Olladas Centro Óptico

Olladas Centro Óptico Establecimiento miembro del grupo óptico más importante de España con más de 30 años de experiencia. Centro de óptica y optometría en Pontevedra.

Este non é o mellor momento para revisar aos teus fillos.Que sí, que sí. Que agora mesmo xa case mellor esperar a que re...
23/04/2026

Este non é o mellor momento para revisar aos teus fillos.

Que sí, que sí. Que agora mesmo xa case mellor esperar a que remate o curso, especialmente nos miopes.

Nos últimos meses da escola, o sistema visual dos cativos pode estar tan estresado a consecuencia das horas de estudo que é posible que falsee a graduación e as probas binoculares.

Por iso, chegados a este punto do curso, é mellor esperar ás vacacións de verán a que o seu sistema visual se relaxe. Isto ademáis é especialmente relevante nos miopes, que sempre tendemos a demandar graduación de máis (que lle imos facer, somos pedichóns).

Iso sí, o de esperar é mellor sempre e cando non exista unha sintomatoloxía que poida afectar ao rendemento escolar dos rapaces.

Podedes pedir máis información no noso centro, chamándonos ao 639929517 ou na nosa web.

A gafa de tardeo definitiva.As lentes claras están de moda e iso nótase nas coleccións de sol. E, como non, nós temos o ...
21/04/2026

A gafa de tardeo definitiva.

As lentes claras están de moda e iso nótase nas coleccións de sol. E, como non, nós temos o modeliño máis 🔝 para lucir nos terraceos do verán.

Facede click no enlace da bio e botádelle un ollo á colección de Xavier García porque ides flipar cos novos deseños.

Que vos parece este? Deixádenos a vosa opinión en comentarios!

Non só é moda.Aínda que agora vexas moitas lentes amarelas, laranxas e vermellas pola rúa, no mundo da ópticas esas lent...
16/04/2026

Non só é moda.

Aínda que agora vexas moitas lentes amarelas, laranxas e vermellas pola rúa, no mundo da ópticas esas lentes existen fai moitos anos como filtros terapeúticos de corte selectivo para as personas con baixa visión.

Os filtros terapeúticos filtran lonxitudes de onda concretas, mellorando os contrastes e o confort visual a estas persoas cuxo resto visual e moi limitado.

Iso sí, non serve calquera lente laranxa ou amarela. Os filtros selectivos son lentes dunha fabricación moi específica e coidada, fabricadas expresamente para pacientes de Baixa visión ou diversas patoloxías e que buscan unha funcionalidade concreta.

De feito, existe un filtro terapeútico que minimiza os síntomas e a activación das migrañas fotosensibles. Alucinante, verdade?

Pódense leva coma unha lente graduada nunha gafa ou en forma de clip solar para adaptar o clip ás diferentes condición de luminosidade.

Atopar o filtro selectivo depende tanto da patoloxía coma do usuario, polo que é preciso unha evaluación visual especializada en Baixa visión.

Pedide cita para a vosa revisión visual e resolveremos tódalas dúbidas que poidan surxir sobre saúde visual e auditiva.

O modelo que arrasa. Este ano, triunfan os modeliños de sol pequeños e con lentes claras. Gafiñas de tardeo, vamos. E es...
14/04/2026

O modelo que arrasa.

Este ano, triunfan os modeliños de sol pequeños e con lentes claras. Gafiñas de tardeo, vamos.

E este modeliño de Kappa ven para conquistarnos e facer do noso verán o mellor da historia.

Coas súas lentes polarizadas, proporciona esa visión cómoda que tanto demandamos nos días máis soleados.

Non vos imaxinades nunha terraciña coa cervexa lucindo gafas de sol? Eu si😉

Vinde probalas ao noso centro e comprobade a diferenza entre lentes normais e polarizadas.

Temos a solución.Este ano, a alerxia chegou forte e sodes moitos os que andades sufrindo os seus síntomas. Por iso, hoxe...
09/04/2026

Temos a solución.

Este ano, a alerxia chegou forte e sodes moitos os que andades sufrindo os seus síntomas. Por iso, hoxe traemos a solución a eses olliños chorosos e e irritados.

Unha das cousas máis importantes para o alivio destes síntomas é a limpeza externa e interna dos ollos para eliminar o alérxenos da superficie ocular combinada cunha hidratación intensa para reparar e minimizar a inflamación.

Ademáis, é imprescindible o uso de gafas (graduadas ou de sol) que protexan e impidan a entrada dese alérxeno no ollo.

E, por suposto, queda totalmente prohibido o uso de lentillas durante os episodios de alerxia. As lentes de contacto poden exercer de reservorio do alérxeno e retroalimentar a reacción alérxica durante días así como aumentar a inflamación e demáis síntomas.

Vinde visitarnos e botádelle un ollo ao noso kit antialerxia e á nova colección de sol. Prometemos que quen o proba repite.

