ANAINA Centro De Estimulación E Aprendizaxe

ANAINA Centro De Estimulación E Aprendizaxe ANAINA é un centro que está formado por un equipo transdisciplinar cun percorrido xuntos de fai anos

ANAINA é un centro que está formado por un equipo multidisciplinar cun percorrido xuntos de fai anos. Ofrece a nenos e nenas con trastornos do desenvolvemento, ou en risco de padecelos, e ás súas familias, un servizo personalizado e especializado na atención temperá, fisioterapia pediátrica, logopedia, psicoloxía, terapia ocupacional, terapia visual e pedagoxía.

Hoxe no día mundial da Concienciación sobre o Autismo queremos poñer o noso gran de area para visibilizar a tódalas pers...
02/04/2024

Hoxe no día mundial da Concienciación sobre o Autismo queremos poñer o noso gran de area para visibilizar a tódalas persoas neurodiverxentes, para lograr que a nosa sociedade sexa realmente inclusiva.

O traballo en equipo é imprescindible para poder levar a cabo unha intervención completa e coordinada que permita mellor...
06/03/2024

O traballo en equipo é imprescindible para poder levar a cabo unha intervención completa e coordinada que permita mellorar a calidade de vida das persoas.
Por iso hoxe, Día Europeo da Logopedia, adícase a recoñecer a importancia do papel da logopedia en colaboración con outros profesionais, coas familias e as persoas coidadoras.
En Anaina cremos no traballo transdisciplinar como base para tódalas nosas intervencións.

Dende o ano 2007 celébrase tódolos 18 de febreiro o Día Internacional da Síndrome de Asperger. Dende Anaina seguiremos t...
18/02/2024

Dende o ano 2007 celébrase tódolos 18 de febreiro o Día Internacional da Síndrome de Asperger. Dende Anaina seguiremos traballando para crear unha sociedade realmente inclusiva na que tódalas persoas poidan desenvolver os seús proxecto de vida independentemente da súa forma de sentir, pensar ou actuar co mundo.

̃o

No ano 2015 a ONU declarou o 11 de Febreiro coma o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia para poñer en valor ...
11/02/2024

No ano 2015 a ONU declarou o 11 de Febreiro coma o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia para poñer en valor e visibilizar a labor das mulleres nas áreas STEM (ciencia, tecnoloxía, enseñaría e matemáticas)🧪⚛️

Grazas a esta iniciativa a infancia ten cada día máis referentes femininos nestas áreas👩‍🔬👩‍🔬

Porque o que lo que unhas imaxinamos, outras xa o están a facer realidade 😍

🚨 EMPREGO!En Anaina estamos na búsqueda de psicóloga/o para seguir ampliando o noso equipo.Se tes interese en formar par...
08/02/2024

🚨 EMPREGO!
En Anaina estamos na búsqueda de psicóloga/o para seguir ampliando o noso equipo.

Se tes interese en formar parte dun equipo transdisciplinar envía o teu CV a info@centroanaina.com

Eres LOGOPEDA ou estudante de último curso??Estamos agardándote!! Abrimos proceso de selección para ampliar o noso equip...
17/01/2024

Eres LOGOPEDA ou estudante de último curso??
Estamos agardándote!!

Abrimos proceso de selección para ampliar o noso equipo e precisamos LOGOPEDA a xornada completa en O Porriño para formar parte do noso equipo transdisciplinar.

No noso grupo de actividades da vida diaria este trimestre fixemos cousas tan chulas coma cociñar unha tortilla, facer u...
12/01/2024

No noso grupo de actividades da vida diaria este trimestre fixemos cousas tan chulas coma cociñar unha tortilla, facer uns dobladores de camisetas con cartón e o último día fomos de excursión a Ponteareas.
Neste tempo quixemos que os nosos rapaces adquiran habilidades básicas para gañar autonomía no seu día a día como o manexo dos cartos, coller un autobús ou aprender a cociñar. Son uns fenómenos!!!

🔔AVISO A NAVEGANTES!!!A próxima semana estaremos de vacacions, voltamos o día 8 de xaneiro, desfrutade das festas e vémo...
30/12/2023

🔔AVISO A NAVEGANTES!!!
A próxima semana estaremos de vacacions, voltamos o día 8 de xaneiro, desfrutade das festas e vémonos no 2024!!!

O equipo Anaina deséxavos un feliz Nadal cheo de ilusións compartidas e moita saúde. 🎄🎁🎅🏼
22/12/2023

O equipo Anaina deséxavos un feliz Nadal cheo de ilusións compartidas e moita saúde. 🎄🎁🎅🏼

🎄 Aquí vos deixamos unhas ideas de xogos para agasallar nas datas que se achegan 🎁 💫 Sempre está ben votarlle unha man a...
12/12/2023

🎄 Aquí vos deixamos unhas ideas de xogos para agasallar nas datas que se achegan 🎁 💫

Sempre está ben votarlle unha man ao Apalpador, Papá Noel e Reis Magos.

Dirección

Porriño

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ANAINA Centro De Estimulación E Aprendizaxe publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a ANAINA Centro De Estimulación E Aprendizaxe:

Compartir