02/03/2026
Este sábado tivemos un luxazo de xornada cos compañeiros da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos.
Aprendemos das especies e da historia, e tamén das variedades e híbridos e dos problemas máis habituais deste cultivo. E sobre todo, da importancia de informarnos e planificar ben as nosas plantacións, xa que que acadan o seu potencial a 20 anos vista.
Quedamos con gaña de máis, axiña pedirémoslles unha segunda visita á nosa comarca!
Hoxe pasamos unha mañá de dez en Lourenzá falando do que máis nos gusta: o castiñeiro de froito 🌰🌳.
Queremos darlles as grazas de corazón aos amigos do Sindicato Labrego Galego por convidarnos e, sobre todo, a toda a xente que se achegou ata o salón de actos do Concello 🙌.
Daba gusto ver tanto interese; as vosas preguntas fixéronnos pensar e nós tamén levamos unha boa aprendizaxe para a casa hoxe 💚✨