Asociación Ambar

Asociación Ambar 💚 𝑰𝒎𝒑𝒖𝒍𝒔𝒂𝒏𝒅𝒐 𝑽𝒊𝒅𝒂𝒔 𝑰𝒏𝒅𝒆𝒑𝒆𝒏𝒅𝒆𝒏𝒕𝒆𝒔 𝑬𝒏 𝑪𝒐𝒎𝒖𝒏𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆 💛 💚Impulsando Vidas Independentes En Comunidade💛

Celebramos o Día do Libro no EEI A granxa  📖✨Hai historias que non só se len, senón que se comparten co corazón. Con mot...
24/04/2026

Celebramos o Día do Libro no EEI A granxa 📖✨

Hai historias que non só se len, senón que se comparten co corazón. Con motivo do Día do Libro, as persoas usuarias do noso Centro de Día desprazáronse ata o EEI A Granxa para vivir unha mañá máis que especial.

Lectura compartida: Gozamos dun conto adaptado enriquecido con Lingua de Signos Española (LSE). 🤟

Creatividade sen filtros: Traballamos man con man nun mural colaborativo para dar vida ao que lemos.

Vínculos que medran: Unha xornada para fomentar o pracer pola lectura e, sobre todo, o respecto e a aprendizaxe mutua.

Non hai mellor marcador de libros que un recordo compartido. 👵+🧒=❤️

Moitas grazas  , por colaborar ca Carreira pola Diversidade un ano máis!. E ti, queres colaborar con nós? Pois:🔗 Inscríb...
24/04/2026

Moitas grazas , por colaborar ca Carreira pola Diversidade un ano máis!. E ti, queres colaborar con nós? Pois:

🔗 Inscríbete antes do 5 de maio! https://bit.ly/4d95kNR
🔗 Colabora co dorsal 0: https://bit.ly/colaborasenparticipar

ℹ️ Todo o recadado irá para o proxecto "Ecosistema de vivendas inclusivas"

✅ Onde? Explanada de Coroso, Ribeira.
✅ Cando? Domingo, 10 de maio ás 10:00h.
✅ Inscrición: Só 7,50€ (na web de Cronotec).

23/04/2026

➡️ A miña meta non está no podio, está en Praia Xardín. 🏠

Non todos os retos miden a velocidade, algúns miden a autonomía. Estamos construíndo un fogar onde poderei aprender a vivir de xeito independente, pero necesitamos axuda para reformar as vivendas.

Se non podes participar este ano, podes facelo posible. O teu Dorsal 0 é o impulso que nos falta.

👉 Colabora aquí e axúdanos a construír o noso futuro: www.deporticket.com/web-formulario/34527-colabora-sin-participar-en-la-carrera

Máis que palabras, accións! 🌍💪Hoxe, 22 de abril, conmemoramos o Día da Terra do mellor xeito posible: coidando o que é n...
22/04/2026

Máis que palabras, accións! 🌍💪

Hoxe, 22 de abril, conmemoramos o Día da Terra do mellor xeito posible: coidando o que é noso. Un grupo de persoas usuarias de Ambar pasamos a mañá en Praia Xardín (Boiro) nunha xornada intensa de limpeza e concienciación.

Non só deixamos a natureza libre de residuos, senón que tamén aproveitamos para poñernos en forma cun pouco de ximnasia ó aire libre. A enerxía deunos para moito 🤸‍♂️✨.

Queremos recordar que calquera xesto, por pequeno que pareza, conta para preservar o noso planeta. Animádevos a coidar os nosos espazos!

📢 Xa podes resevar a túa praza para 'Respiro de Agosto' 💚🌼, un servizo personalizado para persoas con diversidade funcio...
22/04/2026

📢 Xa podes resevar a túa praza para 'Respiro de Agosto' 💚🌼, un servizo personalizado para persoas con diversidade funcional💛, co cal poden facer actividades de ocio inclusivo na súa contorna durante o período de vacacións dos servizos de atención diúrna. ➡️ As prazas son limitadas, reserva a túa chamando ó 📞 981 87 44 80 😊. Prazo de solicitude 🚨 ata o 30 de maio 🚨.

21/04/2026

💡 A autonomía constrúese en cada elección: hoxe escollemos a merenda!

