17/05/2026
Abre a gaiola das palabras 🕊️🗣️
Dende entre centro quixemos render homenaxe a nosa lingua dun xeito creativo e lúdico 💙🤍 Intentamos invitar a reflexionar sobre como as veces, "encerramos" o noso idioma por o medo ó que dirán, pola costume de usar outras linguas ou pola falsa idea de que o galego vale menos! Pero o galego è parte da nosa esencia, nel viven as historias dos nosos avós, as cancións populares, os refráns, as tradicións dun pobo enteiro. Cada palabra pronunciada en galego è unha forma de manter viva a nosa identidade e de defender unha herdanza cultural que non debemos perder. Abrir esta gaiola, significa liberar as palabras e deixar que o galego soe libremente. Significa falar sen vergoña, con naturalidade, orgullo e con cariño pola lingua que nos pertence!
Usemos este 17 de maio, Día das letras galegas🔠💙🤍✍🏽, para dar o primeiro paso e transmitir este mensaxe dun tesouro que merece seguir vivo.
Unha lingua non morre mentras haxa voces que a falen! 💙🤍LIBÈRATE E FALA GALEGO🤍💙