10/10/2025
🫀 22 de outubro | Día da Parada Cardíaca en Ponteareas
Un ano máis celebramos o "Día Europeo de Concienciación ante o Paro Cardíaco" no municipio de Ponteareas 💪.
Será unha xornada de sensibilización e aprendizaxe dirixida a escolares 🚸 e á cidadanía, coa colaboración do Concello de Ponteareas, Bombeiros Ponteareas, Cruz Vermella, Policía Local de Ponteareas, Policlínico San Miguel e a UNED de Pontevedra (sede en Ponteareas).
🔴 Lembramos que a testemuña dunha parada cardiorrespiratoria é clave para salvar vidas: só ela pode alertar aos servizos de emerxencias e iniciar unha RCP precoz nos primeiros tres minutos. Cada segundo conta ⏱️
📍 Praza Maior de Ponteareas
🗓️ 22 de outubro
🕙 De 10:00 a 19:30 h
💬 Participa e aprende a salvar unha vida!