Fomentar a independencia das persoas con diversidade funcional non consiste en facelo todo sós, senón en ter as ferramentas e o espazo para decidir e participar. A merenda é un momento perfecto para adestrar estas habilidades diarias:

1️⃣ O poder de elixir: Non decidas por eles/as. Ofrece 2 ou 3 alternativas saudables (ex: "Mazá ou iogur?"). Practicar a toma de decisións fortalece a autodeterminación.
2️⃣ Rutinas que dan seguridade: Establecer un momento fixo (como despois de cear) para preparar a merenda de mañá axuda a interiorizar o proceso e reduce a ansiedade.
3️⃣ Tarefas a medida: Adapta a acción á súa habilidade. Pode ser desde simplemente gardar a froita na mochila ata montar un bocadillo. O éxito está en que poidan facelo.
4️⃣ Valorar o proceso, non o resultado: O importante é o esforzo. Reforza con frases como "Fixeches ti a merenda, que ben!". A motivación é o motor da autonomía.
5️⃣ Respectar os tempos: Cada persoa ten o seu ritmo. Acompañar con paciencia e sen présas é a clave para un progreso real.

✨ Pequenos pasos hoxe son grandes conquistas de autonomía mañá.

🔑 Temos as chaves, ti tes o impulso!O Concello de Boiro cedeunos as vivendas en Praia Xardín para crear o noso Ecosistem...
20/04/2026

🔑 Temos as chaves, ti tes o impulso!

O Concello de Boiro cedeunos as vivendas en Praia Xardín para crear o noso Ecosistema de Vivendas Inclusivas. Un proxecto vital para a autonomía das persoas con diversidade funcional.

Non podes vir á Carreira pola Diversidade? O Dorsal 0 é a túa mellor meta! 🏁

Se a data non che cadra pero queres axudarnos a restaurar este edificio, o Dorsal Cero é o teu xeito de colaborar. Cada céntimo vai directo a transformar estas vivendas en fogares.

👉 Inscríbete ou doa a través do Dorsal Cero aquí: https://www.deporticket.com/web-formulario/34527-colabora-sin-participar-en-la-carrera

A túa achega, sen moverte da casa, abre as portas á independencia. Axúdanos a facelo posible! 💚

🟢 Boletín de Emprego Ambar 🚀. Todas as ofertas de emprego desta semana na comarca! ☺
17/04/2026

🟢 Boletín de Emprego Ambar 🚀. Todas as ofertas de emprego desta semana na comarca! ☺

Todas as ofertas do 5 de maio do 2022 da comarca da Barbanza.

Grazas💚💛 Canal BarbanzaIncricións abertas➡️ https://bit.ly/4d95kNR
17/04/2026

Grazas💚💛 Canal Barbanza
Incricións abertas➡️ https://bit.ly/4d95kNR

O vindeiro 10 de maio hai unha cita ineludible en Ribeira. A explanada da praia de Coroso será novamente o punto de encontro da Carreira pola Diversidade de Ambar que este ano cumprirá a súa duodécima edición. Trátase dunha proba que mestura o deporte coa solidariedade e este ano o...

Moitas grazas tamén a💚💛 Canal Rías BaixasIncricións abertas➡️ https://bit.ly/4d95kNR
17/04/2026

Moitas grazas tamén a💚💛 Canal Rías Baixas
Incricións abertas➡️ https://bit.ly/4d95kNR

Inclusión e deporte son os valores principais que promove a Carreira pola Diversidade de Ambar que se celebrará o 10 de maio en Ribeira. Os fondos recadados nestas proba solidaria destinaranse ó financiamento do Ecosistema de Vivendas inclusivas da entidade.

Moitas grazas💚💛 La Voz de Galicia. Edición Barbanza Incricións abertas➡️ https://bit.ly/4d95kNR
17/04/2026

Moitas grazas💚💛 La Voz de Galicia. Edición Barbanza
Incricións abertas➡️ https://bit.ly/4d95kNR

La asociación ha presentado la XII Carreira pola Diversidade que se celebrará el 10 de mayo en la explanada de Coroso

Moitas grazas💚💛 O Barbanza Incricións abertas➡️ https://bit.ly/4d95kNR
17/04/2026

Moitas grazas💚💛 O Barbanza
Incricións abertas➡️ https://bit.ly/4d95kNR

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade confirma oficialmente a celebración da XII Carreira pola Diversidade, que terá lugar o próximo domingo 10 de maio ás 10:00 h na explanada de Coroso, en Ribeira. O evento, sinalou Ambar, “consolídase como un referente de convivencia e inclusión,...

Dirección

Rúa Castelao Nº 5
Puebla Del Caramiñal
15940

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Ambar publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

A nosa historia

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional é unha entidade sen Ánimo de Lucro de ámbito comarcal, que conta cun grupo social moi amplo e diverso. Ambar foi fundada no ano 1982 coa finalidade principal da inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con diversidade funcional.