A endometriose é unha doenza pola que o tecido endometrial que debería estar dentro do útero implántase e medra fóra do útero. As localizacións máis habituais o peritoneo pélvico e mais os ovarios aínda que algunhas mulleres tamén poden ver afectado o intestino, a vexiga, o estómago, o pulmón. É unha doenza crónica sen causa coñecida. Pénsase que a endometriose afecta a un 10% da poboación feminina en idade fértil. Os síntomas máis comúns son: dor durante a regra, dor coas relacións se***is, infertilidade e dor pélvico crónico, dor abdominal ou de costas, dor ao orinar ou ao defecar, hemorraxias... A intensidade dos síntomas non ten relación directa coa extensión anatómica da doenza. A infertilidade pode alcanzar ao 30-40% das mulleres coa doenza. Nalgúns casos a resposta terapéutica aos distintos tratamentos é moi pobre, do que resulta unha atención sanitaria frustrante para a muller sobre todo, pero tamén para o profesional sanitario que a atende. Como procedementos terapéuticos úsase terapia hormonal, analxesia e cirurxía. A endometriose clasíficase pola súa extensión en
Endometriose Grado I Mínima: implantes aillado s e sen adherencias. Endometriose Grado II Leve: implantes superficiais menores de 5cm. Aheridos ou diseminados sobre a superficie do peritoneo e os ovarios. Endometriose Grado III Moderada: Implantes múltiples superficiais ou invasivos. Adherencias ao redor das trompas ou periováricas, que poden ser evidentes. Endometriose Grado IV Severa: Implantes múltiples, superficiais e profundos que inclúen grandes endometriomas ováriocs. Usualmente observanse adherencias membranosas extensas. A endometriose grave con infiltracións profundas debe ser tratada por especialistas con experiencia. A demora no diagnóstico de endometriose é frecuente. Fonte: Guía de atención a mulleres con endometriose no SNS