02/02/2025
🔝Bo día! hoxe queremos compartir con vós que a vindeira actividade especial, correspondente ó mes de xullo, será o Obradoiro de Introdución á Alimentación complementaria e BLW 🥦🥕🍲👶🏻👶🏾
É xa un clásico entre os nosos obradoiros, que sempre resulta exitoso. Será impartido por Emma Enríquez, licenciada en Farmacia e diplomada en Dietética e Nutrición humana, membro do grupo de especialización de nutrición pediátrica da Academia Española de Nutrición e Dietética, que nos falará de como introducir os sólidos con seguridade dende o primeiro día, de xeito que as nosas crianzas aprendan a autorregularse, e sintan independencia, agrado e confianza á hora de xantar.
Será o sábado 8 de febreiro ás 11h. no Centro Social Virginia Blanco, no Concello de Culleredo.
Non volo perdades! Hai un antes e un despois de escoitar a Emma cando comezamos esta etapa da crianza 🍽️😍
🫶Nesta ocasión as prazas do obradoiro son EXCLUSIVAMENTE PARA SOCIAS/OS, e o prazo de inscrición estará aberto dende hoxe até o mércores 5.
🙌🏽Facerse SOCIA de Alma son soamente 20 euros ó ano. Pode facelo calquera que queira ter un vínculo coa asociación (nais, parellas, amigas, avós, avóas, antigas usuarias...).
💜Ademáis de axudarnos a seguir coas nosas actividades regulares, con esos cartos colaboras para que sigamos podendo ofrecer este tipo de obradoiros DE BALDE.
🫂É un xeito de soporte para a nosa asociación, na que traballamos de maneira VOLUNTARIA.
📝Máis info sobre como asociarse en almalactancia.org