Fisioterapia Sandra Abad

Fisioterapia Sandra Abad "Encuentra el origen de la lesión, trátalo y deja que el organismo actúe"
Andrew Taylor Still (E

Centro de Fisioterapia Sandra Abad, nace despois de anos de traballo e formación coa ilusión de poder ofrecer tratamentos personalizados contando cun amplo número de técnicas diferentes . Os horarios son orientativos, non dubides en consultar por outro horario e pola dispoñibilidade de sesións a domicilio.

Este verán está sendo totalmente diferente para min. Cada día intento aprender a ser nai de dous e hai días que progreso...
12/08/2025

Este verán está sendo totalmente diferente para min. Cada día intento aprender a ser nai de dous e hai días que progreso e me sinto orgullosa, e outros días que retrocedo e me sinto incapaz. Nisto afecta moito a ausencia de descanso tamén.

Para moitos, teño un verán sabático, pero só escoito a quen me comprenda, e sabático non é a palabra axeitada.

Un negocio pechado non é fácil económicamente pero para min e a miña cabeza foi a única maneira de centrarme nos fillos.

Felices festas! Vémonos nos cochiños!

10/07/2025

Perdoade a desaparición, pero tiña claro que esta baixa ía ser así, desconexión laboral pra desfrutar da baixa de maternidade como se fose un asalariado máis, ainda que as características sexan na realidade ben diferentes, no aspecto económico nada podo facer pero no emocional, vivila ao 100 %.
Dende o día 1, Roque xa nos acompaña e me fai lembrar as noites maternando, pero o importante é que ambos estamos xenial.
Un abrazo, con cariño, Sandra.

Bo día! Hoxe fai 9 anos da inauguración do meu propio centro de fisioterapia!!! 🥳🥳Comparto con vós estas fotos do meu pa...
10/06/2025

Bo día! Hoxe fai 9 anos da inauguración do meu propio centro de fisioterapia!!! 🥳🥳

Comparto con vós estas fotos do meu paseo matutino, escapando da calor e recordando o vivido nestes anos.

Obras, nervios, inversión, risas, amigos, choros, ilusión, formacións, hipoteca, máis obras, voda, viaxes, pandemia, un fillo, cambios de horarios e rutinas, conciliación e agora unha clínica pechada pra chegada dun segundo fillo.

Moito vivido, sufrido, desfrutado e moita sorte para poder seguir elexindo o meu camiño ou por donde levar os meus pasos, na medida do posible.

Grazas por todo, seguimos sumando!

Feliz martes💚

Aviso publicado. O luns o teléfono pasará a estar apagado.Vémonos á volta🤞💙💚🧡
08/05/2025

Aviso publicado. O luns o teléfono pasará a estar apagado.

Vémonos á volta🤞💙💚🧡

E chegou o momento de parar, algo antes do que contaba, pero tiven un pequeno contratempo que me obliga a anular as cita...
08/05/2025

E chegou o momento de parar, algo antes do que contaba, pero tiven un pequeno contratempo que me obliga a anular as citas que quedaban e parar para coidarme. O bebé está ben, non vos preocupedes que xa tiven choiva de mensaxes.

Ata setembro/outubro non me incorporarei e a clínica estará pechada logo de non aparecer ningunha opción de contratación de persoal.

Semanas antes de incorporarme todxs recibiredes un aviso e nesta mesma rede anunciarei data de volta para organizar as citas dos que estedes interesados.

Mentras tanto o teléfono a partir do vindeiro luns, estará apagado e haberá un cartel na porta indicando o motivo da baixa.

Gracias por todo. Seguro que a máis de un vos botarei de menos e máis dun día desexarei estar na clínica e non na casa, pero quero e considero importante desfrutar o que se poida da baixa de maternidade e adaptarse á nosa nosa realidade na casa.

Un abrazo, Sandra.

En principio, salvo imprevistos, a clínica estará aberta ata o 16 de maio.En abril quedan 6 citas libres.Intentare ser p...
11/04/2025

En principio, salvo imprevistos, a clínica estará aberta ata o 16 de maio.

En abril quedan 6 citas libres.

Intentare ser previsores para buscar alternativas para os vosos tratamentos, eu á volta estarei encantada e agradecida de atender a quen decida voltar ás miñas mans.

O tempo voa, a vida corre, paremos e desfrutemos dos momentos realmente importantes.

