13/04/2026
💜 Escola de Familias de ADISBISMUR
🧠 Condutas que nos preocupan
Hai comportamentos que nos desconcertan, que nos preocupan… e que ás veces non sabemos como xestionar.
Pero detrás de cada conduta hai unha explicación, unha necesidade, unha forma de comunicar algo.
Nesta sesión imos achegarnos a comprender que función cumpren as condutas disruptivas e, sobre todo, compartir estratexias e ferramentas prácticas para abordalas no día a día:
como actuar, como acompañar e como favorecer cambios positivos 💡
👥 Imparten:
Ismael Pena (Psicólogo)
Noelia Espasandín (Pedagoga)
📅 16 de abril de 2026
🕓 16:00 h
📍 Centro Ocupacional de Valadares
✨ Actividade aberta a toda a cidadanía
💛 Porque entender é o primeiro paso para acompañar mellor.
Agardámoste!