Agarimo Servicios Socio- Sanitarios

Agarimo Servicios Socio- Sanitarios Axuda no fogar (SAF) e diversidade funcional
Coidado de menores
Servizo autorizado pola Xunta de Galicia · E-5806 Nuestra meta, su tranquilidad.

Dese un respiro y deje lo demás en nuestras manos. Ayuda a domicilio: limpieza, cuidado de mayores, etc.

A conciliación familiar non debería ser un malabarismo diario. ⚖️Cando o ritmo da vida se acelera e as obrigas se acumul...
19/05/2026

A conciliación familiar non debería ser un malabarismo diario. ⚖️
Cando o ritmo da vida se acelera e as obrigas se acumulan, contar cun apoio de confianza para o coidado dos máis pequenos marca a diferenza. Un fogar equilibrado constrúese con tempo de calidade, e ás veces, delegar é un paso para logralo.
A tranquilidade de saber que están en boas mans mentres ti afrontas o teu día a día non ten prezo.

A nosa lingua ten palabras que curan, que acompañan e que abrazan. Unha das máis bonitas é a que nos dá nome: Agarimo.Ho...
17/05/2026

A nosa lingua ten palabras que curan, que acompañan e que abrazan. Unha das máis bonitas é a que nos dá nome: Agarimo.
Hoxe, no Día das Letras Galegas, celebramos a riqueza da nosa cultura e o valor de comunicarnos dende a raíz. Porque escoitar, comprender e falar a nosa lingua coas persoas que nos rodean tamén é unha forma inmensa de coidar.
Feliz 17 de maio a todos e todas! 💙🤍

Hoxe é o seu día. Pero para nós, a súa labor é vital cada día.A enfermaría non é só unha profesión; é unha vocación prof...
12/05/2026

Hoxe é o seu día. Pero para nós, a súa labor é vital cada día.
A enfermaría non é só unha profesión; é unha vocación profunda de coidado e acompañamento. Profesionais que poñen o corazón en cada atención, transformando vidas en cada intre con profesionalidade e agarimo.
Eles son unha peza fundamental do noso benestar e queremos renderlles a homenaxe que merecen. Unha aperta de corazón a tódolos profesionais da enfermaría.

Moitas persoas chegan á nosa oficina sen ter claro que tipo de apoio necesitan. Só saben que a situación na casa cambiou...
05/05/2026

Moitas persoas chegan á nosa oficina sen ter claro que tipo de apoio necesitan.
Só saben que a situación na casa cambiou.
A partir de aí, escoitamos o caso e facemos unha valoración profesional.
Na oficina contamos con profesionais de psicoloxía, psicopedagoxía e traballo social, o que nos permite orientar cada situación de forma axustada á realidade de cada familia. A partir diso, propoñemos opcións que realmente encaixen en cada caso.
Se estás nese punto, podes achegarte e falamos con calma.

Son memoria, experiencia, sabedoría e raíz. Grazas a elas entendemos o pasado, vivimos o presente con sentido e construí...
23/04/2026

Son memoria, experiencia, sabedoría e raíz. Grazas a elas entendemos o pasado, vivimos o presente con sentido e construímos un futuro máis humano.
Coidemos, respectemos e valoremos ás nosas persoas maiores como o tesouro universal que son 💙

Coidar é moito máis ca unha tarefa: é un compromiso, unha presenza, unha man tendida cando máis se precisa. 🤝💙Cada xesto...
16/04/2026

Coidar é moito máis ca unha tarefa: é un compromiso, unha presenza, unha man tendida cando máis se precisa. 🤝💙
Cada xesto conta. Cada aperta transmite seguridade. Cada momento compartido sementa amor no corazón do mundo.

🌍💚 Día Mundial da SaúdeA saúde é o noso ben máis valioso. Non é só a ausencia de enfermidade, é benestar, coidado, acomp...
07/04/2026

🌍💚 Día Mundial da Saúde
A saúde é o noso ben máis valioso. Non é só a ausencia de enfermidade, é benestar, coidado, acompañamento e calidade de vida.
Hoxe lembramos a importancia de apostar por hábitos saudables, pola prevención e por un sistema de coidados accesible e de calidade para todas e todos.
Coidar da saúde é coidar da vida 💙

En Agarimo cremos nunha atención que vai máis alá do coidado. Traballamos cada día con compromiso e profesionalidade, po...
24/03/2026

En Agarimo cremos nunha atención que vai máis alá do coidado. Traballamos cada día con compromiso e profesionalidade, poñendo ás persoas no centro de todo o que facemos.
Coidar con afecto
Respecto en cada trato
Atención individualizada

🧦21 de marzo · Día Mundial da Síndrome de DownHoxe celebramos a diversidade, a inclusión e o valor de cada persoa, tal e...
21/03/2026

🧦21 de marzo · Día Mundial da Síndrome de Down
Hoxe celebramos a diversidade, a inclusión e o valor de cada persoa, tal e como é.
As medias diferentes lembran que o que nos fai únicos tamén nos fai máis fortes como sociedade.

Hoxe celebramos o Día da Muller rendendo homenaxe a todas as mulleres que coidan, acompañan, loitan e constrúen cada día...
08/03/2026

Hoxe celebramos o Día da Muller rendendo homenaxe a todas as mulleres que coidan, acompañan, loitan e constrúen cada día un mundo máis xusto.
💜Porque a igualdade tamén se constrúe desde o coidado.

Sabías que podes acceder a unha libranza vinculada á asistencia persoal?Trátase dunha prestación da Lei de Dependencia q...
24/02/2026

Sabías que podes acceder a unha libranza vinculada á asistencia persoal?
Trátase dunha prestación da Lei de Dependencia que permite recibir unha contía mensual para contratar este apoio cando non hai dispoñibilidade de servizos públicos ou concertados.
En Agarimo acompañámoste durante todo o proceso, con información clara, asesoramento personalizado e unha atención próxima e profesional.
📍 Ourense
📞 988 686 011

Dirección

Rúa Bedoya, N°7, 2°. Oficina 4. Ourense
Orense
32004

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34988686011

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agarimo Servicios Socio- Sanitarios publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Agarimo Servicios Socio- Sanitarios:

Compartir