¿E ti pódesme facer?

¿E ti pódesme facer? Traballos de artesanía en coiro e Ilustración
-----------------------------------------------
Trab Y ahora, ¿Alguna pregunta...?

"Oe...¿E ti pódesme facer...?"
Así comezaron a meirande parte dos meus encargos. O proceso empeza cunha idea na túa cabeza de algo que queres, pero que non existe ou non atopas. Logo, ven cando me contas esa idea e fas a pregunta... E entón chega o divertido; Estudio cada proxecto de xeito personalizado, acordamos un prezo, e confecciono artesanalmente a túa peza, tratando de ofrecerche un producto único e de calidade. E agora, ¿Algunha pregunta...?
------------------------------------------------------------
"Oye... ¿Y tú puedes hacerme...?"
Así comenzaron la mayor parte de mis encargos. El proceso empieza con una idea en tu cabeza de algo que quieres, pero que no existe o no encuentras. Luego, viene cuando me cuentas esa idea y haces la pregunta... Y entonces llega lo divertido; Estudio cada proyecto de forma personalizada, acordamos un precio, y confecciono artesanalmente tu pieza, tratando de ofrecerte un producto único y de calidad.

Sempre é un bo momento pra render homenaxe á xente traballadora, especialmente cando ademáis trátase dun traballo tan be...
01/05/2021

Sempre é un bo momento pra render homenaxe á xente traballadora, especialmente cando ademáis trátase dun traballo tan ben feito e con tanto cariño dentro ♥

O prometido é débeda: Velaquí tendes o "¿Como se fixo?" do pirogravado que vos ensinei o outro día, para que o desfruted...
20/01/2021

O prometido é débeda: Velaquí tendes o "¿Como se fixo?" do pirogravado que vos ensinei o outro día, para que o desfrutedes 😊

Graciñas eternas ós Bastards on Parade por cederme o tema para a banda sonora do vídeo

👇🏼👇🏼👇🏼

Time-lapse do proceso de pirogravado dunha táboa de rechapado de carballo para un encargo. O tema musical da banda sonora está interpretado e cedido polo gru...

Vivimos tempos difíciles nos que precisamos sentir preto o cariño da nosa xente, e precisamente por iso vouvos falar do ...
19/01/2021

Vivimos tempos difíciles nos que precisamos sentir preto o cariño da nosa xente, e precisamente por iso vouvos falar do traballo de xente que confiou no meu, e así poder apoiarnos mutuamente.

Tócalle o turno á tenda Comercio Xusto SIG Ourense, o lugar no que impartín o meu primeiro (e único por agora 😅) taller de coiro.

Esta tenda pertence á ONG Solidariedade Internacional de Galicia, que leva xa máis de 20 anos traballando en diferentes eidos; dende a educación para a cidadanía con un alumnado do máis amplio e diverso, pasando por moitos proxectos de cooperación que amosan a relevancia do traballo ben feito, ademáis de levar a cabo actividades para implicar á cidadanía para que actuemos (podedes consultar toda ista e máis información na súa web).

O Comercio Xusto é outro dos piares desta Asociación; Sabes que o que estás pagando vai chegar á xente que se encargou de producir ou fabricar o producto que estás mercando, e que vai recibir o que lle corresponde por xustiza (este concepto, entre outros, forma parte dos obxectivos de desenrolo humano para 2030 aprobados por moitos gobernos a escala mundial), así como promover productos reutilizables e ecolóxicos. Como son un comellón, recoméndovos que vos paredes a mirar ben na sección de alimentación, onde atoparedes entre outras cousas cafés, infusións e chocolates dunha calidade abraiante.

Tamén realizan actividades varias (cando o COVID llelo permite), coma charlas, encontros ou talleres por exemplo, así como organizar periódicamente un intercambiador de roupa (o vindeiro está ó caer) no que podedes levar esa roupa que tendes ocupando sitio no armario e nunca poñedes para que outra persoa que o precise a poida levar, e mesmo levarvos vós o que vos guste dentro do que a outra xente aportou, contribuíndo a reducir o impacto negativo dos xigantes da industria téxtil.

A guinda do pastel, por se aínda non vos chamou nada disto a atención, é que aparte de todo o anterior tamén fan diversas exposicións. A actual amosa o traballo dalgunhas cooperativas cas que traballan no Salvador, Honduras ou Guatemala (mola moito o que fan Atípica Guatemala, especialmente riquiñas as bonecas quitapesares). Anímovos a pasarvos e botarlle un ollo (e ó resto da tenda tamén, por suposto). En Ourense atoparédela na rúa Bailén nº 4 así que xa sabedes, se tendes que consumir, que sexa o XUSTO.

Ano novo, encargo novo entregado. Desta vez é un rótulo para unha adega familiar que fai 50 anos... ¡¡¡Noraboa e a por o...
02/01/2021

Ano novo, encargo novo entregado. Desta vez é un rótulo para unha adega familiar que fai 50 anos... ¡¡¡Noraboa e a por outros tantos como mínimo!!!

