Asociación AGAPA

Asociación AGAPA AGAPA é unha asociación Autonómica co fin de asesorar aos amputados e as suas familias

12/04/2026

📅 12 de abril de 2026
🟢 Día das Extremidades Diferentes

Hoxe, no Día Internacional das Persoas con Extremidades Diferentes, desde AGAPA queremos dar voz a todas aquelas persoas que nacen ou adquiren unha diferenza nas súas extremidades.

Este día ten como obxectivo concienciar á sociedade sobre a realidade que vivimos, promovendo a inclusión, o respecto e a igualdade de oportunidades para todas e todos.

Moitos de nós experimentamos a perda dunha ou máis extremidades. Algunhas persoas nacemos así, outras pasaron por enfermidades, infeccións ou accidentes. Cada historia é única, pero compartimos algo en común: a capacidade de superar desafíos, de seguir adiante a pesar das dificultades, con esforzo, valentía e unha enorme resiliencia.

💚 Hoxe reivindicamos visibilidade, apoio e comprensión.
💚 Hoxe celebramos a diversidade.
💚 Hoxe lembramos que as diferenzas tamén nos fan máis fortes.

07/04/2026
X Solidaria
07/04/2026

X Solidaria

📢 Xa está en marcha a campaña da X Solidaria 2026!Dende a Asociación Galega de Persoas Amputadas (AGAPA) sumámonos un an...
07/04/2026

📢 Xa está en marcha a campaña da X Solidaria 2026!

Dende a Asociación Galega de Persoas Amputadas (AGAPA) sumámonos un ano máis a esta iniciativa que permite destinar unha parte dos impostos a fins sociais, apoiando proxectos que melloran a vida de milleiros de persoas.

En Santiago de Compostela, o acto de lanzamento terá lugar o vindeiro 7 de abril, coincidindo coa data oficial de inicio da campaña, polo que non poderá ser presentado con anterioridade.

Animámosvos a marcar a X Solidaria na vosa declaración e contribuír a construír unha sociedade máis xusta, inclusiva e solidaria 💙

16/01/2026

A iniciativa, financiada pola Fundación ONCE a través do Plan de Prioridades, ofrece seguimento fisioterapéutico personalizado tras a alta hospitalaria en diferentes puntos do territorio.

A Asociación AGAPA desenvolve un Programa de Fisioterapia Integral para Persoas Amputadas que permitiu mellorar a autono...
15/01/2026

A Asociación AGAPA desenvolve un Programa de Fisioterapia Integral para Persoas Amputadas que permitiu mellorar a autonomía e a calidade de vida de 36 persoas en Galicia.

👉 A iniciativa, financiada pola Fundación ONCE a través do Plan de Prioridades, nace para dar resposta a unha realidade detectada por AGAPA: a falta de seguimento fisioterapéutico unha vez finaliza a rehabilitación inicial no sistema público.

O programa, levado a cabo en 23 clínicas, ofreceu atención personalizada, favoreceu a correcta adaptación ás próteses e contribuíu a previr dores, sobrecargas musculares e outras complicacións, reforzando a autonomía nas actividades da vida diaria.

https://www.cogami.gal/difusion/sala-de-prensa/novas-cogami-social/o-programa-de-fisioterapia-integral-de-agapa-mellorou-a-autonomia-de-36-persoas-amputadas-/?fbclid=IwY2xjawPWSi5leHRuA2FlbQIxMQBicmlkETBhNzdpTjhla3dpMmNWQW9Dc3J0YwZhcHBfaWQQMjIyMDM5MTc4ODIwMDg5MgABHsHe8Wu3SitQVYrlAFMTUw8DdguixqtfG1WGRxnVOnfqAk35yGWf3usHrNRx_aem_zNGZ9w7rdz1aq7c-xFi-Ug

A iniciativa, financiada pola Fundación ONCE a través do Plan de Prioridades, ofrece seguimento fisioterapéutico personalizado tras a alta hospitalaria en diferentes puntos do territorio.

20/10/2025

Dirección

Rúa Manuel María, 6/15705 Santiago De Compostel
Santiago De Compostela
15706

Horario de Apertura

Lunes 10:15 - 19:15
Miércoles 10:15 - 19:15
Viernes 10:15 - 19:15

Teléfono

+34639073156

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación AGAPA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir