Andaina Pro Saúde Mental

Andaina Pro Saúde Mental Asociación sen ánimo de lucro adicada á atención e apoio no ámbito rural de persoas con problemas de saúde mental e ao seu entorno familiar.

ANDAINA é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no 2010 ante a necesidade de cubrir o baleiro existente na atención profesional ás persoas con trastornos mentais. O noso ámbito de actuación abrangue as áreas sanitarias rurais de Santiago de Compostela. Os nosos principios son:
“A persoa como eixe”.
“A inserción social e laboral”. O principal obxectivo é a mellora da asistencia e calidade de vida das persoas que padecen trastornos mentais e a dos seus familiares e amigos/as. Recuperar a integración social e laboral, mediante a creación de emprego adaptado, a defensa dos intereses e dereitos das persoas con trastornos mentais, a preservación do medio ambiente e a estimulación creativa e cognitiva mediante talleres de diversa índole, son algunhas das actividades que desenvolvemos cos nosos usuarios.

O noso programa de Información e Asesoramento ℹ️🗣 ten como principal finalidade ofrecer información, orientación e aseso...
15/12/2025

O noso programa de Información e Asesoramento ℹ️🗣 ten como principal finalidade ofrecer información, orientación e asesoramento personalizado a persoas con problemas de saúde mental, ás súas familias e achegados/as, a profesionais da contorna e á sociedade en xeral para a prevención e apoio en materia de saúde mental. 👥

👉O acceso a recursos e a dispersión demógrafica presente nas zonas rurais fan que sexa clave achegarnos á poboación e profesionais do eido sociosanitario para ofrecer os nosos servizos e así, contribuír á mellora da situación das persoas con problemas de saúde mental.

ℹTes algunha dúbida? Precisas asesoramento? Contáctanos!

📞CRPL DODRO: 981 802 078
📞CRPL ORDES: 981 076 405
📧 andainapsm@andainapsm.org

O programa de intervención familiar ten como finalidade contribuír ao incremento da corresponsabilidade na realización d...
10/12/2025

O programa de intervención familiar ten como finalidade contribuír ao incremento da corresponsabilidade na realización de actividades básicas e instrumentais no ámbito familiar 🏠 das persoas con Trastorno Mental Crónico.

👉Lévanse a cabo sesións de intervención familiar 👥co fin de abordar a adquisición ou delegación de tarefas e responsabilidades no núcleo familiar para a procura de dinámicas equilibradas en base á corresponsabilidade e aas súas necesidades. É preciso implicar a toda a familia no intercambio de funcións, tentando acadar un maior axuste nos roles que desempeñan.

👉A través deste programa, a cargo da liña (FOAXE-P/2025) de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais no ano 2025, esta sendo posible apoiar a máis de 20 familias 💚

Andaina PSM presentará o seu recetario solidario 🥦🍅🍽️ na Biblioteca de Ordes o vindeiro 17 de decembro. Achégate a coñec...
09/12/2025

Andaina PSM presentará o seu recetario solidario 🥦🍅🍽️ na Biblioteca de Ordes o vindeiro 17 de decembro.

Achégate a coñecer a unha entidade cunha traxectoria de 15 anos apoiando á saúde mental no rural💪, e colabora engadindo un produto solidario nos teus agasallos de Nadal ! 🎁🎄💚

O noso programa “De Preto” diríxese a persoas maiores de idade con problemas de saúde mental crónicos que atopan dificul...
08/12/2025

O noso programa “De Preto” diríxese a persoas maiores de idade con problemas de saúde mental crónicos que atopan dificultades para desenvolver unha vida autónoma no ámbito persoal, social, educativo, laboral ou comunitario.👥

👉Ofrecemos atención psicoeducativa no domicilio 🏠 e contorna próxima da persoa dende un enfoque que promove a autonomía e a dignidade, a través de intervencións centradas na persoa e a coordinación continuada coas redes comunitarias e as Unidades de Saúde Mental de referencia.

