Asociación GDR Seitura22

Asociación GDR Seitura22 A Asociación Seitura 22 constitúese o 29 de Marzo de 2016, como Grupo de Desenvolvemento Rural coa

Un ano máis foi un placer poder seguir compartindo experiencias no marco do programa  .  compañer@s cántabros do GDR Val...
23/04/2026

Un ano máis foi un placer poder seguir compartindo experiencias no marco do programa .
compañer@s cántabros do GDR Valles Pasiegos fixeron un programa estupendo, gracias pola organización e a e polo apoio.

Preséntanse solicitudes por valor de case 9M de €, nunha convocatoria que rexistrou unha alta participación.😃
20/04/2026

Preséntanse solicitudes por valor de case 9M de €, nunha convocatoria que rexistrou unha alta participación.😃

Luns, 20 de abril de 2026 Rematou o prazo de solicitude das axudas LEADER cunha alta participación e un forte impulso ao desenvolvemento rural. O prazo de presentación de solicitudes para as axudas LEADER correspondentes á convocatoria 2026 rematou cun balance moi positivo, destacando a implicaci...

16/04/2026

Desde Seitura 22 sumámonos a campaña e incorporaremos os materiais da mesma ao proxecto de cooperación Leader . 😃🍏🍓🍐🥝

PARTICIPA NAS ENQUISAS LEADER!No marco das actividades do Plan de avaliación do Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC...
15/04/2026

PARTICIPA NAS ENQUISAS LEADER!
No marco das actividades do Plan de avaliación do Plan Estratéxico da PAC de España (PEPAC), está a desenvolverse unha avaliación sobre a metodoloxía LEADER e o seu valor engadido no desenvolvemento rural.
As enquisas son sinxelas de cubrir, están compostas por preguntas con respostas pechadas e accédese a elas a través do seguinte enlace:

EUSurvey is an online survey-management system built for the creation and publishing of globally accessible forms, such as user satisfaction surveys and public consultations.

Moitas grazas 🙏 a todas as persoas que nos acompañastes a tarde do venres no faladoiro sobre as axudas LEADER no Centro ...
01/04/2026

Moitas grazas 🙏 a todas as persoas que nos acompañastes a tarde do venres no faladoiro sobre as axudas LEADER no Centro Sociocomunitario do Barqueiro-Mañón📍

Foi unha xornada moi enriquecedora 🌱 na que poidemos compartir ideas, resolver dúbidas ❓ e coñecer de primeira man futuros proxectos no noso territorio.

Grazas tamén a Sara, Lara e Lucía polas súas achegas e por compartir as súas experiencias 🗣️ coas axudas, que resultaron moi inspiradoras 🌟 e de gran valor para todas as persoas asistentes 🙌.

Seguimos traballando xuntas e xuntos para impulsar un rural con máis oportunidade

31/03/2026

Aquí temos a Arancha , unha das nosas promotoras, que hoxe comparte a súa historia coas axudas LEADER💡.
Detrás deste proxecto hai máis que unha idea: esforzo, constancia e a valentía de dar o paso. Como moitas persoas emprendedoras, Arancha comezou cunha ilusión e un obxectivo claro, pero tamén con dúbidas❓e retos no camiño.
A través das axudas LEADER, tivemos a oportunidade de acompañala nese proceso, apoiando o desenvolvemento do seu proxecto e axudando a que puidese facerse realidade🌱. Hoxe é ela mesma quen nos conta, en primeira persoa, como foi esa experiencia e que significou este impulso no seu percorrido💖.
Historias como a de Arancha reflicten o impacto real que ten apostar polo territorio, polas persoas 👥 e polas iniciativas que xeran vida e oportunidades.

🚨ÚLTIMA SEMANA!🚨Se tes un proxecto en mente, este é o momento! ⏳Non deixes pasar a oportunidade de acceder ás axudas LEA...
30/03/2026

🚨ÚLTIMA SEMANA!🚨
Se tes un proxecto en mente, este é o momento! ⏳
Non deixes pasar a oportunidade de acceder ás axudas LEADER para impulsar iniciativas no territorio.
💶1.043.698,26 € destinados a proxectos en Eume, Ferrolterra, Ortegal, Miño e Vilarmaior.
📅Prazo aberto ata o 6 de abril
Apóia o desenvolvemento rural, crea oportunidades e fai medrar a túa idea 💡🌱

A convocatoria das axudas LEADER 2026 continúa aberta🌱Se tes un proxecto en mente e queres impulsalo no rural, convidámo...
23/03/2026

A convocatoria das axudas LEADER 2026 continúa aberta🌱

Se tes un proxecto en mente e queres impulsalo no rural, convidámoste a asistir a esta charla informativa onde explicaremos as oportunidades dispoñibles e resolveremos dúbidas

📅 26 de marzo
⏰ 11:00 h
📍 Aula Cemit de Ortigueira

Dirixido a persoas físicas, empresas e entidades sen ánimo de lucro

Agardámoste!

