14/04/2026
Hoxe arranca a campaña do DÍA da NAI da .estrada👇
Porque mellor agasallo tamén pode vir con premio 🌸
Do 14 de abril ao 3 de maio, ACOE celebra o Día da Nai cun sorteo de 5 tarxetas de 50 € entre as compras realizadas nos comercios asociados.
Se fas unha compra superior a 10 €, só tes que:
📸 facer unha foto ao ticket
📲 enviala por WhatsApp ao 613 885 082
Por cada 10 € de compra conseguirás unha participación.
✨ Ademais, o 30 de abril celebrarase un taller de pintura en tea (40 prazas). Para participar hai que inscribirse no local de ACOE presentando un ticket dun comercio asociado.
Aproveita para atopar aquí o detalle perfecto para mamá 💛