13/03/2026
Hoxe tivemos o pracer de recibir novamente a Fernando, da Garda Civil 🚓, que nos ofreceu unha charla dentro do Plan Maior Seguridade. Durante a sesión falounos sobre como mellorar a nosa seguridade e como previr posibles situacións de risco no día a día.
Queremos agradecerlle a súa visita, a súa cercanía e o tempo dedicado a compartir con nós información tan útil para axudarnos a estar máis seguros e informados. Moitas grazas Fernando. ❤️