As gafas que triunfan.Este rolliño "gafapasta" está triunfando, especialmente se o combinamos cunhas lentes fotocromátic...
07/04/2026

As gafas que triunfan.

Este rolliño "gafapasta" está triunfando, especialmente se o combinamos cunhas lentes fotocromáticas ou de sol en ton clariño.

Por iso, cando vimos este modelazo non puidemos resistirnos a traelo para a nosa colección.

Que nos dicides? Van ou non van triunfar? Eu xa estou pensando en como quedaría cunha lente azul ou rosa🤔

Botádelle un ollo á colección completa facendo click no enlace da bio.

Lee antes de facer a maleta.Cando marchamos de viaxe, enchemos a maleta de "porsiacasos", pero co tema das gafas e as le...
01/04/2026

Lee antes de facer a maleta.

Cando marchamos de viaxe, enchemos a maleta de "porsiacasos", pero co tema das gafas e as lentillas, tendemos a ir máis ben escasos e, claro, despois veñen os imprevistos.

Por iso, hoxe traemos uns tips básicos para que levedes con vós todos os "porsiacasos" gafotas esta semana santa.

Botádelle un olliño desplazando as imaxes á esquerda e contádenos se tendes algún truquiño gafotas que esquecéramos.

A tope con brillibrilli.Se algo nos gusta son as cores e as cousas brillantes, así que cando vimos este modeliño de Bett...
31/03/2026

A tope con brillibrilli.

Se algo nos gusta son as cores e as cousas brillantes, así que cando vimos este modeliño de Betty Barclay non puidemos resistirnos a traelo.

En cor azul e cun toque glitter, este modeliño pode ser o complemento estrela de todos os looks do verán.

Vinde botarlle un olliño ao centro ou facede click no enlace da bio.

O estrés pode afectar á túa audición.Vivimos nun mundo estricto, cun ritmo de vida imparable que nos leva a situacións d...
26/03/2026

O estrés pode afectar á túa audición.

Vivimos nun mundo estricto, cun ritmo de vida imparable que nos leva a situacións de estrés constantes. E isto, como todos sabemos, perxudica a nosa saúde considerablemente.

E a nosa audición non queda atrás. Os niveis de estrés elevados alteran a nosa circulación sanguínea, diminuíndo o fluxo de sangue aos oídos e afectando dese xeito á audición.

Sen fluxo de sangue constante, as células do noso sistema auditivo poden danarse ou, incluso, destruirse, provocando unha perda auditiva, xa sexa gradual ou repentina, así como tinnitus.

Por iso, e aínda que sexa difícil cumplilo na sociedade actual, descansar e facer exercicio é fundamental para coidar a nosa saúde.

Se queredes saber o estado da vosa saúde auditiva, pedide cita para a vosa revisión auditiva facendo click no enlace da bio ou no 639929517.

Cheas de cor.Se sodes clientes nosos ou seguídesnos fai tempo, sabedes que apostamos sempre por gafas con algo de deseño...
24/03/2026

Cheas de cor.

Se sodes clientes nosos ou seguídesnos fai tempo, sabedes que apostamos sempre por gafas con algo de deseño e, sobre todo, con moita cor.

Porque as cores alegran a expresión, rexuvenecen e poden marcar a diferenza entre unha gafa "normaliña" e "A GAFA".

E por iso a colección de Xavier García e unha das nosas favoritas e tamén das máis vendidas.

Facede click no enlace da bio para ver a colección ou pasádevos polo noso centro de Pontevedra para probar os modeliños que máis vos gusten.

Ver ben sen gafas nin lentillas?Xa é posible grazas ás lentes de contacto de Ortoqueratoloxía. Unhas lentes de uso noctu...
20/03/2026

Ver ben sen gafas nin lentillas?

Xa é posible grazas ás lentes de contacto de Ortoqueratoloxía. Unhas lentes de uso nocturno que moldean as capas superficiais do ollo, permitíndonos dese xeito correxir a graduación do usuario e deixar de depender de gafas ou lentillas durante o día.

Fantasía? Si. Realidade? Tamén.

Unha técnica perfecta para usuarios lentillas con sequedade ocular, persoas que precisen pasar unhas oposicións ou amantes do deporte, entre outros.

Ademáis, é a técnica coa tasa de efectividade máis alta na ralentización do avance da miopía.

Facede click no enlace da bio para máis información e pedide cita para saber se sodes candidatos a esta técnica.

Non o dicimos nós. Vinde polo voso complemento estrela.
17/03/2026

Non o dicimos nós. Vinde polo voso complemento estrela.

Las gafas de sol figuran entre las piezas capaces de elevar cualquier estilismo. Y esta temporada, lo que se lleva está bastante claro

Dirección

Rúa Pintor Laxeiro, 4
Pontevedra
36004

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Martes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Jueves 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

+34986852491

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Olladas Centro Óptico publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Olladas Centro Óptico:

Compartir