Trátase dun pirogravado en madeira de carballo de 1 metro por 0,70 do que en breve vos amosarei un vídeo do "¿Como se fixo?".
Mentres, sigo traballando en cousas novas e agardo con ansia o seguinte reto que me poñades diante.

¡Arrincamos, 2021!

Explore ¿E ti pódesme facer... ?'s photos on Flickr. ¿E ti pódesme facer... ? has uploaded 277 photos to Flickr.

¡Non vale parar!
28/12/2020

¡Non vale parar!

Con todo o cariño do mundo, velahí vai esa funda pro álbum de fotos... ¡¡¡Felices dez anos, parella!!!
27/12/2020

Con todo o cariño do mundo, velahí vai esa funda pro álbum de fotos... ¡¡¡Felices dez anos, parella!!!

Explore ¿E ti pódesme facer... ?'s photos on Flickr. ¿E ti pódesme facer... ? has uploaded 277 photos to Flickr.

Vivimos tempos difíciles nos que precisamos sentir preto o cariño da nosa xente, e precisamente por iso vouvos falar do ...
17/12/2020

Vivimos tempos difíciles nos que precisamos sentir preto o cariño da nosa xente, e precisamente por iso vouvos falar do traballo de xente que confiou no meu, para que o teñades en conta de cara a esta compricada campaña de Nadal.

Seguimos con Rita, a propietaria de "La Quinta". Ela ofreceume o seu escaparate para promocionar os meus productos e, de feito, foi a primeira vez que alguén que non fose eu vendía unha peza miña.

Agora ben... ¿Como funciona "La Quinta"? Pois, explícavolo ela mesma: "Somos una tienda de consignación, es decir, los artículos que quieras vender en nuestro local se dejan en depósito durante 3 meses. Se tasan individualmente, y tú te llevas el 40% del precio final. Si nos traes artículos para donar, ese porcentaje se destina a fines sociales".

Podedes atopar moitas cousas, sobre todo libros, antigüidades e obxectos curiosos, e sempre vos van atender e asesorar de xeito amable, atento e con toda a profesionalidade de quen coñece o producto que ten pra ofrecer. Botádelle un ollo no seu Instagram ou, mellor todavía, achegádevos á Avenida das Caldas nº 22 e perdédevos nesas estanterías.

Instagram: https://www.instagram.com/laquintaourense/

"God is in the details" (Ludwig Mies van der Rohe)
07/12/2020

"God is in the details"

(Ludwig Mies van der Rohe)

Explore ¿E ti pódesme facer... ?'s photos on Flickr. ¿E ti pódesme facer... ? has uploaded 272 photos to Flickr.

Vivimos tempos difíciles nos que precisamos sentir preto o cariño da nosa xente, e precisamente por iso vouvos falar do ...
24/11/2020

Vivimos tempos difíciles nos que precisamos sentir preto o cariño da nosa xente, e precisamente por iso vouvos falar do traballo de xente que confiou no meu, para que o teñades en conta de cara a esta compricada campaña de Nadal.

Hoxe tócalle o turno a Noa, a persoa que está detrás de Belcebú Artesanía. Ela foi a responsable de que impartise o meu primeiro taller de coiro hai xa uns aniños, e axudoume con algún que outro mercadillo (graciñas de novo), así que merece que vos ensine o seu traballo.

A modo de resumo rápido, adícase a facer todo tipo de xoiería; colares, pendentes, colgantes, gargantillas e moitas outras cousas chulas, usando o macramé e/ou pezas traballadas con metáis, mineráis ou outros elementos da natureza. Explícanolo ela nas súas propias verbas, ¡botádelle un ollo ó seu traballo! 👇🏼👇🏼👇🏼

"Belcebú Artesanía nace dunha viaxe e dun encontro persoal co aquí e o agora... hoxe seis anos despois daqueles primeiros nós desfruto creando pezas orixinais e únicas. Se non atopas o que buscas non dubides en contactar comigo e crearémolo xuntas!!"

📸 https://www.instagram.com/belcebuartesania/

💻 https://m.facebook.com/belcebuartesania/?ref=bookmarks

🛒 https://www.etsy.com/es/shop/BelcebuArtesania?ref=s2-header-shopname&listing_id=682722631 (⚠️ en construcción)

Colorinchos...
24/11/2020

Colorinchos...

Explore ¿E ti pódesme facer... ?'s photos on Flickr. ¿E ti pódesme facer... ? has uploaded 272 photos to Flickr.

¿Vós que dicides? 🤔¿Fago uns pendentes? ¿Broches... Chaveiros... Prendedores... ?
22/11/2020

¿Vós que dicides? 🤔

¿Fago uns pendentes? ¿Broches... Chaveiros... Prendedores... ?

Dirección

Ponte Canedo
Orense
32001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ¿E ti pódesme facer? publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a ¿E ti pódesme facer?:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram