Centro de Fisioterapia "Lorena Pampín Negro"

Centro de Fisioterapia "Lorena Pampín Negro" Lorena Pampín Fisioterapia
Colexiada 1208
N.R.S.: C-27-000703
639248332
www.fisioterapialorenapampin.com Será un pracer poder axudarche! Avda.

Son Lore Pampín e desde 2006 acompáñote no teu proceso terapéutico, involucrándote no mesmo e dándoche ferramentas para que mellores a túa saúde, e manteñas a mesma no tempo. Un centro no que a prioridade é a prevención e a educación sanitaria, a práctica dunha fisioterapia actualizada e por suposto o respecto ao doente e ao seu proceso terapéutico. Un centro no que atoparás unhas mans amigas e t

e sentirás e escoitadx, entendidx e arroupadx. Nos últimos anos formeirme en pelviperineoloxía e descubrín que o acompañamento á muller é a miña gran paixón

Poder axudar a mulleres de todas as idades a transitar os seus procesos e etapas de vida, visibilizar as súas problemáticas, escoitalas, informalas, darlles ferramentas, ensinarlles autocoidado, empoderalas, ser apoio e sostén e ver as súas melloras a todos os niveis, é o maior premio ao meu traballo. Ademais da labor asistencial no centro...
- Realizo charlas e talleres divulgativos sobre solo pelviano
Para que se coñeza, se entenda, se sinta e se conecte con esta parte tan olvidada e mal tratada e que afecta a unha porcentaxe moi importante da poboación feminina de todas as idades.

- Desde hai 18 anos traballo con pacientes xeriátricos
Isto deume certa experiencia laboral nalgunhas patoloxías, problemáticas e situacións propias das idades máis avanzadas e sobre todo a entender que precisan atención e intervención, independentemente da súa idade ou estado. Se sentes molestias, queres recuperarte dunha lesión ou simplemente buscas mellorar a túa calidade de vida, estou aquí para axudarte. Sexa cal sexa o teu motivo de consulta, se precisas acompañamento e queres mellorar a túa saúde implicándote no mesmo, espérote! Intentarei cumprir as túas expectativas e brindarche unha boa experiencia en consulta escoitándote e buscando a mellor opción para ti de forma personalizada e adaptada. N.R.S: C-27-000703

COLEXIADA Nº1208

Fisioterapia Xeral e Especializada
Fisioterapia en Pelviperineoloxía (disfuncións perineais, diástase de abdome, dispareunia, dor menstrual, valoración ecográfica...) Acompañamento no Embarazo e Posparto (exercicio terapéutico adaptado, dor e disfunción, masaxe perineal, movilidade...) Patoloxía Músculo-esquelética
Exercicio Terapéutico
Disfuncións da Articulación Témporo-Mandibular (ATM)
Síndrome da Dor Miofascial - Punción Seca
Presoterapia
Electroterapia e neuromodulación
Biofeedback



HORARIO:

LUNS 14:30 - 19:30
MARTES 9:00 - 14:00
MÉRCORES 14:30 - 19:30
XOVES 16:00 - 20:00
VENRES PECHADO
SÁBADO 9:00 - 14:00

- O horarios é orientativo. Pode sufrir modificacións debido á demanda
- Luns, Mércores e Xoves pola mañán pasamos consulta en SERGE Guntín polo que o centro permanecerá pechado.
- Non se atende sen cita previa. Compostela, Nº 29-Baixo, 27200
Palas de Rei, Lugo. CITA PREVIA E CONSULTAS:

639 248 332

Contactar preferiblemente a través de Whatsapp. (Para que poidamos consultarte no horario que mellor che conveña, recomedase pedir cita con unha antelación mínima de 48h. Grazas)


CONTACTO:

centrofisio.lorepampin@gmail.com

www.fisioterapialorenapampin.com

Éncheme o corazón!! Espérovos a todas!
29/02/2024

Éncheme o corazón!!

Espérovos a todas!

É gratuita, pero as prazas son limitadas, polo que hai que anotarse Ecos da Comarca/Palas de Rei A enfermeira e coordinadora do centro de saúde de Palas de Rei e a xefa de servizo promoven unha charla taller sobre o solo pélvico que estará impartida pola fisioterapeuta Lorena Pampín. Publicidad...

Recordade que no noso perfil de Instagram seguimos sorteando unha Sesión de Valoración de solo pelviano!! Búscanos! Sígu...
13/02/2024

Recordade que no noso perfil de Instagram seguimos sorteando unha Sesión de Valoración de solo pelviano!!

Búscanos! Síguenos! Comenta etiquetando! E comparte!

En menos de dúas semanas... cumprimos 18!!!!

Parece que hai dous días que comezaba esta aventura, e aquí estamos, con 18 encima.

Moitas cousas cambiaron dende aquel 20 de Febreiro de 2006, e outras non tanto.

Con máis experiencia, novas especialidades, cambios de pensamento e tratamento, pero coas mesmas ganas, responsabilidade, afecto e empatía para cos nosos doentes.

Grazas, porque sen a vosa confianza non houbera sido posible.

E para recompensarvos e celebralo con vos, imos sortear no noso perfil de INSTAGRAM unha PRIMEIRA CONSULTA DE VALORACIÓN DE SOLO PELVIANO. (Para as que xa sodes as nosas doentes... podedes participar igual!! Nese caso o regalo será unha sesión de tratamento).

Asi que correde!! Buscadenos en Isntagram como lorena_pampin_fisioterapia e participade!!

O Martes día 20 de Febreiro realizaremos o sorteo!!

SORTE!!!

En menos de dúas semanas... cumprimos 18!!!!Parece que hai dous días que comezaba esta aventura, e aquí estamos, con 18 ...
07/02/2024

En menos de dúas semanas... cumprimos 18!!!!

Parece que hai dous días que comezaba esta aventura, e aquí estamos, con 18 encima.

Moitas cousas cambiaron dende aquel 20 de Febreiro de 2006, e outras non tanto.

Con máis experiencia, novas especialidades, cambios de pensamento e tratamento, pero coas mesmas ganas, responsabilidade, afecto e empatía para cos nosos doentes.

Grazas, porque sen a vosa confianza non houbera sido posible.

E para recompensarvos e celebralo con vos, imos sortear no noso perfil de INSTAGRAM unha PRIMEIRA CONSULTA DE VALORACIÓN DE SOLO PELVIANO. (Para as que xa sodes as nosas doentes... podedes participar igual!! Nese caso o regalo será unha sesión de tratamento).

Asi que correde!! Buscadenos en Isntagram como lorena_pampin_fisioterapia e participade!!

O Martes día 20 de Febreiro realizaremos o sorteo!!

SORTE!!!

Dirección

Avenida Compostela Nº29/Bajo
Palas De Rey
27200

Horario de Apertura

Lunes 14:30 - 19:30
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 14:30 - 19:30
Jueves 16:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro de Fisioterapia "Lorena Pampín Negro" publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Centro de Fisioterapia "Lorena Pampín Negro":

Compartir

Categoría