Centro Move

Centro Move Cremos nunha visión da saúde integral: o movemento e a rehabilitación de patoloxías son a base do benestar.

Especialistas sanitarios e do deporte traballamos cos pacientes e usuarios do centro para lograr o seu nivel óptimo de saúde. Servicios en MOVE (adultos, nenos, mamás & bebés):
- Fisioterapia xeral, deportiva e perineal.
- Osteopatía e osteopatía pediátrica.
- PNI clínica (psiconeuroinmunoloxía).
- Adestramentos individuais e en grupo para adultos, adolescentes, nenas e nenos.
- Readaptación física e recuperación de lesións.
- Adestramentos adaptados á patoloxía.
- Técnica de carreira.
- Preparación física de equipos federados e opositores.
- Valoración do estado de forma e charlas formativas.
- Ioga.
- Danza Barre.

Moitas veces pensamos que o adestramento é só "cousa de adultos", pero a ciencia dinos todo o contrario! 🏋️‍♂️✨A adolesc...
28/01/2026

Moitas veces pensamos que o adestramento é só "cousa de adultos", pero a ciencia dinos todo o contrario! 🏋️‍♂️✨

A adolescencia é a xanela de oportunidade perfecta para construír unha base sólida de saúde e de crear hábitos que durarán toda a vida.

En Move, acompañamos aos máis novos con adestramentos específicos onde a seguridade e a técnica son o primeiro. Queremos que aprendan a moverse ben mentres se divirten e superan os seus propios límites. 💪

Estás pensando en apuntar ao teu fillo ou filla? Tes algunha dúbida sobre o adestramento de forza nestas idades? Pregúntanos sen compromiso!

21/01/2026

Xaneiro é o mes dos propósitos…
pero tamén das présas, das lesións e de empezar forte sen escoitar o corpo.

En Centro Move apostamos por:
🔹 movemento adaptado
🔹 valoración individual
🔹 acompañamento profesional

Porque coidarte non vai de facer máis, senón de facer mellor.

Se este ano queres empezar a moverte con sentido, estamos aquí para axudarche a conseguilo.

19/01/2026

Desde finais de decembro, temos un novo espazo en fronte do noso centro habitual.

Máis sitio, máis comodidade e a mesma filosofía de sempre: adestramento con criterio e pensado para ti.

Centro Move segue medrando, e ti formas parte disto 🚀

Hoxe queremos presentarvos a Andrea, a nova incorporación ao equipo de Centro Move.Ela será a persoa encargada da admini...
15/01/2026

Hoxe queremos presentarvos a Andrea, a nova incorporación ao equipo de Centro Move.
Ela será a persoa encargada da administración, e desde xa está a traballar para que todo funcione da mellor maneira posible :)

Estamos moi contentos de contar con ela nesta etapa e seguros de que a súa incorporación vai sumar moito ao día a día do centro.

Benvida ao equipo, Andrea!

🤰🏻 Adestrar durante o embarazo aporta beneficios para a nai e o bebé. En Centro Move acompañámoste cun adestramento segu...
04/12/2025

🤰🏻 Adestrar durante o embarazo aporta beneficios para a nai e o bebé. En Centro Move acompañámoste cun adestramento seguro e adaptado a cada etapa.

Se queres máis información, contacta connosco:

+ info
☎️ 651 36 57 61
📍 Rúa Otero Pedrayo, nº8 - Lalín




02/12/2025

O movemento é clave para manter autonomía e calidade de vida.
Algúns compañeiros do grupo senior +70 de Centro Move comparten con nós a súa opinión.

🎁 En moitos casos foron os seus fillos/as quen lles regalaron as primeiras clases… e acabaron converténdose nun dos mellores agasallos. Agora que se achega o Nadal, pode ser tamén unha boa opción para coidar dos que máis queres. Pregunta en Move polos BONOS REGALO e agasalla saúde 😉 🎄


19/11/2025

Iván chegou a Move tras unha operación de ligamento cruzado anterior e menisco 🦵

En só 4 meses de traballo con fisioterapia, forza e sen medo, recuperou a confianza e está a piques de volver ao fútbol.

👉 Un proceso que require tempo, constancia e acompañamento.

💬 En Move, acompañámoste en cada fase da túa recuperación.

12/11/2025

A é una técnica que se utiliza para modular a dor e mellorar a función muscular, favorecendo unha máis precisa e eficaz.

Tamara Seijas é a especialista en Centro Move para poñer en marcha este tipo de .

Tes 10 minutos hoxe?Pois abonda para mellorar o teu humor, activar o teu cerebro e cargar enerxía real ⚡E se comezas a a...
05/11/2025

Tes 10 minutos hoxe?
Pois abonda para mellorar o teu humor, activar o teu cerebro e cargar enerxía real ⚡

E se comezas a adestrar de forma regular… aí si que o notarás de verdade.
Non busques tempo, créao. Móvete!

31/10/2025

Se estás recuperándote dunha lesión ou operación, a readaptación é o paso que che axuda a volver moverte con seguridade.

En Centro Move acompañámoste a recuperar forza, mobilidade e confianza co teu corpo, cun proceso personalizado e progresivo.

💪 O obxectivo: que volvas facer vida activa sen dor, e co control que necesitas.

23/10/2025

E hoxe tócalle a ela! 💪
Presentámosvos a Tamara, readaptadora e fisioterapeuta en Centro Move. ▶️ Preme no play e coñécea!

15/10/2025

En Centro Move apostamos por un adestramento que vai máis alá da forza física: é aprender a confiar, é facer equipo, é consolidar hábitos saudables desde a novos.

Porque adestrar lévate a sentirte ben 🫰🏼e, como non, a pasalo ben 🤙🏼

📲 Grupos de adolescentes:
- Luns, mércores e venres
- ⁠Sub 14 ás 16:00
- ⁠Sub 18 ás 16:45

Dirección

Rúa Otero Pedrayo Nº8
Lalín
36500

Horario de Apertura

Lunes 07:00 - 22:00
Martes 07:00 - 22:30
Miércoles 07:00 - 22:00
Jueves 07:00 - 22:30
Viernes 07:00 - 21:15
Sábado 09:00 - 12:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro Move publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Centro Move:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram