Aquelar Psicoloxía, Educación e Xestión de Actividades

Aquelar Psicoloxía, Educación e Xestión de Actividades Terapia Psicolóxica. Intervención na Infancia e na Adolescencia. Proxectos e presupostos para ac

24/04/2026

Hoxe fai 6 anos que realizamos este vídeo o cal naceu dun dos momentos más difíciles que vivimos como sociedade: a pandemia da COVID.
Naquel entonces, aínda que a distancia física nos separaba, quixemos recordarvos que seguíamos aquí, acompañando, escoitando e sostendo.
Hoxe en día todo cambiou......pero hai algo que permanece intacto: dende Aquelar seguimos o voso lado. Preto, incluso cando estamos lonxe.
Dispoñibles, presentes e comprometidas como o primeiro día.
Grazas por seguir confiando. 💛

24/04/2026

Hoxe fai 6 anos que realizamos este vídeo o cal naceu dun dos momentos más difíciles que vivimos como sociedade: a pandemia da COVID.

Naquel entonces, aínda que a distancia física nos separaba, quixemos recordarvos que seguíamos aquí, acompañando, escoitando e sostendo.

Hoxe en día todo cambiou......pero hai algo que permanece intacto: dende Aquelar seguimos o voso lado. Preto, incluso cando estamos lonxe.
Dispoñibles, presentes e comprometidas como o primeiro día.

Grazas por seguir confiando. 💛

08/03/2026

“Non podíamos votar.”
“Non podíamos estudar.”
“Non podíamos decidir sobre o noso corpo.”
“Non podíamos denunciar as violencias machistas que recibíamos”

¡As nosas avoas e nais recórdano ben! Vivírono e loitárono!!

Nada do que hoxe temos foi fácil nin regalado. Cada dereito costou moito esforzo, valentía e moitas voces que non se rendiron.

Este vídeo recolle a voz das nosas “avoas”; memoria viva de todo o que costou chegar ata aquí. Recórdannos que os dereitos se conquistan, se defenden e se coidan cada día.

Dende o Programa Rexenérate, conmemoramos o 8 de marzo pondo no centro a súa memoria.
¡Porque elas abriron o camiño!!!!
¡E aínda nos queda moito por facer e percorrer!

Polas que foron!
Polas que somos!
E polas que serán!💜💪

Nin un paso atrás.
Hoxe e sempre: es libre, es forte. ES MULLER.♀️
Xuntas somos invencibles 💜

Neste Nadal, dende AQUELAR, queremos invitarte a facer unha pausa:⚖️A baixar o ruido e atopar o equilibrio entre a razón...
21/12/2025

Neste Nadal, dende AQUELAR, queremos invitarte a facer unha pausa:

⚖️A baixar o ruido e atopar o equilibrio entre a razón e o corazón, entre o que pensamos e o que sentimos, entre o que cremos que “deberíamos” e o que realmente necesitamos.

👂Que estas datas sexan unha oportunidade para escoitar o teu corpo, ese que fala incluso cando a mente se adianta, ese que garda señáis, cansancios, desexos... que merecen ser atendidos.

🔚 Ó final deste ano, quizáis sexa bo momento para espirnos: soltar as cargas, as esixencias, as feridas, os medos, as expectativas.... que xa non nos representan.
Deixar atrás as prendas que apretan, que doen, que deixan marca, que nos fan sentir menudos/as.

🆕Permitirnos elexir unha nova vestimenta para o ano que comenza: máis amable, máis flexible, más respetuosa, compasiva, máis fiel a quen somos hoxe. Unha que non faga dano, que nos sente ben, que nos permita movernos con liberdade e que nos recorde que somos personas valiosas e especiais.

🎄🎁☃️🕯️🌟✨🌟Dende Aquelar, desexámosche un Nadal cheo de amor, conexión, presencia e autenticidade.

🌟✨💛E un novo ano no que te vistas de ti.✨💛🌟

📢📢Dende Aquelar buscamos profesionáis formadas na psicoloxía, pedagoxía ou psicopedagoxía! Se queres formar parte do nos...
08/12/2025

📢📢Dende Aquelar buscamos profesionáis formadas na psicoloxía, pedagoxía ou psicopedagoxía! Se queres formar parte do noso equipo, non dubides en porte en contacto con nós para solicitar máis informacion e/ou en enviarnos o teu CV!

 .QuéroteDe que serve pronuncialo se non vai acompañado de respecto, de coidado, de accións que constrúen e sosteñen ese...
25/11/2025

.Quérote
De que serve pronuncialo se non vai acompañado de respecto, de coidado, de accións que constrúen e sosteñen ese querer?
Hai “quérotes” que non abrazan… que encadean.
Hai “quérotes” que se usan como escusa, como promesa baleira, como anzol para reterte nunha relación onde o amor non existe.
Porque cando alguén te maltrata...non te quere.

Neste Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, desde Aquelar queremos lembrar a todas as mulleres que xa non están, a quen lles arrincaron a vida; e abrazar a todas aquelas que aínda viven atrapadas en relacións onde se limita a súa liberdade, se despersonaliza a súa identidade e se convive co medo. Tamén alzar a voz por esas crianzas que viven nun inferno onde impera o perigo, o medo, os silencios, os berros...a destrucción dun fogar.

Por último, recordar que a violencia cara as mulleres se perpetúa a través da educación machista, polo cal, educar en igualdade é a maior e mellor prevención para eliminar está lacra.

Hoxe, máis ca nunca, repetimos con firmeza:
Non máis violencias!
Sí a relacións sans e seguras!
Sí a amores que de verdade constrúen!
💜

**🎉 ¡Hoxe Aquelar cumpre 13 aniños! 🎉**  Hoxe fai 13 anos que abrimos as nosas portas cun bonito e ilusionante soño: xer...
02/06/2025

**🎉 ¡Hoxe Aquelar cumpre 13 aniños! 🎉**

Hoxe fai 13 anos que abrimos as nosas portas cun bonito e ilusionante soño: xerar un espazo cercano, seguro e de acompañamento para todas as persoas que confían en nós

💜13 anos escoitando, comprendendo, conectando, regulando, construindo, reconstruindo, aprendendo, medrando xuntos/as..
💜13 anos de sonrisas, lágrimas, de superación e de momentos compartidos.
💜13 anos de implicación, empatía e compromiso co teu benestar...

Grazas por permitirnos ser parte do teu camiño.

¡Aquí estamos, e aquí seguiremos!💜

🔊🔉🔊Xa está aberto o prazo para presentar a solicitude da Beca para o alumnado con necesidade de apoio educativo (NEAE). ...
19/05/2025

🔊🔉🔊Xa está aberto o prazo para presentar a solicitude da Beca para o alumnado con necesidade de apoio educativo (NEAE). Como anos anteriores informamos de que en Aquelar realizamos o trámite telemático das solicitudes da Beca. Se precisas información sobre a convocatoria da Beca ou sobre a tramitación, non dubides en porte en contacto con nós a través do noso contacto telefónico ☎️ 613.030.002.

Dende Aquelar queremos agradecervos un aniño máis a vosa confianza en nós e que nos deixedes acompañarvos nos vosos proc...
01/01/2025

Dende Aquelar queremos agradecervos un aniño máis a vosa confianza en nós e que nos deixedes acompañarvos nos vosos procesos. 💜🧠🫀. Desexamos seguir o voso carón moitos anos máis para analizar os pasos dados, descubrir outros novos e comezar a camiñar por novos sendeiros que vos conduzan onde queirades chegar.

Feliz ano 2025! 💫

Dende Aquelar desexámosvos que pasedes as festas de Nadal como e onde queirades e cas persoas (ou non) que vos elixades....
23/12/2024

Dende Aquelar desexámosvos que pasedes as festas de Nadal como e onde queirades e cas persoas (ou non) que vos elixades. 🎄🎄⛄🥂🍾. E que sexan festas onde o amor, o respeto e o bo trato esté presente. 💜

 . Mentres o maltrato cara as mulleres siga existindo na sociedade estaremos en son de guerra. Queremonos libres, segura...
25/11/2024

.
Mentres o maltrato cara as mulleres siga existindo na sociedade estaremos en son de guerra.
Queremonos libres, seguras e vivas! ♀️☂️💜
Eduquemos en igualdade para acabar cas violencias machistas.

Agasallemos TEMPO (de calidade: estar dispoñibles, conectados/as cas necesidades das crianzas, sendo responsivas/os)🎨🧩🎳🎤...
25/10/2024

Agasallemos TEMPO (de calidade: estar dispoñibles, conectados/as cas necesidades das crianzas, sendo responsivas/os)🎨🧩🎳🎤🎬🥁🤹‍♂️🚴‍♀️🤸‍♀️. ESTEMOS de verdade. 💜.

Dirección

Avda/Mourelle, Nº1, 1ºC
Santa Comba
15840

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Aquelar Psicoloxía, Educación e Xestión de Actividades publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Aquelar Psicoloxía, Educación e Xestión de Actividades:

Compartir

Categoría