Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) - Servizo Galego de Saúde
13/11/2025
📢 A estadía en Aarhus (Dinamarca) permitiunos compartir coñecemento dentro do proxecto CEMTex, unha iniciativa centrada en impulsar a circularidade dos téxtiles médicos. A experiencia completouse cunha visita ao centro público de lavandería hospitalaria da rexión, que ten como meta converterse no máis verde do mundo no ano 2027.
Un paso máis cara a modelos sanitarios máis sostibles e eficientes, nos que a innovación e a colaboración teñen un papel esencial.
13/11/2025
Participamos en Aarhus (Dinamarca) no intercambio de coñecemento do proxecto CEMTex para a circularidade dos textiles médicos coa visita incluida ao centro de lavandería hospitalaria público da rexión que aspira a ser o centro mais verde do mundo no 2027.
13/11/2025
Na 2025 (Glasgow, UK), Avalia-t () presenta a utilidade dun para a xeración de evidencia adicional dentro dos sistemas de saúde.
13/11/2025
Na 2025 (Glasgow, UK), Avalia-t () presenta a evaluación dos dispositivos de no tratamento das .
13/11/2025
Na 2025 (Glasgow, UK), Avalia-t () presenta unha revisión sistemática de avaliacións económicas sobre a inclusión dunha dose de reforzo de toseferina xunto coa vacinación do tétano e difteria (vacina ) en adolescentes
12/11/2025
🟢 Dispoñible curso de autoformación: “RISCO QUÍMICO"
👨⚕️ Dirixido a todo o persoal que teña ou tivese relación contractual co Servizo Galego de Saúde.
Do 9 ao 12 de novembro, Avalia-t () participará na reunión internacional (Glasgow, UK), presentando varios traballos no ámbito da avaliación de tecnoloxías sanitarias.
A participación de Avalia-t en reforza o seu compromiso coa , a e a toma de decisións informadas baseadas na mellor evidencia dispoñible. Durante os días do congreso compartiremos máis detalles de cada presentación.
11/11/2025
Mejor: Share a ferramenta de formación do Sergas, agora tamén para os pacientes.
El Servizo Galego de Saúde lanza una nueva herramienta de divulgación sanitaria, tanto para pacientes como para profesionales. A través de su página web y de la aplicación SergasMóbil, los propios facultativos ofrecen recomendaciones y tutoriales en formato vídeo que se podrán consultar a la...
07/11/2025
Un día na vida dunha 💛
Clara cóntanos como é formar parte de , proxecto dentro de (España–Portugal), apoiando a cooperación transfronteiriza en saúde.
Dalle ao play e descubre o que pode achegar a mocidade ao voluntariado europeo ✨
07/11/2025
📢 Aberta a convocatoria RedIA Salud 2025!
50 millóns de euros para impulsar a adopción da no ámbito da saúde 🧠
Esta iniciativa financiará proxectos que apliquen a IA en todas as fases do proceso asistencial —predición, diagnóstico, tratamento e seguimento—, así como na investigación clínica, biomédica e farmacolóxica, na xestión dos sistemas sanitarios ou na resposta ante emerxencias.
💡 Os proxectos deberán incluír demostración, validación ou certificación en contornas con datos reais, e cada empresa poderá presentar tantos proxectos como considere.
As propostas deberán facer un uso intensivo de tecnoloxías asociadas á IA, como machine learning, deep learning ou IA xerativa, para abordar os retos sanitarios con solucións innovadoras e de alto impacto.
📅 Prazo de solicitudes: ata o luns 5 de xaneiro (23:59 h)
💶 Axudas: entre 400.000 € e 5 millóns €
🏛️ Xestiona: Red.es
👉 Unha oportunidade clave para avanzar cara a un sistema sanitario máis intelixente, preciso e conectado.
Galicia reforza a súa aposta pola innovación sanitaria con Precisaúde, un ambicioso programa que integra intelixencia artificial, análise xenómica e terapias avanzadas para personalizar os tratamentos médicos.
Un investimento de 20 millóns de euros situará o sistema galego na vangarda da medicina 5P.
El programa Precisaúde busca desarrollar soluciones innovadoras en sanidad
04/11/2025
Desde a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) abrimos un proceso de selección para 3 prazas de técnico/a superior en informática para traballar no proxecto europeo ImageDataSpace, un espazo de datos para a investigación e o desenvolvemento de novos produtos baseados en imaxe médica e intelixencia artificial.
🔍 En que consiste o traballo?
- Deseño e implementación do marco de gobernanza de datos (ética, legalidade, GDPR, Data Governance Act, Data Act…).
- Desenvolvemento e despregue da plataforma tecnolóxica, garantindo a interoperabilidade e a escalabilidade.
- Desenvolvemento de casos de uso de IA en saúde.
- Xestión e configuración do espazo de datos e coordinación das liñas de traballo.
📍 Lugar de traballo: Santiago de Compostela (dependencias de ACIS e Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde).
⏱ Duración: ata o 30 de xuño de 2026, mediante contrato laboral temporal vinculado ao proxecto ImageDataSpace.
📄 Bases completas e modelo de solicitude
Publicadas no DOG (nº 211, 31/10/2025) e na nosa web: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251031/AnuncioG0460-231025-0001_gl.pdf
Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ACIS Axencia de Coñecemento en Saúde publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.
Contacto El Consultorio
Enviar un mensaje a ACIS Axencia de Coñecemento en Saúde:
👋 Benvidos e benvidas ao perfil oficial de Facebook da Axencia de Coñecemento en Saúde. Unha entidade pública galega creada coa vocación de converterse no elemento nucleador do ecosistema de coñecemento e innovación en saúde en Galicia.
Nova visión para afrontar os retos do coñecemento. A ferramenta máis valiosa dos profesionais sanitarios para o coidado da saúde é o coñecemento. A experiencia, a formación, a investigación, a innovación e as novas tecnoloxías garanten a mellora continuada da práctica sanitaria e é necesaria unha xestión integrada de todas elas para lograr a máxima obtención de valor cara ao paciente.
Por unha banda, a asimilación e aplicación de novas técnicas, terapias e tratamentos é imprescindible para ofrecer unha atención sanitaria da máxima calidade. Por outra, o avance do coñecemento que fai posible estas novas ferramentas é cada vez máis rápido, polo que é imprescindible ter os recursos necesarios para xestionalo de maneira autónoma, áxil e eficiente, orientada a resultados e cunha visión capaz de combinar as necesidades inmediatas coa planificación a medio e longo prazo.
A nosa misión. ACIS é o instrumento ao servizo do Sistema Público de Saúde de Galicia para que o coñecemento circule de forma óptima desde a súa orixe ata a súa transferencia á sociedade. Para logralo, integra nunha mesma cadea de valor:
A formación dos profesionais sanitarios.
A investigación en saúde.
A innovación baixo un enfoque aberto para que os resultados cheguen do laboratorio á cama do paciente e tamén ao mercado, con retornos económicos que reverterán na sanidade pública.
A avaliación de tecnoloxías para garantir a aplicación das máis novas baixo criterios de máxima seguridade.