20/09/2023
Desde Fisiortegal como colaboradores con Aspromor nos alegra compartir su nuevo logo y desearles un gran futuro¡
Un dos aspectos no que estivemos a traballar ó longo deste ano foi na elaboración dun novo logotipo para a Asociación.
Queremos aproveitar a oportunidade que nos xurdiu para presentarvos este novo deseño creado por Mónica Fustes, veciña de Espasante.
A premisa era clara, que o novo logotipo representara os catro piares que constitúen a nosa Asociación, composta polos seus catro servizos.
E aquí temos o resultado, catro elementos xeométricos; un círculo, un cadrado, un rombo e un triángulo, que xuntos e unidos como a propia Asociación compoñen un fermoso diamante, pedra preciosa das máis valoradas.
Tan preciosa e valiosa como a labor que se desenvolve dende ASPROMOR, onde cada un dos seus membros son pequenos diamantes, cos que se traballa e se aprende e onde con amor, con coidado e agarimo se consegue o desenrolo de todo o seu potencial.
Mil grazas , polo teu traballo e implicación ca nosa Asociación.
Agardamos que vos guste tanto ou máis do que nos gusta a nós!💜