CIG Autonomica Ourense

CIG Autonomica Ourense Somos un sindicato de clase que defende a identidade nacional de Galiza e a autoorganización das e dos traballadores

Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignasPersoal non docente da administración...
02/10/2025

Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas

Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e recuperar e mellorar os dereitos do V Convenio colectivo.

Con estas protestas simultáneas, a CIG dá continuidade á manifestación realizada o pasado 30 de xuño diante do edificio da Xunta en Santiago de Compostela na que participaron máis de 300 traballadores e traballadoras. Porén, a Consellaría de Educación “segue a ignorar ao seu persoal dando largas a unha negociación que se tiña que ter producido xa hai anos”.

A CIG-Administración Autonómica explica que están sen negociar ratios e itinerancias, “que na Xunta hoxe xa son peores que no sector privado”; o persoal funcionario e administrativo leva máis de 20 anos sen negociar condicións”; e agora “tampouco están reguladas as funcións e as condicións laborais do persoal que quedou sen convenio logo da funcionarización”.

Un proceso, ademais, no que algunhas categorías foron funcionarizadas á baixa, desprofesionalizándoas, como é o caso do persoal coidador ou o persoal de cociña.

https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7965

1 de maio co CIG.11:30 horas dende a Praza Maior
28/04/2025

1 de maio co CIG.
11:30 horas dende a Praza Maior

Ourense esmorece e nós querémolo impedir
17/07/2024

Ourense esmorece e nós querémolo impedir

26/04/2023
Educación querecargarse unha morea de prazas de centros de ensino Para favorecer a sua nova estrutura coa que crea máis ...
16/02/2023

Educación querecargarse unha morea de prazas de centros de ensino


Para favorecer a sua nova estrutura coa que crea máis de 12 postos de subdirección e xefatura de servizo e sección, xunto a 5 postos de xefatura de negociado. Aproveitan para empeorar as condicións de traballo nos centros de ensino e nos arquivos e bibliotecas, que pasan a xornada partida (maña e tarde). E funcionarizan prazas a moreas sen negociar a estrutura salarial e mudar horarios.

CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.

📣Procesos selectivos de estabilización (Lei 20/21): preguntas frecuentes, ampliación de prazo, modificación de temario e...
26/01/2023

📣Procesos selectivos de estabilización (Lei 20/21): preguntas frecuentes, ampliación de prazo, modificación de temario e convocatorias

👉Función Pública actualizou no web o seu FAQ (preguntas frecuentes) sobre os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021. Por outra banda, lembramos que o día 23/01/2023 publicaron no DOG a modificación das convocatorias e dos temarios. Por mor das modificacións das convocatorias ampliaron o prazo de inscripción, que pasou a ser ata o día 17 de febreiro. Se necesitas axuda coa solicitude, contacta coa CIG.

🔗

CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.

📣Xunta modifica bases das convocatorias de estabilización👉CCOO e UGT votan a favor dun texto que Xunta só nos ensinou de...
19/01/2023

📣Xunta modifica bases das convocatorias de estabilización

👉CCOO e UGT votan a favor dun texto que Xunta só nos ensinou despois de aprobado. Véndense por estar nunha "comisión de seguimento" na que amañarán “cousas que vaian xurdindo sobre a marcha”.
Nesta última semana a CIG traballou arreo e seguiu a aportar máis de trinta cuestións que necesitaban arranxo ou aclaración para o correcto desenvolvemento dos procesos selectivos de estabilización. Algunhas melloras que propuxemos foron adiante, outras non.
Moi mal se están a facer as cousas para ter que prever unha comisión de seguimento para poñer parches nunhas convocatorias de procesos selectivos.
Chegados a este punto, imos tratar de dar resposta as cuestións que nos foron chegando e que levamos, de novo, ás mesas (16 e 17 de xaneiro):

🔗

CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.

📣A carreira profesional poderá solicitarse a partires do venres día 2👉O luns 28 de novembro publicaron no DOG os acordos...
30/11/2022

📣A carreira profesional poderá solicitarse a partires do venres día 2

👉O luns 28 de novembro publicaron no DOG os acordos para o desenvolvemento transitorio dos sistemas de carreira profesional (carreira administrativa para o persoal funcionario e complemento de desempeño para o persoal laboral). A convocatoria para solicitar o acceso extraordinario aos graos I e II está prevista para o DOG do xoves 1. E o prazo para solicitala comeza o venres 2/12/22. Serán 15 días hábiles.
🔗

CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.

Contra a crise e a pobrezaO día 29 de novembro de 2022ás 19:30dende a Praza Maior de
25/11/2022

Contra a crise e a pobreza
O día 29 de novembro de 2022
ás 19:30
dende a Praza Maior de

📣Ordes de convocatoria de acceso aos graos I e II da carreira profesional👉A nova Orde para acceder ao grao I e II do sis...
16/11/2022

📣Ordes de convocatoria de acceso aos graos I e II da carreira profesional

👉A nova Orde para acceder ao grao I e II do sistema de carreira profesional ultímase en Mesa Xeral de Empregados Públicos. No arquivo que adxuntamos vai informe cos importes e as características. No noso web poderás descargar o documento íntegro.
🔗

CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.

📣A Xunta segue a manter o nivel de comisións de servizo en cantidades intolerabeis👉Dende a toma de posesión do concurso ...
07/11/2022

📣A Xunta segue a manter o nivel de comisións de servizo en cantidades intolerabeis

👉Dende a toma de posesión do concurso xeral (xuño) ata outubro, incrementouse nun 400% respecto a xaneiro-xuño, o número de novas comisións de servizo e prórrogas. Un despropósito que podes valorar ollando os números que che ofrecemos. Unha mofa para o persoal.

CIG-Administración Autonómica. Confederación Intersindical Galega.

Recuperar dereitos e salarios ✊✊
20/10/2022

Recuperar dereitos e salarios ✊✊

Dirección

Orense
32003

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Martes 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00

Teléfono

988233850

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIG Autonomica Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a CIG Autonomica Ourense:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram