Emerxencias Ribadavia

🟠🔴 Actualización da situación dos ríos Avia e Miño no Ribeiro📅 27/01/2026🌊 RÍO MIÑOO río Miño entrou en Umbral Amarelo á...
27/01/2026

🟠🔴 Actualización da situación dos ríos Avia e Miño no Ribeiro
📅 27/01/2026
🌊 RÍO MIÑO
O río Miño entrou en Umbral Amarelo ás 01:48h, e pasou a Umbral Laranxa ás 12:00 h. Durante a mañá balizouse e sinalizouse toda a beira dende a Barca de Ribadavia ata a EDAR e o Campo de Balboa a beira do Cerves, en Francelos.
Ás 15:14h acadou o Umbral Vermello (Alerta), centrando a vixilancia na estrada OU-0305 Ribadavia–Arnoia.
Aínda que o nivel oscila arredor dos 4 metros (Umbral Vermello) segundo a información dispoñible vai manterse moi alto nos vindeiros días, polo que pedimos moita precaución ao circular por esa vía.
🏞️ Encoro de Albarellos
O encoro pasou de 246 msnm onte ás 21:00h a 251,73 msnm ás 19:00h, é dicir, subiu máis de 5 metros. Actualmente estamos a 6 metros da vertedura polo aliviadoiro.
🌊 RÍO AVIA
Aínda que se agardaba o pico de avenida arredor das 03:00h e houbo unha pequena baixada de caudal, a choiva da noite e madrugada fixo que o pico chegase finalmente ás 9:30h, con 253,55 m³/s en Ribadavia.
En Leiro o pico produciuse ás 7:45h con 202,12 m³/s. En Ribadavia, entre o Maquiáns e os desembalses do Miño, a situación atrasouse máis do previsto.
Anegouse a rúa Veronza, parte do aparcamento do PAC e algunhas construcións xunto ao Maquiáns.
Neste momento, o Avia sitúase por debaixo do Umbral Laranxa, polo que se reabre a estrada de San Cristovo a Quinza.
⚠️ Aínda así, o río segue baixando moi alto, polo que:
Mantense pechado o paseo fluvial dende o Campo do Souto ata a N-120, así como as súas baixantes.
👉 Seguimos atentos á evolución e informaremos de calquera cambio. Grazas pola colaboración e máxima prudencia.
🔹 Recomendacións importantes
🚗 Non deixedes vehículos nas beiras dos ríos nin en zonas próximas
🏠 Nunca cruces unha zona anegada
🚧 Respectade sempre a sinalización e evitade as zonas de risco
🔗 Podedes seguir a evolución dos ríos en tempo real:
https://saih.chminosil.es/index.php?url=/datos/resumen
https://saih.chminosil.es/index.php?url=/datos/graficas/tag:N013_AINRIO1
https://www.axega112.gal/gl/content/aumento-do-caudal-dos-rios-inundacions
https://www.axega112.gal/gl/content/choiva
🙏 ́n

🟠🟠Actualización sobre a  A previsión de choivas estase a cumprir e os ríos continúan aumentando o seu caudal.🌊 Río AviaE...
26/01/2026

🟠🟠Actualización sobre a
A previsión de choivas estase a cumprir e os ríos continúan aumentando o seu caudal.
🌊 Río Avia
Entrou en Umbral Amarelo (Activación) ás 12:00 h
Alcanzou o Umbral Laranxa (Prealerta) ás 19:00 h con 156,18 m³/s
Actualmente sitúase en 174,57 m³/s
🏞️ Encoro de Albarellos
Cota actual: 246 msnm
A tan só 12 metros de verter polo aliviadoiro (onte estaba a 15 m)
📢 Segundo informan os técnicos da Confederación Miño-Sil, espérase que o pico máximo da avenida se produza arredor das 03:00 h. Seguirá chovendo ata esa hora, aínda que con menor intensidade. O río Maquiáns baixa moi cargado.
🔹 Recomendacións importantes
🚗 Non deixedes vehículos nas beiras dos ríos nin en zonas próximas
🏠 Revisade e controlade os desaugadoiros de vivendas e edificios próximos ao río
🚧 Respectade sempre a sinalización e evitade as zonas de risco

🔗 Podedes seguir a evolución dos ríos en tempo real:
https://saih.chminosil.es/index.php?url=/datos/resumen
https://saih.chminosil.es/index.php?url=/datos/graficas/tag:N013_AINRIO1
https://www.axega112.gal/gl/content/choiva
🙏 ́n

🟠🟠Informamos dos Avisos Meteorolóxicos, e Alertas da Dirección Xeral de Emerxencias e interior que nos van a afectar a p...
25/01/2026

🟠🟠Informamos dos Avisos Meteorolóxicos, e Alertas da Dirección Xeral de Emerxencias e interior que nos van a afectar a partir de mañá luns 26, e que se extenderan, alomenos ata o martes 27 a tardiña por Choivas (Naraxa-Peligro importante) e vento (Amarelo-Peligro baixo)
Aviso Amarelo para a zona do Miño de Ourense, pero nas zonas altas do Ribeiro o Aviso será Naranxa.
En todo caso as serras que rodean o val do Miño e o separan da provincia de Pontevedra, recolleran unha cantidade importante de auga que podería ser acumulados de ata 150l/m2 en 24h, según o datos que vos aportamos.
Co encoro Albarellos a 15 metros para o verquido, ten marxe, non así os ríos e regatos da Serra do Faro de Avión que verten directa e rápidamente o Avia.
¡Moito Ollo! Sobre todo co Maquiáns.
👉 Respectade as sinalizacións e evitade as zonas de risco.
👉 Choiva:
• Infórmese antes de iniciar calquera desprazamento ou
actividade exterior.
• Evite as zonas próximas aos cauces dos ríos.
• Sexa prudente de cara ao risco de inundacións e tome as
precaucións adecuadas.
• Infórmese sobre o estado das vías de circulación.
• Non se achegue en ningún caso, nin a pé nin en vehículo, a
unha vía inundada ou próxima a un curso de auga.
👉 Refacho de vento:
• Limite os seus desprazamentos e infórmese antes de saír.
• Teña coidado coas caídas de árbores ou outros obxectos.
• Non suba a tellados.
• Asegure calquera obxecto exposto ao vento.
Despois de choivas copiosas na divisoria coa provincia de Pontevedra, onde o Aviso e a Alerta e Vermella (Peligro extraordinario) esperase un aumento rápido do caudal, especialmente:
• Tramos medios e baixos
• Afluentes secundarios
Risco de:
• Desbordamentos localizados
• Inundacións en zonas baixas
• Problemas con pequenas pontes e cruces preto do leito do río
Maior probabilidade si coinciden chivas intensas en poucas horas
O Sistema Europeo de Alerta por Inundacións (EFAS) emitiu avisos que afectan o interior de Galicia, con especial atención ás inundacións repentinas.
No caso do río Avia, os modelos indican un risco moderado, pero baixo condicións meteorolóxicas máis adversas das previstas inicialmente.
👉 Rápidas crecidas do Avia e os seus afluentes, con impacto local.
https://www.axega112.gal/gl/content/choiva
https://www.axega112.gal/gl/content/vento
https://www.axega112.gal/gl/content/aumento-do-caudal-dos-rios-inundacions
https://www.axega112.gal/gl/alertas_activas

🟠Actualización I :  ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSO...
22/01/2026

🟠Actualización I : ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS DATA DE ENVÍO: 22/01/2026
TIPOLOXÍA: NEVE E VENTO
ESTE AVISO CONSIDÉRASE VÁLIDO ATA A MODIFICACIÓN DO NIVEL DE ALERTA
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar deAlertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN DE CLASES E TRANSPORTE ESCOLAR na xornada do 23 de xaneiro de 2026 na provincia de Ourense (todas as zonas), Lugo (zonas Montaña, Sur e Centro) Pontevedra (Interior) segundo
o Anexo I.
2. A SUSPENSIÓN da actividade no exterior na xornada do 23 xaneiro de 2026 en Coruña (Noroeste, Oeste
e Suroeste), Lugo (AMariña) e Pontevedra (Rías Baixas e Miño)segundo o Anexo II.
🟠 Actualización II :
A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE SUSPENDE A ACTIVIDADE )DEPORTIVA, TANTO XOGADE COMA FEDERADA, NAS ZONAS SEGUINTES:
👉 EN TODA A PROVINCIA DE OURENSE: das 00:00 ás 24:00 horas do venres 23/01/2026. (Ter en conta que nos poñemos aquí as zonas afectadas dentro do noso ámbito de intervención: O Miño de Ourense, e Noroeste de Ourense).
Deixamos enlaces para a provincia de Ourense O Voluntariado de Protección Civil en Ourense e para toda Galicia en
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48836
https://deporte.xunta.gal/sites/w_deport/files/documentacion/boletindeportes_83_22012026.pdf
Prohibida la circulación de vehículos pesados en estas carreteras
Las autoridades anunciaron este jueves que se prohíbe la circulación de camiones desde día 23 hasta nuevo aviso en diferentes carreteras. (La Región)
- A-52 en Ourense (desde Rionegro Puente, Zamora, hasta Ponteareas)
- N-541 desde Barbantes a Cerdedo
- AP-53 desde Santiago a Dozón
- N-525 completa
- N-120 desde Burgos a Ponteareas.
⚠ Temos un Aviso Meteorolóxico, da AeMet por neve ⚠ 14:00h
Avisos Amarelos nos vales dos ríos, Miño, Avia, Arnoia, pero Laranxa para mañá venres a partires dos 400/500m según as derradeiras actualizacións. Para o sábado xa son Avisos Amarelos.
Tede coidado nos desprazamentos, sobre todo en estradas secundarias e pistas de acceso os pobos.

Grazas ós 15 Voluntarios de Protección Civil de Ribadavia que fixeron da Cabalgata de Reis unha cabalgata  mais segura.
07/01/2026

Grazas ós 15 Voluntarios de Protección Civil de Ribadavia que fixeron da Cabalgata de Reis unha cabalgata mais segura.

Informe da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (GES e Protección Civil) do Concello Ribadavia nos meses de ...
02/12/2025

Informe da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (GES e Protección Civil) do Concello Ribadavia nos meses de Outubro, 81, e novembro 79; entre intervencións, operativos e servizos que fan un total 160 nós 2 meses

61 servizos rexistrados/solicitados polo CIAE112Galicia.
— 35 accidentes de tráfico: 19 con feridos — 4 deles con excarceración- que esperamos estean totalmente recuperados, e 16 accidentes sen feridos
— 21 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos en estradas/vías públicas.
— 27 servizos por eliminación de niños de velutina de risco.
— 25 intervencións por incidencias en estradas e vías públicas, por caída de árbores/polas/verteduras /restos de accidentes, e tendidos eléctricos/telefónicos.
— 6 saídas por incendios: 2 urbano (falsa alarma) — 1 forestal — 1 mobilizario urbano, e 2 en vehículo.
— 5 apoio sanitario para mobilización de persoas ou apoios ó helicóptero de urxencias sanitarias H4.
— 1 simulacro (Túnel de Alongos)
— 1 Prevención de risco pro avenida no río Avia.
— 3 procura de persoas desaparecidas.
— 4 apertura de vivendas en apoio das Forzas da Orden ou apoios a Urxencias Sanitarias.
1 Operativos de Protección Civil rexistrados no Siproc.
— 9 Carreira solidaria de Ourense, Noite Meiga, acendido de luces do Nadal, mantemento da estación meteorolóxica etc.
19 Servizos e operativos rexistrados no SMPC.
— 2 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos, no ámbito municipal.
— 4 servizos por eliminación de niños de velutina (comunicados como non de risco)
— 9 Servizos de previsión de riscos por choivas e avenidas no Avia: revisión sumidoiros puntos críticos no outono por caída e arrastres de follas, balizamento e sinalización das beiras do río.
— 8 Servizos designados Operativos de PC. dós GES que incluíen mantemento da estación meteorolóxica, retirada de vehículo, mantemento de sumidoiros.
— 1 procura de persoa desaparecida.

Un ano máis queremos achegar o noso gran de area para facer os fogares máis seguros.Chemineas, calefaccións, cociñas, ex...
11/11/2025

Un ano máis queremos achegar o noso gran de area para facer os fogares máis seguros.
Chemineas, calefaccións, cociñas, extractores, quentadores eléctricos, enchufes sobrecargados, pitillos… (xeralmente, os lumes, comezan neste punto, e si non se detectan a tempo, chegan a estenderse a toda a vivenda). Tamén incluiremos este ano, especial atención a recarga de patinetes e bicicletas eléctricas.
*Recordámola agora:
— A instalacións duns simples detectores de fume, e monóxido de carbono, son fundamentais.
*Prevención no fogar: Estufas e chemineas a leña.
— As estufas e chemineas a leña estanse a transformar nunha fonte de calor común nos fogares. Poñer atención á seguridade pode minimizar o risco de incendios destas.
Para un uso seguro:
— Asegúrese de que a cheminea ou estufa estea instalada correctamente.
— As estufas a leña deben ter unha separación suficiente (90 cm) das superficies combustibles, e apoio e protección adecuados no chan. (As chemineas ¡¡tamén!! aínda que estean feitas de material illante)
— As estufas a leña deben ser de boa calidade, e construción e deseño sólidos.
— Compre estufas a leña que fosen avaliadas por normas europeas.
— ¡Limpar a cheminea, polo menos, unha vez ó ano!
Si vostede non pode, faga revisar e limpar a cheminea cada ano, tamén se non se usou por algún tempo.
— Coloque unha pantalla de vidro ou metal fronte á abertura da cheminea para evitar que saian brazas ou faíscas, ou que entren obxectos non desexados á cheminea, e axudar a previr a posibilidade de queimaduras dos que viven alí (Salvachispas).
— A estufa debe facerse funcionar a alta temperatura dúas veces ao día por 15 a 30 minutos para reducir a acumulación de creosota (feluxe).
— Non use cantidades excesivas de papel para facer un lume inmenso na cheminea. Se o fai, podería prenderse lume a creosota na cheminea.
— Xamais queime carbón dentro da casa. Isto pode producir cantidades letais de monóxido de carbono.
— Manteña os obxectos combustibles afastados da repisa da cheminea. Unha faísca da cheminea podería prender lume rapidamente a eses obxectos.
— Antes de ir durmir, asegúrese de que o lume da cheminea estea apagado. XAMAIS peche o tiro se hai cinzas quentes na cheminea. O tiro pechado axudará a que o lume se acenda novamente e fará que entre monóxido de carbono na casa.
— Se se usan paus sintéticos, siga as instrucións do paquete. NUNCA rompa un pau sintético para acelerar o lume ou use máis dun pau á vez. En xeral quéimanse en forma desparella, eliminando concentracións máis altas de monóxido de carbono.
*Seguridade contra incendios en bicicletas eléctricas e patinetes eléctricos no fogar
Asegúrese de cargar a batería da súa bicicleta eléctrica ou do seu patinete eléctrico de maneira segura. Siga estes sinxelos pasos para reducir o risco de incendio:
— Non deixe o dispositivo a cargar sen vixilancia nin mentres durme.
— Non cargue nin garde a batería no corredor nin en ningún lugar onde poida bloquear a saída.
— Empregue unicamente o cargador axeitado para a súa batería.
— Compre só bicicletas eléctricas, patinetes eléctricos e baterías de distribuidores e fabricantes de confianza.
— Siga sempre as instrucións do fabricante. Non intente modificar nin manipular a batería.
— Comprobe se leva a marca de seguridade CE para asegurarse de que a batería e o cargador cumpren coas normas de seguridade.
Quédanvos uns enlaces a unhas páxinas moi interesantes…

https://www.axega112.gal/gl/content/evita-incendios-no-fogar
https://opra.info/cuantas-vidas-salvan-los-detectores-de-incendio-en-los-hogares/
https://acortar.link/GoEQIT
https://acortar.link/y7kIGI
https://acortar.link/5dXNjI
https://www.fundacionmapfre.org/media/educacion-divulgacion/prevencion/incendios/tripticos-consejos-detectores-incendios-en-hogar.pdf
https://www.fundacionmapfre.org/media/educacion-divulgacion/prevencion/incendios/tripticos-consejos-prevencion-incendios-hogar-para-nuestros-mayores.pdf
Patinetes e bicicletas eléctricas
https://www.allianz.es/blog/blog-seguros-hogar/como-cargar-patinete-electrico.html
https://manchesterfire.gov.uk/your-safety/campaigns/e-scooters-e-bikes-and-batteries/e-bike-and-e-scooter-fire-safety-in-the-home/spanish/

Informamos dun Aviso Meteorolóxico, e da Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que nos vai a afectar a pa...
21/10/2025

Informamos dun Aviso Meteorolóxico, e da Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que nos vai a afectar a partir de mañá mércores, entre a tarde/noite, e a madrugada do xoves por Vento e Choivas.
Aviso Amarelo para a zona do Miño de Ourense, pero nas zonas altas do Ribeiro o Aviso será Naranxa.
̃o

Informe da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (GES e Protección Civil) do Concello Ribadavia nos meses de ...
02/10/2025

Informe da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (GES e Protección Civil) do Concello Ribadavia nos meses de xullo, 91, agosto, 94, e setembro 72; entre intervencións, operativos e servizos que fan un total 257 nos 3 meses.

211 servizos rexistrados/solicitados polo CIAE112Galicia.
— 28 accidentes de tráfico: 16 con feridos – 1 deles con excarceración- que esperamos estean totalmente recuperados, e 7 accidentes sen feridos (3 deles falsas alarmas polos IPhone que requiriron mobilización ó no contestar o teléfono). 1 accidente laboral.
— 11 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos en estradas/vías públicas.
— 87 servizos por eliminación de niños de velutina de risco.
— 18 intervencións por incidencias en estradas e vías públicas, por caída de árbores/polas/verteduras /restos de accidentes, e tendidos eléctricos/telefónicos.
— 45 saídas por incendios: 6 urbanos – 37 forestais – 1 falsa alarma, 3 en vehículos – 2 deles falsas alarmas.
— 10 apoio sanitarios para mobilización de persoas ou apoios ó helicóptero de urxencias sanitarias H4.
— 1 persoa falecida (morte xudicial)
— 1 rescate de persoa no río Avia
— 1 unha persoa ferida por caída nás Pozas de Melón.
— 2 procuras de persoas desaparecidas, felizmente atopadas en bo estado.
— 4 apertura de vivendas en apoio das Forzas da Orden ou apoios a Urxencias Sanitarias.
— 5 Operativos de PC. Por tirada de fogos e reposición de servizos na Festa da Istoria

58 Servizos e operativos rexistrados no SMPC.
— 9 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos, no ámbito municipal.
— 7 servizos por eliminación de niños de velutina (comunicados como non de risco)
— 3 apoios sanitarios para mobilización de persoas.
— 2 intervencións por incidencias en estradas e vías públicas do ámbito municipal.
— 8 saídas por incendios forestais reclamados directamente polo Distrito Forestal.
— 32 Servizos designados Operativos de PC. dós GES que incluíen baldeos, mantemento da estación meteorolóxica, apoio a Policía Local en regular tráfico, e de apoio na Mostra Internacional de Teatro. Montaxe postos sanitarios, PMA , sinalización Festa da Istoria, apoios en concertos, actividades Festas Patronais , tiradas de fogos, e campamento infantil de verán.

Foron días durísimos. Dende o lume en Vilar de Condes (15 de agosto) ata os múltiples focos en Carballeda de Avia, Santo...
24/08/2025

Foron días durísimos. Dende o lume en Vilar de Condes (15 de agosto) ata os múltiples focos en Carballeda de Avia, Santo Estevo de Novoa, Vilariño, Saa, Abelenda, Muimenta, A Veiga, A Serra, San Amaro, Vilaverde, Barcia, Quins, Beade, As Regadas, Franqueirán, As Bouzas (Macendo) e Padrenda, vivíronse momentos de auténtico perigo, mesmo na A-52, o día 17, con coches dando a volta entre lapas e fume.
Non temos palabras para agradecer a Brigadas Forestais, AVPC Carballeda, Bombeiros O Ribeiro-Carballiño, Bombeiros Ourense, SPEIS Pontevedra, , Bombeiros Vigo, GES Mos, GES Avión, SMPC Vilagarcía, nodriza Aena de Alvedro, Garda Civil, Policía Local Ribadavia, CECOP, Distrito XI, Axentes Forestais, Brigada paracaidista, Bombeiros Forestais de Estonia, Traballadores de Fomento (A-52), incluso o voluntariado do Chef José Andrés, World Central Kitchen, coa súa cea, pero sobre todo a toda a veciñanza e voluntariado que traballou o noso lado coas mans, con tractores, con agua e bocadillos, con todo...
💚 Grazas de corazón.

📢 Actualización de traballos contra o lume🔥 Séguese a traballar arreo con:- Brigadas Forestais- Bombeiros de Ourense- Bo...
16/08/2025

📢 Actualización de traballos contra o lume
🔥 Séguese a traballar arreo con:

- Brigadas Forestais
- Bombeiros de Ourense
- Bombeiros de Verín
- Bombeiros do Ribeiro-Arenteiro
- AVPC de Carballeda de Avia
- Garda Civil
- Policía Autonómica
- Veciños dos núcleos afectados
👉 Todo baixo a coordinación do CECOP, e do Distrito Forestal XI.
📍 Situación de onte
- Grupo de Apoio → zona de Cualedro
- Grupo de Garda → zona de Vilar de Condes (A Veiga)
- Condicións: rachas de vento de ata 40 km/h (ou máis nas cotas altas)
📍 Situación actual
Retirouse da zona de Verín, cara O Ribeiro, o Grupo de Apoio coordinado todo co CECOP.
Grupo de Apoio → traballando en Os Prados, xunto con:
- SPEIS de Pontevedra
- Bombeiros do Ribeiro-Arenteiro
- GES de Avión
- AVPC Carballeda de Avia.
Grupo de Garda → en As Regadas (A Veiga), con Brigadas e baixo dirección do Distrito Forestal XI
⚠️ Por diante queda un día moi complicado.
➡️ Moita coidado co lume e coas faiscas. Usade mascarillas a ser posible. Non gastedes auga innecesariamente, e vixiade o monte que temos moito desalmado solto!!

A Situación 2 do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA) (IGP-2) está activada e...
12/08/2025

A Situación 2 do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA) (IGP-2) está activada en toda a provincia, o que permite despregar con máis rapidez os medios e recursos da Xunta e do resto de administracións. Tamén se amplía o horario de traballo do persoal e se axilizan os trámites coa administración, especialmente coa Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Dirección

Ribadavia
32400

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Emerxencias Ribadavia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Emerxencias Ribadavia:

Compartir

Share on Facebook Share on Twitter Share on LinkedIn
Share on Pinterest Share on Reddit Share via Email
Share on WhatsApp Share on Instagram Share on Telegram