👉🏻Onte,  no Día Internacional das Persoas con Discapacidade, desprazámonos ao CEIP Campomaior, compartimos historias cxs...
04/12/2025

👉🏻Onte, no Día Internacional das Persoas con Discapacidade, desprazámonos ao CEIP Campomaior, compartimos historias cxs pequenxs e colaboramos na creación de adornos e postais de Nadal para todos os gustos!

✔️Experiencias moi enriquecedoras e necesarias para acadar unha sociedade máis inclusiva!

04/12/2025
👉Este luns recibimos ao alumnado do Mestrado de Psicoloxía  Social da USC. Agradecidas coa visita e apostando sempre pol...
03/12/2025

👉Este luns recibimos ao alumnado do Mestrado de Psicoloxía Social da USC. Agradecidas coa visita e apostando sempre polo traballo en rede: profesionais, estudantado e participantes👥 sumando miradas para mellorar o acompañamento en saúde mental. 💚

Unha mañá diferente, na que compartimos historias, inquietudes e aprendizaxes… e reforzamos unha idea: detrás de cada diagnóstico hai unha persoa, e dende aí traballamos!💪

‼️OFERTA DE EMPREGO para o CRPL de ORDES no marco programas de Cooperación da Xunta de Galicia
05/11/2025

‼️OFERTA DE EMPREGO para o CRPL de ORDES no marco programas de Cooperación da Xunta de Galicia

‼️OFERTA DE EMPREGO no marco programas de Cooperación da Xunta de Galicia
03/11/2025

‼️OFERTA DE EMPREGO no marco programas de Cooperación da Xunta de Galicia

03/11/2025

🍲 Xa está aquí o recetario solidario de Andaina Pro Saúde Mental! Un libro moi especial que recolle as receitas elaboradas polas persoas participantes no noso taller de cociña e hábitos saudables 💚

Unha proposta polos nosos 15 anos de camiño feita con agarimo, que combina sabor, creatividade e compromiso coa saúde mental.

A partir deste mes de novembro poderás atopalo na nosa entidade ou en diferentes establecementos colaboradores da zona 🎁 Perfecto para agasallar este Nadal e colaborar co noso proxecto!

✨ Coidar a saúde mental tamén pode empezar na cociña.

👥Autoría:
Persoas participantes en Andaina Pro Saúde Mental

📝Edición, deseño e maquetación:
Voluntariado de Andaina PSM
Departamento de Comunicación de Andaina PSM

💚 En Andaina Pro Saúde Mental cremos na colaboración do voluntariado como motor de cambio e apoio comunitario. 👉 O noso ...
28/10/2025

💚 En Andaina Pro Saúde Mental cremos na colaboración do voluntariado como motor de cambio e apoio comunitario.

👉 O noso programa de voluntariado fai posible que moitas persoas se impliquen acompañando, compartindo tempo e experiencias e contribuíndo á mellora da saúde mental dende a proximidade.👥

Se cres que a saúde mental tamén se coida en comunidade... Súmate!💪

ℹ️ Programa financiado a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do imposto de sociedades 2025,

Hai xa unhas semanas da nosa xornada de convivencia con Cruz Vermella Ordes.👉Foi unha mañá compartida coas persoas parti...
12/08/2025

Hai xa unhas semanas da nosa xornada de convivencia con Cruz Vermella Ordes.

👉Foi unha mañá compartida coas persoas participantes de diferentes actividades da entidade como o grupo de memoria así como de achega ao funcionamento de programas e servizos de atención á soidade non desexada 👥

👉Así mesmo, dende Andaina PSM puidemos compartir como é o noso día a día e a oferta de apoios cos que contamos! 💚

Accións cun importante impacto para establecer nexos e seguir creando comunidade!💪

Dirección

Rúa Emilia Pardo Bazán Nº14
Ordes
15680

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Andaina Pro Saúde Mental publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram