16/05/2019
Grande👏🏻
Alicia Folgar Torres. -Capítulo 3-
--Como se consigue mesturar competición e estudos?
> Pola miña experiencia, con motivación e sendo organizado. Si un ten claro o que quere, creo que sempre se pode. Hoxe vexo que fixen cousas que actualmente me parecen unha burrada, e fanme sentir orgullosa de haber podido realizalas sen darme conta sequera. A ilusión e o esforzo fan que sempre vaias para adiante.
--Que se lle pode dicir a aqueles pais ou a aqueles atletas que poden considerar que dedicarse ó atletismo pode influírlle negativamente nos estudos??
>Non creo que existan normas xerais mais que esas. Podería dicir que si son bos estudantes, probablemente o sigan sendo cando fagan deporte de alto nivel, porque de seguro teñen unha gran capacidade de compromiso e responsabilidade. Cando eu facía ambas cousas aproveitaba de forma excelente o tempo limitado que tiña, e cando tiven máis tempo... a sensación é que fun máis dispersa. Jajaja
Aparte, hai unha realidade e é que facer deporte axuda a unha maior capacidade de concentración e auto-confianza. Cousas que axudan para os estudos, por suposto.
Por outra parte, e isto é persoal, a min axudábame ter dous mundos separados: o de estudante de medicina e o de atleta. Si un exame non ía tan ben, tiña a miña escapatoria atlética... e viceversa. Aínda que o mellor sempre foi que foran ben ambas á vez.
--Canto decidistes abandonar o atletismo de competición??
> Cando o deixei? Son unha persoa apaixonada, supoño que ás veces me leva a vida e eu vou bailando con ela, aínda que me guste levar a voz cantante.
Lesións, menos adestramento, recuperación, menos motivación, menos adestramentos... e pouco a pouco deixei a miña competición individual e permanecín un pouco competindo polo club. Xa no curso final de Medicina, e ó non estar como antes, rematou a miña etapa competitiva. Quédame unha espiña: nunca puiden saber cal era o meu límite. Pero con todo o que me dou, solo podo estar contenta coa miña humilde experiencia persoal no atletismo.
--Cales foron os teus soños viables e cales os utópicos?? Unha participación olímpica, por exemplo...non sei...Ou iso nin nos mellores soños...?
> Sempre fun de obxectivos a corto prazo. Ía dun reto ó seguinte, pero houbo momentos máis próximos a esas utopías. Unha tempada na que vía que tiña unha progresión moi rápida e sabía que nunca chegara a facer unha vida atlética completa como moitos que xa competían comigo, fíxome pensar que de seguir así podía chegar moi alto. Despois fun de capa caída e xa se me pasou. Jajaja
Una cita olímpica? Quedei lonxe diso! Aparte teño que recoñecer algo: creo que adestraba mellor do que competía. Moitos dos meus compañeiros o din. Jajaja...
Moitísimas gracias, Alicia, por compartir con todos os Veciños de Carreira, estas experiencias de atletismo, e tamén de vida. Vémonos mañán, Día das Letras Galegas, no Campo da Festa de Carreira.