08/04/2025

A vindeira semana a clínica estará aberta de luns a xoves( incluído).
Pechando o venres 19 e o luns 21 ( festivos)
De todos xeitos, salvo anulacións, non hai citas libres ata o día 23, podedes pedir cita e quedar á espera de algunha anulación.

Tras as citas médicas de hoxe, o máis probable é que en 4-5 semanas me vexa obrigada a coller a baixa.

Un saúdo

Sodes moitos os que estos días preguntades cando vou pechar, pero non é algo que só esté nas miñas mans.De momento atópo...
06/04/2025

Sodes moitos os que estos días preguntades cando vou pechar, pero non é algo que só esté nas miñas mans.
De momento atópome ben e salvo que os médicos determinen que debo parar por algún motivo, pois conto con poder traballar abril con normalidade e incluso pode que a primeira quincena de maio.

Despois o centro estará pechado aproximadamente ata setembro.

Poñerei data de apertura en canto o saiba, e 15 días antes comezarei ca organización da axenda.

Durante a baixa o teléfono estará APAGADO, emitirei unha mensaxe informativa para todos cando peche e outra 15 dias aproximadamente antes de abrir.

É difícil para unha autónoma pechar un negocio aínda que sexa de maneira temporal, xa que os gastos siguen correndo, pero teño claro que quero vivir este momento na casa e por desgraza moitas veces ás baixas chegan sen contar e por calqueira motivo, enfermidade, accidente... Nesta ocasión será unha baixa por maternidade, polo tanto por un bonito motivo.

Feliz domingo🧡💚💙

26/03/2025

O tempo ten un valor que só percibimos cando hai unha desgraza ou cando somos maiores e vemos o que non fixemos e os momentos que non puidemos desfrutar.

Últimamente hai un problema de dispoñibilidade de citas, un problema de tempo, na contorna, non só no meu centro, facemos o que podemos pero debemos ter respeto e comprensión, ademais toda persoa dispón da liberdade de acudir a outro centro se consigue maior rapidez na cita, pero as faltas de respeto, como unha que vivín onte, non as permito.

Ao mesmo tempo vou tomar máis medidas cas citas que non se anulan en tempo ou coa xente que constantemente me fai perder o tempo, deixando esa xente sen citas e ofrecendo que cambien de centro de fisioterapia para poder atender xente que si é responsable e necesita a miña axuda.

Sabedes tamén que estou nun contrareloxo para unha baixa, asique ide organizando consultas que son rutinarias con tempo e valorando as alternativas para o vindeiro verán.

Feliz mércores 💚

24/03/2025

Reflexións de luns improductivos...

Hoxe pola mañá comecei o traballo tarde, ás 12 por unha cita do hospital, ata ahí, todo normal.

Pero o problema é outro, pois perdín 2horas de traballo por anulacións de última hora ou pouco organizadas, imos decir.
Esta semana non teño citas libres, e todos temos urxencias, pero que solución debe ter este problema? Porque a rabia que dá ter xente agardando por un oco e que che quede unha cita libre... É grande, xenera frustración e estrés, ou polo menos a min sucédeme iso.

Fai xa 5 anos o día anterior invirto uns minutos do meu tempo e mando recordatorio das citas a todos os pacientes e con esta medida comecei a perder menos citas que antes, pero en total en marzo xa perdín 4.

En fin... Que teñades bo día, o meu xa vai medio atravesado! Un saúdo

Como moito sabedes, estos días a clínica estivo pechada porque tiñamos motivos médicos polo medio.Breogán que é un furac...
23/02/2025

Como moito sabedes, estos días a clínica estivo pechada porque tiñamos motivos médicos polo medio.
Breogán que é un furacán está sendo un campeón e mellorando moi rápido, ainda que precisa uns días máis de reposo, queda en boas mans e mañá eu volvo retomar a axenda, iso si, está bastante colapsada, pido paciencia e comprensión.
Un saúdo

Novo recepcionista 😉Como moitos xa sabedes estas semanas están sendo un pouquiño máis liadas en canto a conciliar vida f...
11/02/2025

Novo recepcionista 😉

Como moitos xa sabedes estas semanas están sendo un pouquiño máis liadas en canto a conciliar vida familiar e laboral, a semana que vén teremos unha pequena intervención do pequeno, asique, salvo novidades, o 19, 20 e 21 a clínica estará pechada e esperemos encamiñar a situación e voltar ás rutinas.

Dirección

Ronda Pontevedra, 46
Mellid
15800

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fisioterapia Sandra Abad publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Fisioterapia Sandra Abad:

Compartir


Otros clínicas en Mellid

Mostrar Todas