27/01/2026
Ser nai é vivir moitas primeiras veces… tamén moitos pequenos sustos.
📅 28/01/26 Alicia García Cabezón de coa Conferencia: "Primeiros auxilios na infancia"
📅 Mércores 28 de xaneiro
🕔 17:00–19:00
📍Local Social do Alto do Castiñeiro
Rúa Manoel Antonio, 9
🔊🔊🔊🔊🔊Coincidindo coa Reunión de Lactación desta semana
Situacións cotiás que, sen previo aviso, poden converterse en momentos de tensión: unha febre pola noite, un atrago coa comida, un golpe xogando. Momentos nos que a nosa resposta emocional inflúe directamente no benestar da crianza.
En BBTTA cremos que formarnos é unha maneira de acompañar mellor. De pasar da incerteza á seguridade, do estrés á calma. Non para controlalo todo, senón para saber como actuar cando algo sucede.
Esta charla é unha oportunidade para informarse, preguntar e adquirir coñecementos que nos acompañarán durante moito tempo.
Un espazo para aprender, compartir e sentirnos máis preparadas.
Inscricións abertas no correo:
bbttarrss@gmail.com
Prazas limitadas.
Non deixes de asistir