Sergas Ourense

Sergas Ourense Canle de Comunicación da Área Sanitaria do de , e Servizo Galego de Saúde Ourense

Os corredores de Oncoloxía Radioterápica, do 🏥 Hospital Universitario de Ourense, son agora un espazo cheo de imaxes 🌳✍️...
18/05/2026

Os corredores de Oncoloxía Radioterápica, do 🏥 Hospital Universitario de Ourense, son agora un espazo cheo de imaxes 🌳✍️ poesía e luz 🌸grazas ao alumnado da Escola de Arte Antonio Failde ✨

Os longos pasillos que conducen aos aceleradores lineáis ☢️ son percorridos, todos os días, por centos de pacientes que acoden a unha das súas ⚡️sesións de radioterapia, como tratamiento do seu proceso oncolóxico, durante semanas, algunhas veces meses, ata máis de 28.000 traxectos 🚶🚶‍♀️ao ano. Agora, ese camiño, cheo de incertezas, medo e esperanzas 🍀faise un pouco máis amable e acolledor. Grazas!

👩‍⚕️📚 A  Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras segue atraendo novo talento e vocación. Nas dúas primeiras semana...
18/05/2026

👩‍⚕️📚 A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras segue atraendo novo talento e vocación.

Nas dúas primeiras semanas de asignación, xa son 21 os futuros MIR que escolleron o Hospital Universitario de Ourense para formarse.

🏥 Algúns elixiron a primera praza da súa especialidade en Galicia, outros optaron por unha só ao alcance das primeiras notas, outros pola que sempre desexaron e todos destacan a experiencia vivida durante as prácticas, o valor dun hospital moi de preto das persoas e dos equipos. Son historias de vocación, de logros e ilusións, que traen nova enerxía e futuro a sanidade pública de Ourense
💙
🔗 https://www.laregion.es/ourense/mires-eligen-ourense-medicos-chuo_1_20260517-4278572.html

Catro décadas de compromiso coa sanidade pública ourensá, coa innovación cirúrxica e coa formación de novas xeracións de...
17/05/2026

Catro décadas de compromiso coa sanidade pública ourensá, coa innovación cirúrxica e coa formación de novas xeracións de profesionais 👏🏥

O doutor Pedro Trillo, coordinador da Unidade de Cirurxía Endocrina Cervical do Hospital Universitario de Ourense, estase preparando para decir adeus, despois de toda unha vida profesional ligada a sanidade ourensá.

📲 Podes ler a entrevista completa aquí: https://www.laregion.es/ourense/pedro-trillo-coordinador-unidad-cirugia_1_20260515-4276703.html

A lingua é espazo de encontro, memoria e identidade. O galego é a nosa maneira de entender o mundo, de coidar, de nomear...
17/05/2026

A lingua é espazo de encontro, memoria e identidade. O galego é a nosa maneira de entender o mundo, de coidar, de nomear o que nos asusta e o que nos emociona e de transmitir coñecemento, historia e cultura entre xeracións. Feliz Día das Letras 💙

14/05/2026

Na Hospital Universitario de Ourense celebramos o Día do Neno Hospitalizado. 👧🏻🧒🏼

Unha xornada para todos os nosos pequenos pacientes e para agradecer aos que día a día fan do hospital un lugar máis seguro 🤲e cálido para eles.

12/05/2026

Parabéns compañeiras! Hoxe celebramos o Día Mundial da Enfermería recoñecendo o compromiso, a vocación e o liderado dunha profesión esencial nos coidados e na saúde da sociedade.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras conmemórao coa XV edición das 🎙️📚🔬🔵 Xornadas de Enfermería, as máis veteranas de Galicia, nunha semana chea de formación, innovación, investigación e intercambio profesional.

11/05/2026

💚 A enfermería da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras celebra a súa semana grande coa XV edición das Xornadas de Enfermería, as máis veteranas de Galicia.

📚 Obradoiros, formación, investigación, innovación e intercambio profesional nos tres hospitais públicos da provincia que culminarán mañá, 12 de maio, Día Mundial da Enfermería, cunha gran xornada no Auditorio Municipal de Ourense.

👩‍⚕️👨‍⚕️ Unha semana para visibilizar o liderado, a vocación e o papel esencial da enfermería nos coidados, a humanización e a saúde da sociedade.

A 7ª Andaina Solidaria a favor da Fundación Andrea xa ten aberta a inscrición 💚📅 Será o sábado 23 de maio en Taboadela, ...
08/05/2026

A 7ª Andaina Solidaria a favor da Fundación Andrea xa ten aberta a inscrición 💚

📅 Será o sábado 23 de maio en Taboadela, cun percorrido circular de 10 km e saída ás 10.30 horas desde o local social da Rabeda.

A iniciativa conta coa colaboración dos servizos de Pediatría e Humanización da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, e toda a recadación das inscricións destinarase integramente á Fundación Andrea, que apoia a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, e ás súas familias.

🚶‍♀️ Inscrición: 10 €
🗓 Prazo: ata o 21 de maio
🏦 Conta La Caixa: ES64 2100 4876 032200044308
✍️ No ingreso é imprescindible indicar nome, apelidos, DNI e o concepto “ASOU”.

🤝 Tamén podes colaborar co dorsal 0 se non podes asistir, realizando a achega na mesma conta e indicando ese concepto.

07/05/2026

A nova 🎓promoción de enfermería da Escola Universitaria de Ourense escolleu dous padriños moi especiais, Jose Luis Blanco e Beatriz Quintairos. Para todos nos Josiño e Bea.

Eles os acompañaron no seu día a día nunha 📚etapa tan importante das súas vidas, como a cotío o fan co resto de profesionais, pacientes e familias, desde ese espazo imprescindible da vida no hospital: A cafetería ☕️, un lugar onde coller aire, compartir un café, facer unha pausa 🍕 procurar unha palabra amable nun día difícil, ou agardar 🙂un sorriso. E neso eles Josiño e Bea teñen máster, non hai cansazo, chuvia, nin mal día que nos deixen sen ese regalo. Grazas chicos 🙏

Grazas alumnos e alumnas da XIII promoción de Grao en Enfermería de Ourense, porque alguén tiña que decilo e vos o berrades. Parabéns Jose! Parabéns Bea! 💙☕👏

06/05/2026

Despedimos con orgullo ás 17 enfermeiras e enfermeiros residentes que remataron a súa formación 🎓como especialistas na nosa Área Sanitaria.

Foron anos de 📚aprendizaxe, esforzo, coidados 🤲 compartidos e de compromiso cos pacientes e cos equipos que vos acompañaron nesta etapa.

Desexámosvos toda a 🍀sorte nesta nova etapa profesional. Que sigades coidando, aprendendo e medrando coa mesma ilusión coa que chegastes ata aquí. ✨Parabéns e sorte ! 👏

Dirección

Rúa Ramón Puga 52-54
Orense
32005

Teléfono

+34988385500

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sergas Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría