14/10/2025
🎉 Rianxo latexa! Xa está en marcha a campaña que enche de vida, sorte e ilusión o noso comercio local 💚
🛍️ Merca en Rianxo entre o 13 e o 18 de outubro e participa no sorteo de 3 vales de 500 € para gastar nos negocios da vila.
🎟️ Como funciona?
1️⃣ Fai a túa compra nun establecemento asociado.
2️⃣ Leva o tícket ao posto informativo da Praza do Concello e cámbiao por rifas (1 por cada 10 €, máximo 3 por tícket).
3️⃣ Gárdaas ben! O sábado 18 ás 21:30 h, na Praza de Castelao, faremos o sorteo en directo.
🔥 Cada compra conta. Cada rifa é unha oportunidade. Fai que Rianxo latexe contigo!
Campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia.