Hoxe volvemos saír á rúa a concentrarnos pola sanidade pública, polo noso centro de saúde e polo hospital comarcal. Chantada non pode estar con 2 médicos para máis de 8000 pacientes e cunha elevada media de idade. Hai que loitar polo esencial, que é a nosa saúde.

Convocaremos unha asemblea e máis mobilizaciós e manifestaciós ata que se nos escoite porque CHANTADA QUERE SANIDADE❗️

16/12/2025

A plataforma veciñal Chantada quere Sanidade convoca a concentración do venres, 19 de decembro, ás 12:30h, diante do Centro de Saúde de Chantada “ante a situación límite no Centro de Saúde de Chantada que están sufrindo profesionais e usuarios”. Aseguran que será a primeira medida doutr...

Agardámosvos a toda a veciñanza. Mobilicémonos para termos unha sanidade  que funcione.
15/12/2025

Agardámosvos a toda a veciñanza. Mobilicémonos para termos unha sanidade que funcione.

15/12/2025

Un informe do Ministerio de Sanidade sinala que fondos públicos pagan o 46% das estancias ou o 51% das cirurxías maiores ambulatorias dos hospitais privados galegos, sen contar os concertados de Povisa en Vigo e Centro Oncolóxico de Galicia na Coruña

14/12/2025

A plataforma veciñal CHANTADA QUERE SANIDADE, ante a situación límite no Centro de Saúde de Chantada que están sufrindo profesionais e usuarios, convoca unha

09/12/2025

As organizacións convocantes do paro para reclamar un Estatuto Marco propio para os facultativos cualifican de "masivo" o apoio. 

O modelo ultraliberal e privatizador que defende a Xunta é letal.
03/12/2025

O modelo ultraliberal e privatizador que defende a Xunta é letal.

El País revela unha gravación do director executivo (CEO) da empresa que mercou Povisa, Polusa e Juan Cardona na que pide a mandos do grupo e do hospital de Torrejón rexeitar atencións pouco rendibles: "Facemos actividade que nos prexudica"

📢 COLAPSO NA SANIDADE DE CHANTADAO Centro de Saúde funciona estes días con só 2 médicos para atender a case 8.000 persoa...
01/12/2025

📢 COLAPSO NA SANIDADE DE CHANTADA
O Centro de Saúde funciona estes días con só 2 médicos para atender a case 8.000 persoas.
⏳ Agardas de ata 20 días para unha cita.
🏥 Sen cobertura de baixas nin vacacións.
🚫 Profesionais alleos que veñen días soltos e non fan domicilios.
❄️ No inverno, con máis xente doente.

A situación é insostíbel: usuarios desatendidos, traballadores desbordados e un centro ao bordo do colapso.

Desde CHANTADA QUERE SANIDADE esiximos solucións inmediatas.
Coas vidas non se xoga. A Sanidade Pública hai que defendela.

O centro de saúde de Chantada funciona estes días cunha dotación de só dous médicos para atender máis de 8.000 veciños e veciñas, unha situación que a plataforma Chantada Quere Sanidade cualifica de "colapso inminente". Os tempos de espera , a ausencia de substitucións e a imposibilidade d...

🏥 Hoxe ás 11:00 persoal do centro e algúns pacientes volvéronse concentrar. O 26 de novembro xornada de folga, debendo t...
20/11/2025

🏥 Hoxe ás 11:00 persoal do centro e algúns pacientes volvéronse concentrar. O 26 de novembro xornada de folga, debendo ter continuidade as acciós se o Sergas e a Xunta non comezan a dar soluciós aos problemas da nosa sanidade.

Onte, hoxe e mañá concentraciós ás 11 horas no centro de saúde como paso previo á xornada de folga do día 26 en Santiago...
19/11/2025

Onte, hoxe e mañá concentraciós ás 11 horas no centro de saúde como paso previo á xornada de folga do día 26 en Santiago de Compostela.

O persoal sanitario (enfermaría, administrativos, medicina) protesta pola saturación, mala xestión e continuados recortes. A Xunta non escoita e non dá soliciós.

Apoiemos a concentración e loitemos por mellorar a sanidade.

16/11/2025

Dirección

Chantada
27500

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Chantada quere sanidade publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram

Categoría