30/04/2026
🤝 A Xunta de Galicia recoñece o labor de COGAMI na inserción laboral de persoas con discapacidade en Pontevedra.
O delegado territorial, Agustín Reguera, visitou as nosas instalacións con motivo do desenvolvemento do Plan Integrado de Emprego.
O PIE anterior acadou un 49% de inserción das persoas participantes o ano pasado💪
O Delegado Territorial visitou as instalacións de COGAMI en Pontevedra interesado polo desenvolvemento do Plan Integrado de Emprego que se desenvolve nesta oficina.