Mimosas Centros de día

Mimosas Centros de día Ofrecemos atención diurna especializada a persoas maiores e/ou con dependencia física, psíquica

14/01/2026

Cómo é o día a día e como se sinten as persoas maiores nun centro de día?
Patri Bea Dopazo Moitas grazas

05/01/2026

Do Ben que o pasamos, case se nos esquece compartir como despedimos o ano
✨ Despedimos o ano como máis nos gusta: xuntos, con sorrisos, apertas e moito cariño. ✨

A festa de fin de ano en Mimosas foi un reflexo do que somos: unha gran familia que comparte momentos, emocións e vida cada día. Houbo risas, música, miradas cómplices e, sobre todo, gratitude por todo o camiño percorrido este ano.

Grazas ás persoas usuarias, ás súas familias e ao equipo humano que fai posible Mimosas día a día. Cada xesto, cada coidado e cada momento compartido dálle sentido ao que facemos.

Desexámosvos un ano novo cheo de saúde, calma, ilusións e moitos momentos para celebrar xuntas e xuntos.
💫 Seguimos camiñando da man. 💫

22/12/2025

🎄✨ O Nadal en Mimosas é compartir, rir e coidar con agarimo.
Bo Nadal de todo corazón 💛
Visítanos en:

📍 Ribadumia
Mimosas, 2, Barrantes

📍 O Grove
Avda. Castelao, 166

Familia VidaCompartida

      celebración
27/11/2025

celebración

Hoxe celebramos no Centro de Día Mimosas O Grove a misa de San Martiño, co noso párroco Don Ventura, polo patrón do  .Un...
10/11/2025

Hoxe celebramos no Centro de Día Mimosas O Grove a misa de San Martiño, co noso párroco Don Ventura, polo patrón do .

Un día para volver ó que somos: tradición, comunidade e raíces compartidas.

E como non… co menú máis clásico deste día:
callos e arroz con leite 😋

Pequenos rituais que manteñen viva a nosa cultura, e que fan que cada 11 de novembro siga tendo sabor a casa.
Sempre coas persoas maiores no centro, acompañando, honrando e celebrando xuntos.

05/11/2025

🧡𝗗í𝗮 𝗱𝗮𝘀 𝗽𝗲𝗿𝘀𝗼𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗶𝗱𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮𝘀🧡
Hoxe demos a palabra ás persoas que máis saben do que é coidar:
elas e eles.
As persoas maiores que acompañamos cada día.

Neste vídeo, quixemos que foran elas quen dixeran en voz alta esa cualidade que máis destacan das persoas que lles coidan:
a calma, a paciencia, o sentido do humor, a maneira en que explican as cousas con agarimo… esa forma única e persoal de estar presentes que fai que o “coidado” se sinta fogar. 🫶

Dirección

R/Mimosas, 2, Baixo 1, Barrantes-Ribadumia
Pontevedra
36636

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 20:00
Martes 08:00 - 20:00
Miércoles 08:00 - 20:00
Jueves 08:00 - 20:00
Viernes 08:00 - 20:00

Teléfono

+34986710758

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mimosas Centros de día publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Mimosas Centros de día:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram

Categoría