Hoxe celebramos en Narón unha xornada informativa sobre as axudas LEADER e só podemos dicir… grazas! 🙌✨Grazas a todas as...
17/03/2026

Hoxe celebramos en Narón unha xornada informativa sobre as axudas LEADER e só podemos dicir… grazas! 🙌✨

Grazas a todas as persoas que vos achegastes polo interese, pola participación e por todas as preguntas que fixeron da xornada un espazo dinámico e enriquecedor 💬🤝

Foi unha mañá para compartir ideas, resolver dúbidas❓ e, sobre todo, para seguir impulsando novas oportunidades no rural 🌱🚜

Un pracer contar coa participación de Juan Carlos Platas, que compartiu a súa experiencia e visión, achegando un exemplo real moi inspirador.

Tamén queremos agradecer a colaboración de COFER - Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal e do Concello de Narón por facer posible este encontro 🙏🏛️

12/03/2026

🎉🌱💡💪🌍🤝 O vindeiro martes, 17 de marzo, ás 9:30 h, o Café Teatro do Pazo da Cultura acollerá unha charla informativa sobre a nova convocatoria de axudas do programa Leader. 🚀

Esta é unha boa oportunidade para aquelas persoas e empresas que desexan poñer en marcha, ampliar ou diversificar os seus proxectos. O obxectivo é fomentar o desenvolvemento rural e apoiar a economía local, para o cal haberá máis de un millón de euros en subvencións. 💶

A charla contará coa participación de Miguel Teixido, xerente de Asociación GDR Seitura22, quen nos explicará todos os detalles sobre os proxectos que poden recibir financiamento, os requisitos e o procedemento de solicitude. Ademais, Juan Carlos Platas, de Proyectos Soluciones Industriales Galicia SL, compartirá a súa experiencia como beneficiario destas axudas en convocatorias anteriores. 🗣️

Non perdas esta oportunidade de impulsar o teu proxecto! O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de abril. 📅

COFER - Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal

https://naron.gal/cat/gal/novas/get/6966

É unha boa nova que  os Concellos avancen en novos modelos enerxéticos, importante que podamos colaborar as diferentes i...
12/03/2026

É unha boa nova que os Concellos avancen en novos modelos enerxéticos, importante que podamos colaborar as diferentes iniciativas que xurden na comarca, a través do proxecto continuaremos ofrecendo apoio nese sentido.

🌿💡🏢🤝🔋🌍 🌱 Avanzamos cara a un modelo enerxético máis xusto e sostible poñendo a disposición da veciñanza a Oficina de Transformación Comunitaria (OTC), un servizo municipal gratuíto para acompañar á cidadanía na transición enerxética.

A través da OTC podes:
⚡ Recibir asesoramento personalizado sobre o consumo eléctrico
💶 Informarte sobre axudas e subvencións públicas
🤝 Participar na creación de comunidades enerxéticas
📚 Asistir a formacións sobre aforro e eficiencia enerxética

📢 Ademais, convidámosvos a participar na próxima charla:
🗣️ Narón en comunidade: unha ferramenta para o aforro e a independencia enerxética
📅 Martes 17 de marzo
🕖 19:00 h
📌Pazo da Cultura
🎟️ Entrada libre ata completar aforo

📝 Tamén podes participar nunha enquisa cidadá para axudarnos a coñecer mellor as necesidades enerxéticas da veciñanza. Entre todas as persoas participantes sortearase un pack de 3 enchufes intelixentes para mellorar o control do consumo eléctrico nos fogares.

📍 Oficina de Transformación Comunitaria. Local Social da Solaina
🕘 Martes e mércores de 9:00 a 15:00 h
📞 677 737 321
✉️ otc@naron.gal
💡 Participa e forma parte dun Narón máis sostible, resiliente e cooperativo.

As actividades da Oficina de Transformación Comunitaria están cofinanciadas con fondos da Unión Europea – NextGenerationEU, dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

https://www.seitura22.gal/terralimenta-apoia-as-feiras-municipais/
10/03/2026

https://www.seitura22.gal/terralimenta-apoia-as-feiras-municipais/

Ferrol, 2 de marzo de 2026 Seitura 22 no marco do programa Terralimenta impulsado pola Fundación Daniel & Nina Carasso ven de poñer en marcha un programa de apoio á organización e celebración de feiras, concursos, exposición… que conten con produtores agroalimentarios do seu ámbito territor...

Dirección

Ferrol
15570

Teléfono

654364174

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación GDR Seitura22 publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Asociación GDR Seitura22:

Compartir