18/05/2026
San Isidro foi unha desas noites que se senten.
Un encontro para celebrar unha profesión esencial, para darlle visibilidade ao traballo dos enxeñeiros e enxeñeiras agrícolas e para lembrar que detrás do desenvolvemento do noso rural hai persoas comprometidas coa terra, co territorio e co futuro de Ourense.
Houbo emoción nas homenaxes, nos aplausos, nos reencontros e tamén nos rostros de quen inicia agora o camiño. Porque cada nova incorporación representa continuidade, responsabilidade e orgullo de profesión.
San Isidro volveu unir tradición e futuro arredor duns valores que seguen máis vivos ca nunca: o esforzo, a humildade, a vocación e o compromiso de quen traballa cada día para que o rural siga medrando e chegando a todas partes.
Porque máis alá dos recoñecementos, esta foi unha noite na que, por unhas horas, todos compartimos o mesmo orgullo de pertenza 💚