17/03/2026
O Alcalde anuncia a contratación dos servizos de telefonía e internet do Concello de Monforte.
O obxectivo do contrato é modernizar a rede de comunicacións, dotando ao Concello dunha rede virtual corporativa que integre telefonía fixa, móbil, datos e internet.
A duración do contrato é de 4 anos e 1 adicional de prórroga, e o importe base da licitación ascende a 60.379€ anuais, cun custe estimado para un máximo de 5 anos de de 301.895€ con ive.
👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-anuncia-contratacion-servizos-telefonia-internet-concello