
30/08/2025
🌼 Baño de Son e Estimulación musical🌼
Para terminar a semana cheos de paz e harmonía, volvemos compartir unha tarde moi especial coa compañía da nosa querida amiga e gran profesional Ana Shanti, psicóloga e terapeuta.
Con ela, volvemos adentrarnos nun mundo máxico de sons relaxantes e vibracións moi positivas.
Marabillosa experiencia sensorial chea de momentos moi emotivos, espertando nos nosos maiores as ganas de experimentar con instrumentos totalmente novos para eles.
Seguiremos sumando cousas bonitas. 👏👏👌 Grazas Ana 🫂
Apertas 💚 ❤️