16/02/2023
Nueva edición del curso “Pilates para fisioterapeutas”
“O método pilates é unha inmellorable porta de entrada para o inicio dunha fisioterapia activa por parte dos nosos pacientes”, engade Aboal, que pon o foco nas posibilidades que achega este método á hora de “iniciar un tratamento activo de forma ordenada e segura”, o que fixo do pilates “un gran método para o enfoque activo de moitas patoloxías, pero tamén de prevención e mantemento da saúde”.
As súas aplicacións no tratamento de múltiple tipo de patoloxías e as posibilidades que achega á hora de promover que os pacientes xoguen un papel activo na súa recuperación fan do pilates unha ferramenta moi empregada polas e os profesionais da fisioterapia. Dar resposta ao interese de estud...